"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa de comer doce e saborosa.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (1.367 h [2001]). Case a totalidade do territorio está ocupado por cultivos, especialmente de vide, que constitúen a base da industria vinícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Descarga dunha arma cargada con perdigóns.
-
Ferida causada por tiros de perdigóns.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.502 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Promotor do Centro de la Generación del 27 en Málaga, a súa obra poética é persoal e vitalista, á marxe de escolas e correntes. Destacan Valle de los galanes (1968), Conspiraciones y conjuras (1986), Bestiario de Livermoore (1988) -nestas dúas últimas como finalista do Premio Nacional de Literatura- e El domador (1994). No apartado narrativo escribiu Cosmología esencial (2000), ademais da obra teatral Edipo aceptado (1971, Premio García Lorca).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 24.11.1902 - 1996) Médico. Presidente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia (1969-1972) e director de revistas especializadas como Medicina Galaico-Astur e Medicina Galaica, colaborou en Archivos de Medicina, Galicia Clínica e Revista de Información Médico-Terapéutica. Da súa produción destacan Los males del alma y eugenesia (1934), Habla el médico (1960), Curanderismo y Superstición (1972), El Hombre-Lobo (1973) e Ramón Otero Acuña: un gaditano en Fonseca (1980). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
-
GALICIA
Pintor. Discípulo de Juan Bautista Celma, traballou en Santiago de Compostela na capela maior de San Miguel dos Agros (1509), na capela de Nosa Señora dos Anxos (1603) en San Francisco, no altar de Nosa Señora do O do mosteiro de San Paio, e nas dúas capelas colaterais de Santa María de Rus (1602), en Carballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Movemento brusco ou golpe dado coa perna.
-
Aparello que se utiliza para a pesca de ollomol.
-
Cabos pequenos do aparello da tarrafa.
-
Uso e costume que en determinados lugares e momentos da Idade Media se practicou como un privilexio que outorgaba ao señor o dereito sobre a virxindade das súas servas, posibilitando que fose el quen pasase a noite de vodas con elas. Inicialmente considerouse como un xesto de vasalaxe de toda a familia da noiva cara ao señor, pero co paso do tempo, e especialmente durante a Baixa Idade Media, foi perdendo lexitimidade a nivel social e pasou a considerarse como un agravio. Foi unha das causas das revoltas antiseñoriais do s XV. En Galicia permaneceu vixente, polo menos, ata 1458.
-
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Nullán e A Alence, ambas as dúas no concello das Nogais. O seu cumio acada os 969 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote da illa de Sálvora situada na parroquia de Carreira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á corola bilabiada e coa gorxa pechada por un abombamento do labio inferior chamado padal. Son típicas das plantas da familia das escrofulariáceas, como por exemplo a boca de dragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe dado coa pértega.
-
-
Acción e efecto de pesar ou pesarse.
-
O que se pesa dunha vez nunha balanza.
-
Efecto producido nunha peza de gran masa sometida a unha rotación lenta cando o seu centro de gravidade (cdg) está situado sobre un eixe paralelo ao de rotación. Maniféstase por unhas aceleracións e deceleracións rítmicas do movemento da peza. Para anulala é preciso dispoñer convenientemente uns contrapesos (equilibramento estático).
-
-
-
-
Peixe osteíctio, do xénero Merlucius, que pertence á familia dos merlúcidos. Presenta un corpo alongado e cuberto de pequenas escamas. A cabeza é grande, igual ca a boca, que está provista de dentes pequenos e moi afiados. Os dentes da mandíbula superior son fixos, mentres que os da inferior poden inclinarse cara a atrás, de forma que facilitan a entrada do alimento e se opoñen á súa saída. A primeira aleta dorsal é moi curta, mentres que a segunda se estende ao longo de case o resto do corpo. A aleta anal é tamén moi longa, oposta e case igual á segunda dorsal. É un peixe bentónico que vive en zonas de bancos de area e sobre o noiro continental, en augas por debaixo dos 15°C e cunha salinidade comprendida entre o 31 e o 34,5%. Presenta dous tipos de migracións: unha vertical, de ritmo diario, e outra horizontal, de ritmo estacionario. Durante o día permanece preto do fondo e durante a noite desprázase cara a augas medias ou superficiais para alimentarse. Nas migracións estacionais,...
-
pescada americana/prateada [Merluccius bilinearis, Fam dos merlúcidos]
ive entre Cabo Cod, Massachusetts (EE UU) e cabo Sable, Nova Escocia, Canadá. Péscase, tanto na súa forma larvaria como adulta, nas costas de Baixa California (México) e de California (EE UU).
-
pescada arxentina [Merluccius hubbsi, Fam dos merlúcidos]
Peixe osteíctio, de ata 90 cm as femias adultas e 60 cm os machos. Presenta corpo alongado e lixeiramente comprimido, cuberto de escamas cicloides, de mediano tamaño, que se desprenden facilmente. A cabeza é máis pequena ca no resto das pescadas. A primeira aleta dorsal presenta raios duros, a segunda unha base ampla e bilobulada, e a aleta caudal remata nunha liña recta nos adultos. É de cor gris clara na cabeza e dorso, branca na zona ventral, con reflexos dourados por todo o corpo. As aletas dorsais, peitorais, caudal e o terzo posterior da anal teñen cor gris escura, e os dous terzos anteriores da anal e das ventrais son transparentes. Habita en zonas que van desde Brasil ata o S de Arxentina, en profundidades comprendidas entre os 50 e 500 m, cunha profundidade media duns 200 m. Tolera un rango de temperatura de entre 3 e 18°C, cun óptimo comprendido entre 5 e 10°C. Fundamentalmente é pescada pola frota de altura, que emprega redes de arrastre de fondo. É a base da industria pesqueira...
-
pescada austral [Merluccius australis, Fam dos merlúcidos]
Peixe que presenta corpo alongado de ata 118 cm nas femias e 105 cm nos machos. A parte dorsal iníciase cun aplanamento na cabeza ata a altura da metade das órbitas e logo elévase para facerse lixeiramente convexo en toda a súa extensión. Presenta cabeza robusta e boca grande que se estende ata case o extremo das órbitas. Posúe dentes en mandíbulas e vómer; os das mandíbulas en dúas series, máis fortes os da mandíbula superior ca os da inferior. As escamas son pequenas e implántanse debilmente sobre a pel, polo que se desprenden con facilidade. É de cor gris prateada, máis escura no dorso e máis clara na rexión ventral. Aliméntase doutros peixes e crustáceos, e reprodúcese entre finais do inverno e comezos da primavera. É unha especie relativamente lonxeva (ata 24 anos en femias e 20 anos en machos). Para a súa captura a frota de altura emprega redes de arrastre. É propia das augas de América do Sur e de Nova Zelanda.
-
pescada chilena [Merluccius gayi, Fam dos merlúcidos]
Pescada que presenta corpo alongado e fusiforme, coa cabeza esmagada e grandes órbitas. É de cor gris prateada, máis escura no dorso e con tons brancos no ventre. Vive nos mares que van desde o N de Perú ata o S de Chile.
-
pescada de Senegal/negra [Merluccius senegalensis, Fam dos merlúcidos]
Pescada que vive en profundidades comprendidas entre os 18 e os 500 m. Aliméntase fundamentalmente de pequenos peixes, crustáceos e cefalópodos. A desova ten lugar entre os meses de xaneiro e marzo. A súa cor negra ou moi escura do lombo e dos laterais diferénciana do resto das pescadas. Vive nas costas de Senegal.
-
pescada do Pacífico [Merlucius productus, Fam dos merlúcidos]
Pescada en que a desova peláxica das femias depende do seu tamaño (pode chegar a ser de 50.000 a 80.000 ovos por femia). O seu crecemento é relativamente rápido, especialmente durante os primeiros anos de vida. Poden chegar a vivir arredor dos 15 anos, en fondos oceánicos e zonas costeiras, en profundidades que poden chegar aos 1.000 m. Distribúense polas costas do Pacífico setentrional.
-
pescada europea [ingl: hake] [Merluccius merluccius, Fam dos merlúcidos]
Peixe osteíctio, da orde dos gadiformes, que poden acadar os 180 cm de lonxitude, aínda que é moi raro que sobrepase os 100 cm. Presenta corpo fusiforme, alongado, pouco comprimido lateralmente, de sección redondeada e cuberto de escamas caducas e pequenas. A cabeza é aguda e alongada, anteriormente deprimida por unha fosa que se sitúa na parte anterior, bordeada por cristas frontais que conflúen noutra occipital. A boca é grande e oblicua, e presenta maxilares con dentes agudos e pequenos en dúas ou tres series, dos que a serie interna son de maior tamaño. Os da mandíbula superior son fixos, mentres que os da inferior poden inclinarse cara a atrás, de forma que facilitan a entrada das presas na boca e se opoñen á súa saída. Posúen vómer con dentes e palatino sen eles. As dúas aletas dorsais están separadas unha da outra por un espazo relativamente grande; a primeira é máis curta e alta ca a segunda, e só presentan unha aleta anal que é oposta e escotada e máis curta ca a dorsal segunda....
-
pescada surafricana/do Cabo [Merluccius capensis, Fam dos merlúcidos]
Pescada que presenta o lombo de cor prateada con tons marróns e ventre claro. As escamas son de maior tamaño ca no resto das pescadas. Vive nas augas do sur de África e na zona meridional de África.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
covachada.
-
-
Golpe dado coa peta.
-
O que se saca con cada golpe de peta.
-
peteirada.
-
Pequena cantidade ou anaco dunha cousa.
-
Bola de pan de boroa de pequeno tamaño.
-
Molete ou doce de pan de ovo que acompaña o chocolate.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Pradorramisquedo (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.451 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de herba ou doutras plantas que se distinguen do resto pola altura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rabaño de vacas.
-
-
Acción e efecto de ferir ou ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta.
-
Acción e efecto de ferir co aguillón ou co peteiro un animal.
-
Burato pequeno que se fai nalgunhas superficies cun obxecto rematado en punta.
-
Dor forte e pasaxeira que se ten nunha parte do corpo.
-
Dito ou feito con que se fire ou mortifica a alguén.
-
Inxección de droga.
-