"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Relixioso, filósofo e historiador. Formado en linguas clásicas, estudiou na École Française de Roma (1921) e de Atenas (1922), antes de ordenarse dominicano en 1924. Das súas obras destacan L’Idéal religieux des Grecs et l’Évangile (O ideal relixioso dos gregos e o Evanxeo, 1932), Le Monde gréco-romain au temps de Notre-Seigneur (O mundo grecorromano nos tempos do Noso Señor, 1935) e La Révélation d’Hermès Trismégiste (A revelación de Hermes Trismexisto, 1944-1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olume publicado en 1697 onde se recollen as composicións que se presentaron ás Festas Minervais do devandito ano, convocadas en honra da memoria de Alonso de Fonseca dende 1536. O certame deu cabida a composicións en latín, castelán e galego, sempre baixo un tema prefixado que se marcaba na convocatoria. O seu título completo é Fiestas Minervales, y aclamación perpetua de las Musas, a la inmortal memoria de el Ilustrísimo, y Excelentísimo Señor D. Alonso de Fonseca el Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por su escuela y Universidad, que afectuosamente las consagra, dedica, y ofrece, al Excelentísimo Señor Conde de Monte-Rey, su protector, Valedor, y Mecenas: por mano de el Doctor Joseph Varela y Vasadre, Retor de dicha Universidad. En 1993 saíu do prelo unha edición facsimilar a cargo de X. A. Montero

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura feita nunha parede para dar paso á luz e ao aire.

    2. Armazón de madeira ou doutro material, con vidros, que pecha esta abertura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral aparecida en setembro de 1973 na Coruña. Subtitulouse “Revista del Colegio Oficial de Titulares Mercantiles de La Coruña”. Dirixida por Ramón García Fontenla, incluíu información profesional dirixida aos integrantes do devandito colexio e organismos con actividades afíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra teatral en galego de Rafael Dieste publicada en 1927. Presenta a peripecia que vive un mariñeiro de boa posición cando, forzado pola súa muller e a súa filla, decide retirar dun retrato que lle están facendo un fondo mariñeiro. Os seus amigos, contrariados con tal decisión, cortan o lenzo para recuperar aquela fiestra que deixaba ver o porto cheo de lanchas e barcos de pesca. A fiestra, que mostra as orixes verdadeiras do vello mariñeiro e que fala da súa identidade e da súa condición, é todo un símbolo de Galicia, a terra á que renunciaban moitos galegos e galegas a medida que melloraban na súa posición social, esquecendo as súas orixes, a súa identidade, a súa lingua e a súa cultura. O problema resólvese cando Don Miguel decide aceptar a súa identidade e restitúe a fiestra, acto de carácter simbólico co que se afirma a identidade e a conciencia galeguistas. Foi un texto moi utilizado na creación teatral galega, e a primeira escenificación data de 1935, con dirección do propio autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto ou disposición das fiestras dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Adscrito ao Partido Demócrata, foi elixido por primeira vez deputado en 1851. Despois de ser elixido novamente deputado entre 1862 e 1865, en 1867 foi desterrado a Navarra pola súa actitude hostil contra os moderados; de novo en Madrid, fundou o periódico republicano federal La Igualdad (novembro de 1868). Nas eleccións de 1869 foi elixido deputado e encabezou a minoría republicana nas Cortes. Cando se proclamou a Primeira República foi designado presidente do poder executivo (12 de febreiro de 1873). Tras enfrontarse coa indisciplina militar, os intentos separatistas e os carlistas, dimitiu o 11 de xuño e marchou a Francia, de onde regresou aos poucos meses. En 1880 fundou o Partido Federal Orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Accedeu ás Cortes en 1854 como membro do Partido Progresista. No Sexenio Revolucionario, foi nomeado ministro de Facenda (1868-1870), desde onde levou a cabo reformas modernizadoras. Polo Decreto Figuerola (19.10.1868), quedou configurado o primeiro sistema monetario español, baseado nunha unidade fiduciaria denominada peseta. Con respecto ao comercio exterior, suprimiu o dereito diferencial de bandeira, co que igualaba a fiscalidade que afectaba aos barcos nos portos españois, e tivo gran repercusión a súa reforma arancelaria de 1869, de tendencia librecambista. Finalmente, cómpre destacar o seu labor no campo da educación, ao fundar en 1846 a Escola Normal de Barcelona, e publicar diversas obras que contribuíron á normalización e unificación do ensino en España, entre as que destaca Elementos de gramática castellana. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas desde 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial estadounidense. En 1900 fundou a Firestone Tire and Rubber Company, dedicada á fabricación de cubertas e neumáticos para automóbiles. Como presidente (1916-1918) da Asociación de Caucho de EE UU, dirixiu a conversión da industria do caucho cara á produción de material bélico durante a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Feminista canadense. Cofundadora do movemento Radical Woman (1967), na súa obra The dialectic of sex (1973) argumenta que só existirá unha auténtica liberación da muller cando esta rompa co seu rol na familia biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que en 1898 M. von Tschundi designou o anónimo autor da produción pictórica con anterioridade asignada á primeira época de Rogier van der Weyden. O nome procedía da incerta crenza de que as táboas atribuídas a este mestre conservadas no Städelshes Kunstinstitut de Frankfurt del Main (Mal ladrón, Virxe, Verónica e a Trindade) proviñan da abadía de Flémage-les-Liège. Identifícase con Robert Campin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pólder do SL do río Ijssel, gañado ao Zuiderzee, Países Baixos, de 1 a 5 m por debaixo do nivel do mar. Desecouse entre 1950 e 1957. Está separado do continente polo lago Veluwemeer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s VII) Abade e bispo de Estrasburgo, fillo dun príncipe irlandés que marchou a Alemaña onde se fixo ermitán. Considérase o apóstolo de Alsacia. Na iconografía viste de pontifical; leva, como atributos xerais, a maqueta dunha igrexa e un bordón de dobre cruz, e, como atributos persoais, un animal bravo ou unha meniña cega aos seus pés. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Defensor do liberalismo, publicou Curso de Economía Política (1828), no que reflectiron as opinións dos economistas clásicos ingleses, e que se empregou como texto universitario. Crítico coa desamortización de Mendizábal, propuña a conservación das terras polo Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que comunica o golfo de México co Atlántico, situado entre a península de Florida, nos EE UU, e as illas de Cuba e das Bahamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia situada na fronteira entre a fonética e a fonoloxía que se encarga de estudar as funcións expresiva e apelativa dos elementos fónicos dun enunciado oral, segundo a definición de N. S. Trubeckoj.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1926), promoveu e divulgou a cultura musical. Formou parte da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra e fundou en 1931 o Cuarteto de Cuerda Clásico de Pontevedra, que en 1936 ampliou ao crear a Orquesta de Cámara de Pontevedra. Socio fundador e directivo da Sociedad Filarmónica de Pontevedra e cofundador da Agrupación Guitarrística Pontevedresa, entre outros galardóns recibiu a Medalla de Ouro do Círculo Mercantil e Industrial de Pontevedra (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Axudou os astrónomos J. Cassini e La-Hire na medición do meridiano. Foi profesor de artillería en París, e chegou a membro das academias das ciencias de Inglaterra e Prusia. Acadou un gran renome en materia de construcións hidráulicas e de mecánica aplicada. Publicou numerosas obras de enxeñería civil e militar, entre as que destaca Architteture hydraulique (1737-1753), en catro volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO