"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Xeneral espartano. Venceu os atenienses nas batallas de Notion (407 a C) e Egospotamos (405 a C). Asaltou Atenas, onde instaurou o Consello dos Trinta. Durante a guerra de Corinto invadiu Beocia e foi derrotado en Haliartos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor brasileiro. Coñecido como o Aleijadinho, foi moi representativo na vitalidade do Barroco no Brasil. As súas obras mestras son a igrexa de São Francisco (1774) e o grupo de esculturas a tamaño natural dos Doce Profetas (1800-1805), que se expoñen ao aire libre en Cogonhas do Campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: escáncer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lysyčans’k.
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Catedrático de Antropoloxía Social na Universidad Complutense de Madrid (1970), realizou numerosos traballos de campo relacionados con Galicia e ensaios relacionados coa bruxería e o demo, como Antropología cultural de Galicia (1971), Endemoniados en Galicia hoy (1984), Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega (1984) e La Santa Compaña (1998). Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, recibiu o Premio Aragón das Ciencias Sociais e Humanas (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Estudiou os movementos vibratorios e introduciu as coñecidas curvas de Lissajous. Débeselle un dispositivo óptico que foi adaptado posteriormente por Helmholtz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. De orixe galega, licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ampliou estudios na École Regionale des Beaux Arts de Nantes. Nas súas instalacións reflexiona sobre o monumento e o problema social da arte pública. Mestura as formas tradicionais coas novas tecnoloxías. Das súas obras destaca O sono da pedra, situado no Polígono Industrial da Granxa (Porriño).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Armeses (Maside). Datado a comezos do s XIX, ten planta en forma de escuadro e dúas alturas, cun patio no ángulo que está configurado pola vivenda e o muro. Próximo a el atópase a capela de Santa Mariña, que puido ser da súa propiedade.
-
GALICIA
Pintora. Doutorouse en Belas Artes co premio extraordinario en Salamanca. Foi profesora de debuxo na Facultade de Belas Artes na Universidade de Vigo. Publicou El Besadoiro y su ergología e Funcionalidad y estética en el museo Etnográfico Liste.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Coñecido como Enrique Líster, emigrou a Cuba, onde ingresou no Partido Comunista (1927), pero viuse obrigado a volver pola represión do réxime de Machado. Incorporouse ao grupo de Santiago de Compostela do PCE como militante activo e líder sindical. Delegado no IV Congreso do Partido Comunista, en 1932 marchou á URSS ata 1935. Membro das Milicias Populares durante a Guerra Civil, ascendeu a comandante do 5º Reximento e dirixiu as Milicias Galegas. Posteriormente foi xefe da Brigada Mixta e coronel do V Corpo do Exército republicano. Exiliouse na URSS ao final da guerra. Durante a Segunda Guerra Mundial acadou o grao de xeneral do Exército Vermello, e estableceuse en París onde se responsabilizou dos emigrantes do Partido Comunista. Desde 1970 formou parte da dirección do PCEE pero a súa disidencia co sector liderado por Santiago Carrillo custoulle a expulsión. En 1973 constituíu o Partido Comunista Obrero Español, de tendencia prosoviética, e en 1977 instalouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Estudiou en Viena con K. Czerny e A. Salieri, e en París con F. Paer e A. Reicha. Iniciouse como pianista en 1827. Como compositor, arredor de 1830 escribiu obras para piano, como Album dun viaxeiro (1836). Máis adiante ampliou a súa linguaxe harmónica romántica (Sonata en si menor, 1852-1853; Années de Pèlerinage, 1867-1877). As características nacionais húngaras penetraron no seu estilo romántico e enriquecérono. A finais do século escribiu obras monumentais para orquestra, como os poemas sinfónicos Les préludes (1848), Tasso (1849), Mazeppa (1851), e as sinfonías Fausto (1854) e Dante (1855-1856). Nas décadas de 1870-1880 escribiu composicións para piano que ampliaban os límites do romanticismo e representan pasos decididos cara ao estilo musical do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen litiga.
-
-
Impresión de figuras sobre porcelana, visibles a contraluz.
-
Placa de porcelana onde se imprimen figuras visibles a contraluz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica de adiviñación que se basea na observación das pedras de abalar, e que constitúe un axeitado instrumento de adiviñación en todas as culturas da Europa occidental, onde se considera que as pedras poden respostar as cuestións que se lles formulen.
-
PERSOEIRO
Realizadora. Creou, xunto a Ewan MacColl, o grupo Theatre Union. En 1945 crearon o Theatre Workshop, que en 1953 se instalou en Londres e iniciou un traballo de experimentación e produción escénica, recollido por Clive Barker en Theatre Games (1977). Dos seus espectáculos destacan Volpone (1955), Sabor a mel (1958), O refén (1958) e Oh, What a Lovely War! (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Setentrional que limita con Letonia ao N, con Bielorrusia ao L e ao S, con Polonia ao S e con Rusia e o Mar Báltico ao O (65.300 km2; 3.494.000 h [estim 2001]). A capital é Vilnius.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O relevo é chan, con pequenas elevacións ao L e O, típicas do glaciar. O dominio climático é de transición, de marítimo a continental. Os solos son de podzol e case un 6% é pantanoso. O río máis importante é o Nemunas, cos seus afluentes, Neris, Nevėžis, Dubysa, Merkys, Minija e Šešupe. Ten uns 3.000 lagos, case todos de orixe glaciario. A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos da cebada, trigo, patacas e hortalizas. Tamén destaca a cría de gando bovino e porcino. Ten numerosos xacementos de turba e en 1968 descubríronse xacementos de petróleo e gas natural. Teñen grande importancia as augas minerais e termais. As ramas principais da industria son a construción de maquinaria, a... -
-
Relativo ou pertencente a Lituania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Lituania.
-
Lingua báltica, da familia baltoeslava, do phylum indoeuropeo. Fálase en Lituania e distínguense dous dialectos: o do sur, base da lingua literaria, e o do norte ou žemaïte. Ten un sistema nominal de sete casos e conserva o dual. O primeiro texto en lituano é un catecismo luterano de 1547.
-
Arte desenvolvida en Lituania. A arquitectura tradicional empregou fundamentalmente a madeira. En pedra consérvanse obras de estilo gótico internacional, a universidade; barrocas, o castelo; e neoclásicas, a catedral de Vilnius. Despois da Segunda Guerra Mundial, reconstruíronse as cidades cunha arquitectura utilitaria decorada con elementos nacionalistas. As artes plásticas recibiron unha influencia bizantina entre os ss XIII-XV, e no s XVI combinaron a influencia gótica e renacentista, como no Palacio Real de Vilnius (1530-1540). Desde finais do s XVIII os artistas lituanos formáronse na Academia de Peterburgo e recibiron a influencia das formas occidentais. Na escola de Kaunas (1910-1940) revalorizouse a arte popular nacionalista. Destacou o pintor e músico Mikolas Čiunlionis, precursor da abstracción. Desde 1940 seguiuse o realismo socialista soviético.
-
Literatura desenvolvida polo pobo lituano. O texto máis antigo en lingua lituana, composto por dúas oracións cristiás e un manifesto de fe, foi localizado en Vilna en 1962. Iniciada a produción escrita no s XVI co catecismo de Lutero, J. Bretkūnas e K. Syrvidas estableceron a primeira normativa gramatical, e o primeiro dicionario lituano, o Ditionarium trium linguarum, elaborouse en 1629. No s XVIII destaca C. Donelaïtis, autor de Metai (As estacións, 1818). No s XIX produciuse o florecemento da literatura lituana, sobre todo na Universidade de Vilna, cunha orientación nacionalista. S. Daukantas, J. Basanavičius, V. Kudirca e, sobre todo, o poeta A. Baranaukas, reflectiron o ideal independentista. Os novelistas Žemaité, Marija Pečkauskaité e Vaidiluté analizaron o tema do campesiñado. En teatro destacan Keturacis e Vydūnas. Os poetas máis notables foron V. Kreve, de inspiración popular, os simbolistas J. Baltruśáitis e F. Kirša, e o modernista...
-
-
PERSOEIRO
Rei longobardo (712-744), fillo e sucesor de Ausprando. Tentou expandir o reino, polo que tivo que loitar contra o exarcado de Ravenna (726-743), o papado (739) e os duques de Spoleto e Benavente (743). Axudado polos francos, encabezou unha campaña contra os musulmáns en Provenza (738).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prelado e historiador italiano. Foi diácono de Pavia e secretario do Rei Berenguel II, quen o nomeou embaixador de Constantinopla. Odón o Grande nomeouno bispo de Cremona (961). Escribiu Antapodosis, sobre o período 887-950, o Liber de rebus gestis Ottonis, sobre o período 960-964, e Relatio de legatione Constantinopolitana, relación da súa legación en Constantinopla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pulmón dalgúns animais. OBS: Normalmente úsase en plural.