"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Mataflorida. Absolutista, foi, segundo parece, o autor do Manifiesto de los Persas e foi a València a levarllo a Fernando VII, que o premiou co marquesado. Foi ministro de Graza e Xustiza (1819-1820) e, destituídos os absolutistas polos liberais (1820), exiliouse a Francia, onde reuniu recursos e, xuntamente con Jaume Creus i Martí e o barón de Eroles, apoderouse da Sede de Urgell (1822) e alí creou Rexencia de Urgell. Ao caer a Sede de Urgell en mans dos liberais (1823) exiliouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en Santiago de Compostela en 1986 ao abeiro do BNG. Defínese como feminista, nacionalista, anticapitalista e autónoma. Funciona mediante asembleas de zona e conta cunha coordinadora nacional. Realizaron campañas de mobilización e educación popular contra a violencia de xénero ou contra a discriminación. Os seus obxectivos son a autodeterminación das mulleres e a formación teórica. Desde 1992 publica o seu voceiro Deliberadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico suízo. Estudou na escola politécnica federal de Zúric, onde obtivo o doutorado en 1958. Especializado en óxidos, descubriu, nos laboratorios de IBM en Zúric, os materiais cerámicos supercondutores, polo que recibiu xunto co seu colaborador Georg Bednorz o Premio Nobel de Física en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á asociación de máis de dous cromosomas, parcial ou completamente homólogos, a causa da constitución e a consolidación de entrecruzamentos ou quiasmas. É unha característica de individuos autopoliploides, dalgúns alopoliploides e de certas formas híbridas estruturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista canadense. Foi membro da escola de Chicago e desenvolveu con Harry Johnson a tese sobre a actividade política e monetaria nas economías abertas. Foi asesor do FMI, do Banco Mundial e da UE. Desenvolveu o modelo Mundell-Fleming para a análise macroeconómica con Marcus Fleming e escribiu International Economics (1968), Man and Economics (1968), Monetary Theory: Interest, Inflation and Growth in the World Economy (1971), Building the New Europe (1992) e Inflation and Growth in China (1996). Recibiu o Premio Nobel en Ciencias Económicas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. Foi presidente de Novas Xeracións de Galicia (1995), coordinador nacional de Nuevas Generaciones e deputado do Parlamento   galego polo PP na V lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Roma. Ocupa unha boa parte da antiga cartuxa de Santa Maria degli Angeli, construída sobre restos das grandes termas de Diocleciano (298-306), e recolle unha das mellores coleccións do mundo de mosaico, pintura mural e, sobre todo, de escultura antiga. Destacan os restos dunha das ábsidas do caldarium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo creado en 1976 baixo a iniciativa dun padroado formado por un gran número de institucións culturais galegas, por numerosos especialistas das distintas áreas culturais e por representantes das administracións públicas. As primeiras salas inauguráronse en 1977 no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo concello de Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia recoñeceulle, en 1993, a competencia de actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicas e privadas integrados no sistema galego de museos. O sostemento do museo realízase polas achegas, económicas e materiais dos seus socios e patróns e polo patrocinio de institucións públicas e privadas. As súas salas dedícanse ao mar, ao campo, aos oficios, ao traxe, á música, ás artes suntuarias e ao hábitat e arquitectura. Conta tamén con seccións de arqueoloxía, pintura e escultura e organiza exposicións temporais, cursos, congresos e outras actividades. Ten unha biblioteca, co Departamento de Educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo das Mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Etnográfico do Río Arnoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado no palacio de Dos Aguas en València, inaugurado en 1954. Os seus fondos iniciais constituíunos a colección de cerámica doada por Manuel González Martí e Amelia Cuñat. Posteriormente ampliouse aos campos da cerámica, indumentaria, pintura, escultura, moble e artes gráficas, e acadou o seu nome actual (1969). Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao naftaleno.

    2. Aplícase a un composto da serie do naftaleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo aromático que está formado por dous aneis bencénicos unidos. Foi illado do alcatrán en 1856 e a súa fórmula (I) foi postulada por Erlenmeyer (1866). A fórmula (II) do naftaleno preséntase abreviada, como no caso do benceno. As posicións 1, 4, 5 e 8 e 2, 3, 6 e 7 son equivalentes. As primeiras denomínanse pola letra α e as segundas pola letra β. Na interpretación electrónica considérase que a estrutura do naftaleno é un híbrido de resonancia entre distintas estruturas electrómeras. A máis estable e unha das máis importantes é a (II).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sergej Aleksejev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de beneficencia e protección mutua fundada en La Habana en 1928 por ortigueireses que vivían en Cuba. Foi a derradeira asociación que implantaron os emigrantes galegos en Cuba e o seu obxectivo era axudar aos socios enfermos, sen traballo ou imposibilitados fisicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1991. Subtitulada “Revista bimestral” e dirixida por Evelia I. Carballo e Xosé A. Pintos, foi unha publicación especializada con información sobre a natureza galega. De carácter divulgativo, favoreceu o coñecemento, a valoración e a defensa do medio natural cunha gran preocupación polas especies en extinción en Galicia. Incluíu seccións sobre enerxías renovables, asociacións ecoloxistas, entrevistas e bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao N dos montes de Toledo e delimitado ao O polo río Pusa, afluente do Tajo (15.237 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas. Destacan os curtidoiros e as manufacturas da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Locutora e condutora de programas de TVE en Galicia, foi membro do Consello de Administración da RTVG, locutora da Cadena SER ata 1980 (Hora 25, Matinal Cadena SER e correspondente da SER en Galicia), ademais de colaborar en La Voz de Galicia e pertencer á redacción da revista Andaina. Participou na elaboración de Cultura e medios de comunicación nas sociedades dependentes (1982) e Rosalía de Castro: unha obra non asumida (1985). Recibiu o Premio Nacional de Radio polo seu traballo na SER.

    VER O DETALLE DO TERMO