"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Policía política do estado nacionalsocialista alemán, creada en 1933 para combater os elementos subversivos. Foi organizada en Berlín por H. Göring ao servizo do partido nazi e dependente do ministerio de Interior. En 1934 incorporouse H. Himmler, xefe das SS, como novo inspector da Gestapo. Foi a forza represiva nazi máis importante e dispuxo de medios ilimitados para conseguir os seus fins; as súas decisións non necesitaban a aprobación dos tribunais de xustiza e, polo tanto, podía aniquilar calquera disidencia dentro do Estado e incluso dentro do partido. Destacou na represión dos grupos de resistencia dos países ocupados e na eliminación das minorías políticas e dos xudeus. Despois da vitoria dos aliados, os seus axentes foron detidos e condenados como criminais de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vo Nguyen Giap.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos. Foi descuberta polo médico inglés Francis Glisson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas ou leñosas, da familia das asteráceas, que presentan follas enteiras, brácteas involucrais planas e escariosas, receptáculo plano sen escamas e froito en aquenio cilíndrico cun apéndice de filamentos libres entre eles. En Galicia está presente a especie G. uliginosum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada polos Reis Católicos a finais do s XV co fin de controlar política e administrativamente o territorio galaico. Esta figura, que cumpría a dobre función de ser o representante da monarquía en Galicia e presidir as Xuntas do Reino e a Audiencia, tiña os seus precedentes no cargo baixomedieval de Adiantado Maior e no de presidente e gobenador do Reino de Galicia, creado en 1475 polos Reis Católicos. Ocupado xeralmente por foráneos, circunstancia que provocou o absentismo e o desinterese destas personaxes polos asuntos galegos, desempeñárono durante o reinado de Carlos I dous galegos, Alonso de Fonseca e Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas. O Gobernador Capitán Xeneral, ademais de gozar dun gran prestixio, contaba cunha remuneración moito máis elevada ca dos restantes cargos institucionais. Como figura de maior rango político na Galicia da Idade Moderna, gozou de grandes competencias gobernativas, xudiciais e militares pero, que co tempo, foron transferidas á Audiencia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de orgánulos situados no citoplasma celular, preto do núcleo, nas células animais e nalgunhas vexetais. Foi descuberto no ano 1898 por C. Golgi. Os ditiosomas están formados por un montón de sáculos aplanados, que nunca se envolven de ribosomas. Dos sáculos dos ditiosomas emítense gránulos de secreción de natureza glicídica, proteica ou glicoproteica. A síntese dos glícidos ten lugar no mesmo aparato de Golgi. No caso dunha secreción proteica, o ergastoplasma sintetiza as proteínas pero estas transportaranse nos sáculos de Golgi; no caso dunha secreción glicoproteica, o aparato de Golgi sintetiza a metade glicídica da molécula. Tamén recibe o nome de complexo de Golgi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero teatral hindú creado a finais do s XIX no estado de Andhra Pradesh, a partir de formas teatrais e de danzas realizadas por mulleres que pertencían ás familias da corte e derivado doutro xénero anterior, o kuchipudi. Etimoloxicamente, o xénero fai referencia a un diálogo ou debate entre mulleres, e adoitaba mesturar danza, música e recitados poéticos dialogados. Consistía nun espectáculo que se representaba durante toda a noite e que continuaba durante tres veladas consecutivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Persia. Foi un destacado centro cultural nestoriano. Influíu notablemente no nacemento da actividade científica e intelectual do Islam. Contou cunha famosa escola de medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso mercedario. Colaborou nas revistas La Merced e San Ramón y su Santuario e publicou Una flor que se marchita (1916), Las veladas en el hogar doméstico (1917), Los golfos (1919), Un abrazo histórico (1922) e Despertador mercedario (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cirurxián. Doutorouse en Medicina na Universidad de Madrid en 1900 coa tese “Sobre a influencia da tiroide no crecemento e desenvolvemento da idade infantil”. Foi profesor do Hospital Xeral e director do Instituto do Cancro. Destacou no campo da cirurxía, na que introduciu unha serie de métodos e procedementos como a ofrioplastia ou a arterioplastia. Da súa obra destacan Sobre angioplastia (1905), La sutura en cirugía del sistema vascular (1912), La ureterostomía como operación de urgencia (1918), Cirugía del tiroides (1929) e Cirugía de las aneurismas (1942). Foi membro do Comité Internacional do Cancro, do Colexio Americano de Cirurxiáns, membro da Real Academia de Medicina e doutor honoris causa pola facultade de Medicina da Universidade de Bordeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reeducación da escritura en nenos e adultos.

    2. Reeducación que, en psicoterapia, ten o obxectivo de modificar o funcionamento afectivo do individuo a través dunha modificación da súa escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gonzalo Fernández de Córdoba y Herrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (5.287 km2; 83.900 h [estim 1986]). A capital é Robertsport (2.562 h [1974]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michigan, EE UU, preto do lago Michigan (189.130 h [1990]). Situada nunha fértil rexión agrícola, constitúe un centro importante de comercialización dos produtos hortícolas e de floricultura. Foi fundada en 1826 polos franceses como centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización considerada o brazo armado do Partido Comunista de España (Reconstituido), grupo de extrema esquerda fundado en 1975 a partir da antiga Organización Marxista Leninista de España (OMLE), que existía desde 1968. Acadou notoriedade en decembro de 1976 ao secuestrar o presidente do consello de Estado, A. M. de Oriol e o xeneral E. Villaescusa. Durante a década de 1980 uníronse ás campañas a prol da reunificación de presos levando a cabo folgas de fame de varios meses de duración nas que pereceu algún dos seus membros. Mantiveron a súa actividade ata o ano 2000, e unha das súas últimas accións foi o secuestro nunca resolto do empresario Publio Cordón, en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista, pianista e compositor. Participou nos inicios do jazz instrumental francés e en 1934 con Django Reinhardt creou o Quintette du Hot Club de France. Posteriormente, empezou a carreira como solista e gravou, entre outros, xunto a Bill Coleman, Coleman Hawkins, Hank Jones e Yehudi Menuhin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos graptolites.

    2. Fósil do grupo dos graptolites.

    3. Grupo de organismos fósiles, mariños, de peridermo quitinoso que formaron colonias flotantes nas zonas neríticas. Atópanse do Cámbrico ao Carbonífero, onde se extinguiron totalmente, e son moi importantes para datar os estratos onde aparecen. Os primeiros graptolites que se atoparon en Galicia foron os de Puentes de Domingo Flórez, no límite das provincias de León e Ourense, en 1860. Dentro dos graptolites destacan os xéneros Diplograptus, Monograptis, Phyllograptus e Rastrites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e arqueólogo. Bispo de Astorga en 1886, encargoulle a Gaudí a construción do palacio episcopal. Fundou un Museo Arqueolóxico no Seminario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse en Lyon e París (1750) e en 1755 admitírono na Académie Royale de Peinture. Sobresaíu na pintura de xénero moralizante e cultivou, sen éxito, a pintura de historia. Retratista, fixo un tipo de figura feminina doce e sentimental parecida ao da pintura inglesa. Adheriuse á situación revolucionaria para conseguir prestixio. Das súas obras destacan Pére de famille explicant la Biblie à ses enfants, co que obtivo un grande éxito no Salon de 1755, Septime Sévère reprochant à son fils d’avoir voulu le faire, rexeitado no Salon de 1769, Cruche cassée e o retrato de Napoléon Bonaparte (1804-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO