"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, fillo de Lyonel Feininger. Trasladouse a Alemaña e estudiou arquitectura con Walter Gropius na Weimar Bauhaus (1922-1925). En 1932 exerceu como asistente de Le Corbusier en París. Despois dunha etapa como fotógrafo independente en Estocolmo, en 1939 trasladouse a Nova York e comezou a traballar na axencia Black Star e na revista Life. Dende 1942 foi correspondente de guerra e fotógrafo da oficina de información dos EE UU. Permaneceu en Life ata 1962, ano en que novamente desenvolveu o seu labor como fotógrafo independente. Expuxo a súa obra no Metropolitan Museum of Art de Nova York e na George Eastman House de Rochester. Escribiu The Face of New York (1954) e Die Welt neu gesehen (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mercar ou vender na feira.

    2. Pasear pola feira.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘mercar’ e ‘vender’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos brancos, solubles en auga e alcohol, que se empregan como antihistamínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, probablemente dunha familia de ascendencia leonesa (Sanabria) asentada en Portugal. Activo na segunda metade do s XIII, hai disparidade de opinións en canto aos textos que integran o seu cancioneiro; os únicos con certeza da súa autoría son, ademais da cantiga de amigo “Pero que eu meu amigo roguei”, as oito pezas de amor recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional baixo a correspondente rúbrica atributiva. A transmisión no Cancioneiro da Ajuda de cinco desas oito composicións nunha serie da que forman parte outros sete textos fai pensar que estes pertencen tamén ao mesmo trobador, aínda que unha delas (“A dona que eu vi por meu”) se atribúa nos apógrafos italianos a Airas Veaz. Algúns estudiosos atribúenlle quince cantigas de amor e unha de amigo, amparándose na propia organización de A, así como na unidade semántica das quince pezas amorosas, presididas pola coita e o segredo amoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Doutor en Dereito e catedrático emérito de Xornalismo da Universidade de Vigo. Foi decano da facultade de Xornalismo da Universidad de La Laguna (Tenerife) e de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo. Foi director dos diarios Segre, de Lleida, e Diario Regional, de Valladolid; dos semanarios La Actualidad Española, de Madrid, e Mundo Internacional, de Barcelona; e da axencia Europa Press de Madrid. Foi profesor na Escola de Periodismo do CIC de Barcelona, da facultade de Periodismo da Universidad de Navarra e do Instituto de Estudios Superiores de la Empresa (IESE) de Barcelona. Publicou, entre outros libros, La libertad de prensa en España (1971), Información y mentira (1997) e Cuestiones de teoría general de la comunicación (2001). Foi galardoado co premio da Asociación de Periodistas de Galicia (2000), da Asociación da Prensa de Vigo (2000) e co Premio Nacional Rafael Calvo Serer (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Toledo. Residiu dende 1948 en Mallorca e realizou numerosas exposicións nas Illes Balears. Destacan, entre outros, os murais que fixo para entidades turísticas e hostaleiras de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, fillo de Nicolás Fernández de Moratín. De formación autodidacta, foi secretario de Francisco Cabarrús en Francia e protexido de Manuel Godoy, a quen lle presentou diversos proxectos relativos á necesidade de promover o ensino teatral e a constitución dun Teatro Nacional. Representante do neoclasicismo español, da súa produción destaca La derrota de los pedantes (1789), El viejo y la niña (1790), La comedia nueva o El café (1792), El barón (1803), La mojigata (1804) e El sí de las niñas (1806), textos en que propón unha fonda renovación das estruturas sociais dun país dominado pola forza e o peso da tradición e o inmobilismo. Tradutor de Shakespeare e Molière, tamén escribiu diversos tratados teóricos, como o seu estudo Los orígenes del teatro español, publicado en 1883.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesor titular de economía aplicada. As súas investigacións centráronse na demografía e no estudo do capitalismo transnacional, do desenvolvemento e das finanzas públicas. Foi director do IDEGA (1998-1999). Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego (BNG) trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia (1987), exerceu posteriormente o cargo de vicerrector económico na Universidade Compostelá (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando esta entrou a formar parte do BNG (1994). Coas eleccións locais (1999) en Santiago de Compostela ocupou o cargo de concelleiro de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e foi membro da comisión de goberno. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG, pero dimitiu en outubro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Presidente da República (1882-1885), implantou o ensino laico e obrigatorio e instituíu o matrimonio civil e o divorcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Ramón Fernández-Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (El Escorial 1609 - Bruxelas 1641) Infante, militar e eclesiástico, fillo de Filipe III e Margarida de Austria. Recibiu o capelo cardinalicio en 1619 de mans de Paulo V e, posteriormente, foi nomeado administrador perpetuo do arcebispado de Toledo, prior de Ocrato e abade comendatario do mosteiro de Alcobaça. En 1632, o seu irmán Filipe IV nomeouno vicerrei de Catalunya e despois gobernador de Milán (1633-1634). Trala morte de Isabel Clara Uxía, recibiu o cargo de gobernador dos Países Baixos (1634-1641). Participou na Guerra dos Trinta Anos, na que derrotou os exércitos suecos na Batalla de Nördlingen (1634) e os franceses en Corbie (1636).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Activo durante o s XV, só se coñece unha cantiga da súa autoría, “Do Port and e vou mudar”, copiada no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana co número 387; no lugar correspondente do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, a composición non foi recollida, pero aparece, en cambio, o número 803 coa apostila colocciana “deest”. Trátese dun texto introducido tardiamente nos apógrafos italianos aproveitando o espazo en branco presente no seu antecedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, astrónomo e médico. En 1547 acadou o posto de médico de cámara de Enrique II. Introduciu diferentes termos en fisioloxía e patoloxía e determinou a apendicite e o peristaltismo (1542). Fixo a primeira descrición da endocardite e, á parte dos seus tratados de matemáticas e astronomía, estableceu un novo criterio en medicina tomando como base a medicina de Galeno e a medieval. A súa obra Universa Medicina (1554) é a primeira referencia, clara e específica, sobre a metodoloxía anatómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean Tenenbaum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á rocha que contén sílice.

    2. Aplícase ao lugar ou terreo no que abunda a pedra silícea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Andrea da Fiésole, foi discípulo de Francesco di Simone. Das súas obras destaca o dosel da catedral de Fiésole (1492) e o busto de Marsilio Ficino da catedral de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, filósofo e historiador. Formado en linguas clásicas, estudiou na École Française de Roma (1921) e de Atenas (1922), antes de ordenarse dominicano en 1924. Das súas obras destacan L’Idéal religieux des Grecs et l’Évangile (O ideal relixioso dos gregos e o Evanxeo, 1932), Le Monde gréco-romain au temps de Notre-Seigneur (O mundo grecorromano nos tempos do Noso Señor, 1935) e La Révélation d’Hermès Trismégiste (A revelación de Hermes Trismexisto, 1944-1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo materialista alemán. Estudiou teoloxía en Heidelberg e filosofía en Berlín xunto a G. W. F. Hegel (1824-1826). Membro destacado da esquerda hegeliana, argumentou contra a inmortalidade persoal e a transcendencia de Deus. Propuxo un humanismo naturalista no que a filosofía era ciencia da realidade na súa verdade e totalidade; e no que as ciencias especializadas eran aspectos abstractos do ser humano completo e, polo tanto, o home era o centro do mundo. Anos despois, o seu pensamento evolucionou cara ao materialismo fisiolóxico, aínda que sen desfacerse dalgunha das influencias do idealismo hegeliano, e utilizou a antropoloxía contra a relixión; o home crea a Deus á súa imaxe e semellanza e non ao revés. Mediante esta crítica da relixión, que conduce ao ateísmo, explicou a produción do mundo divino desde a realidade material e inverteu a tese hegeliana. Entre as súas obras destacan Gedanken über Tod und Unsterblichkeit (Pensamentos sobre morte e inmortalidade, 1830) ou Grundsätze...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de coloración característica do ácido desoxirribonucleico que se produce cando se trata, en medio ácido, co reactivo de Schiff, que reacciona co grupo aldehido da desoxirribosa do ADN e toma cor. Emprégase en citoquímica para a localización do ADN en preparacións histolóxicas e para o estudo dos cromosomas.

    VER O DETALLE DO TERMO