"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de desedificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deselectrizar ou deselectrizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Perda da sensibilidade nerviosa, sexa por administración dun anestésico ou por lesión dun nervio.

      2. Redución ou supresión da reacción de hipersensibilidade a un alérxeno que se produce pola administración repetida en cantidades coñecidas.

    1. Estado anafiláctico dun organismo que non tolera os antíxenos.

    2. Terapia do comportamento coa que se pretende que o paciente se enfronte ás súas angustias e complexos.

    3. Procedemento polo que se diminúe a sensibilidade dunha superficie fotosensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desentoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desertar.

      1. Delito que comete o militar que abandona sen permiso ou licenza o corpo do que forma parte ou o establecemento onde está destinado, ou que non se presenta ante a autoridade pertinente. O código de xustiza militar español considera deserción o feito de ausentarse da unidade ou do lugar de residencia máis de tres días consecutivos, que se entenderán cumpridos pasadas tres noites desde que se produciu a ausencia. En tempos de guerra, o prazo é de vinte e catro horas.

      2. Abandono que fai un litigante ou un procesado dunha apelación ou dun recurso. Implica a extinción do procedemento e a firmeza da resolución impugnada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de degradación dos solos, recursos hídricos e vexetación en zonas secas debido ao vento, á diminución da diversidade da vexetación natural e á salinización. Os límites dos desertos son dinámicos de xeito natural a curto prazo, xa que a pluviosidade é moi variable e algúns períodos de secura poden durar décadas. Por isto, nalgúns casos é difícil distinguir entre estas variacións naturais e unha degradación natural, produto das actividades do home. A desertización foi o primeiro problema ambiental de consideración global tratado pola ONU en 1977. En todo o mundo están afectadas cerca de 3.590 millóns de ha que foron degradadas, maiormente, polo pastoreo. Outras causas para a desertización son: a abusiva explotación dos solos -debido a cultivos inapropiados, diminución dos períodos libres de cultivo, perda de nutrintes, erosión e técnicas mecánicas agresivas-; a corta excesiva de vexetación, e a salinización por programas de irrigación nocivos. Un exemplo clásico de desertización fulminante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crítica realizada desde posicións de reforma da educación contra o monopolio das escolas estatais e dos sistemas escolares polo seu carácter de instrumentos reprodutores da ideoloxía dominante e da desigualdade social. A partir de 1925 detectáronse posicións críticas nesa liña, en particular no ámbito da cultura pedagóxica alemana, con autores como F. Paulsen e Vyneken, e varias iniciativas como os fogares de ensino campestre, o Plan Iena, e outros. Non obstante , os gobernos socialdemócratas e comunistas posteriores á Segunda Guerra Mundial reforzaron unha vía de reforma escolar e escolarizadora, e non foi ata os anos 60 cando se observou unha revitalización das perspectivas desescolarizadoras que estaban a nacer en países en vías de desenvolvemento. Un grupo de pensadores americanos, entre eles Paulo Freire, E. Reimer (School is Dead, A escola morreu, 1970) e Ivan Ilich (Deschooling Society, A sociedade desescolarizada, 1970), foron os que profundizaron na crítica contra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a reducir as diferencias entre establecementos bancarios fixadas pola lei de 1945 en Francia e de 1962 en España, mediante a homoxeneización do tratamento e o incremento da concorrencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de esperanza.

    2. Estado de grave perturbación do ánimo que se pode producir, entre outras cousas, pola perda de toda esperanza de salvación, pola consideración dun mal como irreparable ou pola impotencia para saír adiante.

    3. Cousa que produce este estado de ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desestabilizar ou desestabilizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desestimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interrupción da fibrilación auricular ou ventricular para o restablecemento do ritmo cardíaco normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desfigurar ou desfigurarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desfloramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso diacrónico de transformación fonolóxica polo que se perden oposicións fonolóxicas ou distintivas entre dous ou máis fonemas. A desfonoloxización pode converter os dous termos da antiga oposición fonolóxica en variantes combinatorias ou orixinar unha identidade. Así, por exemplo, en galego reducíronse os trazos distintivos entre /b/ e /v/ e fusionáronse en /b/ (lat BĬBĔRE > beber, VĬDĒRE > ver, ambos os dous con [b]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desfosforar.

    2. Operación pola que se elimina o fósforo do ferro coado ou do aceiro, feito que facilita o traballo mecánico do aceiro. Inventouna Sydney G. Thomas e permitiu a utilización de minerais fosforosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desgaleguizar ou desgaleguizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminación dos gases disoltos, absorbidos ou adsorbidos nun líquido ou nun sólido.

    2. Acción de desgasear a auga de alimentación das caldeiras de vapor ou a destinada a procesos químicos. O procedemento físico aproveita a diminución da solubilidade dos gases ao producirse o aumento da temperatura do disolvente; o procedemento químico utiliza un reactivo que, ao combinarse co osíxeno, dá un produto inerte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Determinación das rendas ou patrimonios completamente libres de imposición, é dicir, que non forman parte da base impoñible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de deshidratar ou deshidratarse.

    2. Método de preservación dos alimentos utilizado polas industrias alimentarias que ten por finalidade a eliminación parcial da auga contida nos mesmos, xa que a presenza desa auga é motivo da alteración microbiolóxica e enzimática dos alimentos. Outra das vantaxes é a redución do peso e do volume, feito que facilita o transporte e o almacenamento. Neste proceso, o contido da auga pasa dun 80-90% a un 10-15%. Existen distintos métodos de deshitratación entre os que destacan o desecamento ou a liofilización.

    3. Diminución da cantidade de auga do organismo como resultado dun desequilibrio entre as achegas e as perdas de auga, ou da auga e dos sales conxuntamente. A deshidratación extracelular prodúcese pola perda de auga sen perda de sales, o que se coñece como deshidratación hipertónica, ou pola perda de sales e auga, o que se chama deshidratación isotónica. A deshidratación intracelular débese ao aumento da osmolaridade do plasma co paso da auga do espazo intracelular ao espacio extracelular.

    VER O DETALLE DO TERMO