anca
(< ital ou occit do fránquico*hanka ‘cadeira’)
-
-
s
f
[ANAT]
Rexión anatómica que comprende a parte lateral e posterolateral da zona proxima á extremidade inferior. A anca está constituída por unha estrutura esquelética (articulación da anca ou articulación coxofemoral), unha masa muscular que cobre e move a articulación, xunto co abundante tecido adiposo e subcutáneo, amais da pel que a cobre. Pola anca pasan importantes nervios e vasos que, provenientes respectivamente dos plexos lumbosacros e dos vasos ilíacos, se dirixen á extremidade inferior. A articulación da anca permite movementos de flexión e extensión, abdución, adución, rotación interna e externa, e circundación.
-
s
f
Parte posterior do lombo dos cabalos e bestas de carga.
-
luxación conxénita da anca
[PAT]
Malformación consistente nunha displasia da cela acetabular (que é incontinente), a causa da que a cabeza do fémur perde, durante a vida intrauterina, a súa correcta instalación dentro da cavidade acetabular, luxándose.
-
s
f
[ANAT]
-
s
f
-
[MAR]
Parte exterior do casco dalgúns navíos coa popa arqueada, a banda do codaste, baixo a parte arqueada.
-
[ANAT/MAR]
Membranas externas dos peixes e mamíferos mariños das que se serven para nadar.
Sinónimos: aleta.
-
[MAR]