"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente á anaxénese.

    2. Fase de actividade do folículo piloso, dunha duración aproximada de tres anos, na que o cabelo medra a razón de 0,2 a 0,5 mm diarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos corpos cristalinos que non teñen eixo de simetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego, da escola naturalista de Mileto. Atribúeselle a construción dunha esfera celeste e o descubrimento da inclinación da eclíptica e o xiro dos ceos arredor da estrela polar; froito das súas observacións astronómicas foi quen de construír un reloxo de sol (gnomon). Foi o primeiro grego que escribiu un tratado sobre a natureza, titulado En torno á natureza, do que só quedan algúns fragmentos. Segundo a interpretación que temos feita por Aristóteles propuxo como principio de toda cousa o indeterminado ou ilimitado (ápeiron), do que xorden os elementos por separación dos “contrarios” (frío fronte a quente, seco fronte a húmido). Así, todo nace da separación dos contrarios e a morte ten o seu retorno na unión co infinito. En ocasións cítase a Anaximandro entre os precursores do evolucionismo, pois afirmaba a orixe natural da vida e a formación das especies animais -entre as que incluía a humana- mediante evolución, aínda que a explicase de xeito mítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador da escola naturalista de Mileto e derradeiro representante coñecido dela. Deduciu de observacións empíricas que o principio de todas as cousas era o aire, que por progresiva condensación producía as nubes, a auga e a terra; mentres a súa rarefacción producía o lume. Os seus atributos son a inmensidade, a infinitude e o movemento. É o único ser. Así mesmo, perfeccionou o gnomon de Anaximandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide presente nas sementes das fabaceas Ulex parviflorus e Anagyris foetida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo Empresarial editorial creado en 1988 a partir de Ediciones Anaya (1959), dedicada aos libros de texto, e de Ediciones Generales Anaya. Integran este grupo editorial Edicións Xerais de Galicia e Alianza Editorial, adquirida en 1989. O capital social da empresa ten participación maioritaria da multinacional Havas dende o ano 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e pedagogo. En 1933 exerceu como mestre interino en Cayuela e Valdenoceda (Burgos) e en novembro de 1934 comezou a exercer como mestre nacional en Hontoria de la Cantera (Burgos). Ao rematar a Guerra Civil foi sancionado e trasladado a Cañizar de Amaya e no 1940 pediu a excedencia no Maxisterio Nacional. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid e en outubro de 1943 comezou a dar clases de Bacharelato en Almadén (Ciudad Real), en centros de ensino privado e clases particulares. Ensinou Lingua e Literatura gregas (1948-1950) no Instituto Luis Vives de València; posteriormente, do ano 1950 a 1953, trasladouse a Burgos onde tamén impartiu clases particulares. A finais 1953, gañou a Cátedra de Filosofía da Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e no 1954 a Cátedra de Filosofía do Instituto Rosalía de Castro. Diplomouse en Psicoloxía pola Universidade de Madrid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Cilicia (Asia Menor), coñecida dende os tempos de Augusto co nome de Caesaria. Durante o s XII converteuse na capital dun principado cristián da Armenia ciliciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Rexión anatómica que comprende a parte lateral e posterolateral da zona proxima á extremidade inferior. A anca está constituída por unha estrutura esquelética (articulación da anca ou articulación coxofemoral), unha masa muscular que cobre e move a articulación, xunto co abundante tecido adiposo e subcutáneo, amais da pel que a cobre. Pola anca pasan importantes nervios e vasos que, provenientes respectivamente dos plexos lumbosacros e dos vasos ilíacos, se dirixen á extremidade inferior. A articulación da anca permite movementos de flexión e extensión, abdución, adución, rotación interna e externa, e circundación.

      2. Parte posterior do lombo dos cabalos e bestas de carga.

      3. luxación conxénita da anca

        Malformación consistente nunha displasia da cela acetabular (que é incontinente), a causa da que a cabeza do fémur perde, durante a vida intrauterina, a súa correcta instalación dentro da cavidade acetabular, luxándose.

      1. Parte exterior do casco dalgúns navíos coa popa arqueada, a banda do codaste, baixo a parte arqueada.

      2. Membranas externas dos peixes e mamíferos mariños das que se serven para nadar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Neda baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominico de orixe galega. Estudiou Teoloxía en Santiago de Compostela e logo foi profesor de Filosofía en Plasencia, Toledo, Mérida, Rioseco e Toro, así como catedrático de Teoloxía en Lugo e Santiago de Compostela. Foi Prior da Coruña, Betanzos e Santiago, e Vicario Xeral do Reino de Galicia e, en relación con este cargo, están as dúas obras manuscritas que se conservan do relixioso: El Vicariato del Reino de Galicia. O. P. Apéndices y anotaciones al escrito intitulado: Respuesta a las censuras y notas de mi carta. Con las vistas del convento de Santiago e A nuestro Rmo. P. Fr. Ramón Guerrero, profesor de santa Teología, maestro vicario general de la orden de Predicadores en todos los dominios de S. M. C. y su predicador de número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicado á besta de carga que ten as ancas grosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [ant: Angora] Capital de Turquía e da il homónima, situada no centro do altiplano de Anatolia, tocando a confluencia dos ríos Ancara Suyu e Sakarya (3.235.700 h [1990]). A situación de Ancara favoreceu a súa relación co resto do país, feito que influíu na súa elección como capital da nova Turquía, no canto de Istambul, cidade de maior importancia pero cunha situación máis excéntrica. Actualmente constitúe unha cidade administrativa e cultural, ademais de turística. Corresponde á antiga Ancira e pertence aos turcos dende o s XIII e foi ocupada polo Imperio Otomano en 1402. Dende 1864 foi capital dun vilayet ata que, en 1923, Mustafá Kemal a converteu na capital de Turquía. O núcleo histórico está formado por un conxunto de rúas estreitas, de difícil circulación, onde se atopan as mesquitas e os mercados ao aire libre. Do seu pasado histórico son testemuños os numerosos monumentos romanos (templo romano de Augusto, termas de Caracalla, columna atribuída a Xuliano) e otomanos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na Anatolia Central (30.613 Km2; 3.235.700 h [1990]). A capital é Ancara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca que adopta o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Comunidade Autónoma de Galicia, limitando xa con Asturias e o Bierzo, en territorio de Castela e León. É un espazo de montaña que xunto á comarca de Fonsagrada, ao N, e a de Quiroga (montes do Caurel) ao S conforman as serras orientais. Correspóndese na súa maior parte co curso alto do río Navia, que discorre en dirección SO-NL. O seu volume demográfico é pequeno: 15.369 habitantes en 1996. Repártense estes nos 907 km2de superficie da comarca, o que supón unha baixa densidade demográfica de 20,4 h/km2(a media galega é de 93,5). Integran a comarca os seguintes concellos: Becerreá (3.987 h), As Nogais (1.738 h), Baralla (3.488 h), Cervantes (2.414 h), Navia de Suarna (2.116 h) e Pedrafita do Cebreiro (1.716 h). Foi unha das comarcas piloto do Plan de Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia. A súa conformación actual está regulada pola lei 7/1996 de Desenvolvemento Comarcal de Galicia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Cordilleira do sector de serras orientais e surorientais de Galicia, tanto polo seu volume coma pola súa altura. Culmina nos 1.978 m de altitude no monte Cuíña ao N, 1.924 m do Mustallar ou 1.969 de Miravalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión Norte, Perú (35.041 km2; 1.006.200 h [1991]. A capital é Huaráz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sílaba que, segundo as necesidades métricas, funciona como longa ou como breve. Denomínase tamén syllaba communis.

    2. Lugar do verso no que pode aparecer unha sílaba longa ou unha breve.

    VER O DETALLE DO TERMO