"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña en agosto de 1987. Subtitulouse “El diario de menor tirada de Galicia”. Xurdiu a partir da creación dun colectivo artístico-cultural que viña de constituírse tralo desfile Coruña Acción-Moda. Este colectivo agrupou artistas, fotógrafos, actores, expertos en vídeo, músicos, pintores e escritores de diversas tendencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Esquina dun edificio.
-
Pedras de grandes dimensións que forman a esquina dun edificio.
-
-
-
Facer ou formar esquina algunha cousa.
-
Poñer en esquina algunha cousa.
-
Desamigarse con alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación das amígdalas.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Considerado o máis fiel dos discípulos de Sócrates, coñécese a través dalgúns discursos de Platón. Consérvanse tan só pequenos fragmentos da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e orador ateniense. Destacou nas batallas de Mantinea (362 a C) e Tamines (358 a C). Inimigo dos macedonios, participou na embaixada diante de Filipo III de Macedonia, pero despois pasou a defender os intereses do partido macedonio, polo que se enfrontou con Demóstenes. Tralo seu fracaso no proceso de Ctesifonte (338 a C-330 a C), pola intervención de Demóstenes, exiliouse e fundou unha escola de oratoria en Rodas (323 a C). Consérvanse os discursos Contra Timarco, Sobre a embaixada fraudulenta e Contra Ctesifonte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Roedor da familia dos esciúridos.
-
Roedor co corpo alongado e estreito, que acada os 24 cm de lonxitude, cola longa e peluda de ata 20 cm e un peso de ata 35,7 g. As patas traseiras teñen maior tamaño ca as dianteiras e sérvenlle para realizar grandes saltos entre árbores, nos que a cola se emprega como órgano do equilibrio e para aumentar a superficie de rozamento ao aire e aminorar a velocidade de caída. Presentan catro dedos longos de uñas curvadas e mais un polgar reducido. Son de cor castaña escura ou rubia e co ventre de cor branca. De cando en vez detéctanse animais albinos ou melánicos. No inverno presentan pequenos pinceis nas puntas das orellas. A dentadura de 22 pezas caracterízase por presentar na mandíbula superior dous incisivos de crecemento continuo, catro premolares e seis moas; e na mandíbula inferior dous incisivos, dous premolares e seis moas. A esperanza de vida media destes animais é de seis anos, aínda que en catividade superan os dez. Están presentes tanto en bosques de coníferas coma en bosques de...
-
Roedor caracterizado por presentar un membrana a cada lado do corpo, que se estende dende o pulso ata o nocello e, nalgunhas especies, tamén entre as patas traseiras e a cola. Esta membrana -que conta con pelos polas dúas partes, unha variña de cartílago pegada ao pulso e unha capa de músculo-, permítelle a estes animais realizar voos de ata varios centos de metros planando entre as árbores. A cola é aplanada e xeralmente ten a mesma lonxitude ca a cabeza e o corpo. En moitas especies a superficie está aumentada polos pelos da cola que se dispoñen entrecruzados para ofrecer maior resistencia ao aire. Son animais de hábitos nocturnos, de pelaxes escuras e ollos grandes. Aniñan en buracas das árbores. Existen unhas 30 especies, 27 distribuídas nas selvas tropicais do sueste de Asia, unha na Eurasia temperada -nos bosques de coníferas de Siberia Pteromys volans- e dúas en Norteamérica -nos bosques de coníferas Glaucomys sabrinus e nos bosques de folla caduca do leste dos EE UU Glaucomys volans-.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio de poesía convocado pola Fundación Caixa Galicia e a Sociedade Cultural Valle-Inclán de Ferrol dende o ano 1980. Consta de dúas modalidades, unha en lingua galega e outra en castelán, e os traballos presentados deben ser inéditos. As obras gañadoras obteñen unha dotación económica e publícanse na Colección Esquío de Poesía.
-
CIDADES
Cidade de Guatemala, no departamento de Chiquimula (6.912 h [estim 2002]). Nesta localidade reuníronse en maio de 1986 (Esquipulas I) e en agosto de 1987 (Esquipulas II) os presidentes dos países centroamericanos para lograr a pacificación da rexión. Nos acordos asinados determinouse o establecemento dun plan de paz e a creación dun Parlamento Centroamericano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escudeiro das Illas Británicas. Coa decadencia do feudalismo o nome perdeu o significado orixinal e ampliouse a toda clase de persoas entre a nobreza e a burguesía. Posteriormente, o seu uso estendeuse a todos os profesionais e tomou un significado similar ao de gentleman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebafolgas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Lugo a comezos de 1991. Levaba por subtítulo “Sociedade Protectora de Animais e Plantas-LUGO”. Coordinada por Loli Monreal, Sara Castañón e José Luis Villar, estaba integramente dedicada ao mundo dos animais. Cunha tiraxe de 3.000 exemplares, distribuíase por toda España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Evitar alguén habilmente que se produza ou lle afecte algo.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Nacionalizouse costarriqueño en 1869. Foi ministro de Estado, presidente interino (1889) e presidente da República entre 1902 e 1906. Durante o seu mandato preocupouse por solucionar a cuestión dos límites con Panamá e continuou a construción do ferrocarril cara ao Pacífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Academia de Bellas Artes de Sevilla e en 1831 trasladouse a Madrid con J. Gutiérrez de la Vega. Foi pintor de cámara (1843) e profesor de representación anatómica na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi membro dende 1847. Cultivou a pintura histórica, relixiosa e mitolóxica e, fundamentalmente, o retrato romántico. Entre as súas obras destacan La transfiguración del Señor, La caída de Lucifer (1841), Concha Argüelles, Lectura de Ventura de la Vega ante los actores de su época (1854) e Lectura de Zorrilla en el estudo del artista (1846). Entre outros textos didácticos escribiu Tratado de Anatomía Pitórica (1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador castelán. Chegou ás Indias na segunda viaxe de Cristovo Colón e loitou nas guerras de Higuey. En 1509 Diego Colón encomendoulle a conquista da illa de Xamaica, onde fundou Sevilla la Nueva (St. Ann’s Bay) e Melilla (Port Santa María), creou os primeiros repartimentos e trala anexión foi nomeado gobernador da illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Durante a súa xuventude exerceu a docencia e escribiu guións de cine. Da súa produción destaca Como agua para chocolate (1989), da que tamén realizou o guión cinematográfico, La ley del amor (1996), Íntimas suculencias. Tratado filosófico de cocina (1998), Estrellita marinera. Una fábula de nuestro tiempo (1999), El libro de las emociones. Son de la razón sin corazón (2000) e Tan veloz como el deseo (2001). Recibiu o Premio ABBY 1994, galardón concedido por primeira vez a un escritor estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse co seu pai, o tamén pintor Diego Esquivel. A súa obra enmárcase na corrente naturalista do Barroco. Entre as súas obras destaca o lenzo Santas Justa e Rufina (1620?), conservado na catedral de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de esquivo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, na marxe dereita do río Jarama (3.770 h [1996]). A base da súa economía é a industria, especialmente a relacionada coa produción de cerámica e materiais de construción. Tamén son importantes a agricultura de secaño e a gandería. De orixe paleolítica, os primeiros documentos que se conservan sobre a cidade proceden da Idade Media, cando foi recuperada para a Coroa de Castela. Durante a Guerra das Comunidades foi a derradeira das cidades castelás en renderse ante as tropas de Carlos V. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas de San Roque e Santa Bárbara, a casa onde viviu Miguel de Cervantes, o convento dos Capuchinos (s XVIII), a igrexa parroquial da Nuestra Señora de la Asunción e a fonte de Carlos IV.
VER O DETALLE DO TERMO