"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Barrio residencial de Nova York, en Queens. Ata 1977 celebrábanse nel os campionatos internacionais de tenis dos EE UU. A partir de 1978 pasaron a celebrarse no Flushing Meadow Park.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Contribuíu de forma decisiva ao desenvolvemento do motor de explosión para automóbiles. Patentou un motor de gasolina de 4 ciclos e 4 cilindros (1891) e inventou o acendido por magneto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grande extensión de terreo poboado de árbores.

    2. Foresta que non foi obxecto de actividades humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao bosque ou á foresta.

    2. Produtos que se extraen do bosque para a súa industrialización e comercialización. O máis importante dos recursos forestais é a madeira, cos seus derivados e produtos manufacturados. Malia a importancia económica da industria que utiliza a madeira, esta diminuíu notablemente debido á competencia dos materiais sintéticos, aos metais e ao cemento. Nos últimos anos aumentou a demanda de aglomerados e contrachapados de madeira, así como tamén a do papel e a da pasta de papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director da Real Fábrica de Sargadelos. De orixe inglesa, foi contratado en 1847. O seu período directivo foi un dos máis frutíferos da fábrica no que predominaron os temas románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou os frescos de San Cristovo de Fornas e Santa Baia de Adá (Chantada). En Fornas representou nos muros da capela maior o Prendemento e a Resurrección; e en Adá, a Anunciación no testeiro da ábsida. As súas pinturas caracterízanse polas entoacións rosáceas, polo sentido de profundidade outorgado ás escenas, polos debuxos renacentistas e polas figuras de tamaño natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutorouse en Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Semítica, pola Universidad Complutense de Madrid. Foi bolseiro na Universidade do Cairo (1955 e 1957) e, en 1970, gañou a praza de profesor adxunto de lingua árabe da Universidad Autónoma de Madrid. Desde 1973 é catedrático de lingua árabe e árabe vulgar na Universidad de Granada. Especialista no estudo da cultura árabe, o Islam e Al-Andalus, investigou, sobre todo, a filoloxía e os repertorios biobibliográficos e pertence ao equipo investigador da Escuela de Estudios Árabes, dependente do CSIC. Publicou, entre outros libros, Elencos biobibliográficos arábigoandaluces. Estudio especial de la “Fahrasa” de Ibn ‘A Palatino; ṭ iyya de Granada (1971) e, con Celia Álvarez de Morales, Las Kulliyyāt de Averroes (1987). Ademais cómpre destacar as súas traducións Reglas para la edición crítica de textos árabes (1958), de S. al-Dīn al-Munaŷŷid, La ciudad inicua (1963), do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e político australiano. En 1869 dirixiu unha expedición que atravesou o continente polo interior. Foi o primeiro gobernador de Australia (1890) e ocupou os cargos de primeiro ministro (1890), ministro de Defensa (1901) e de Interior (1903). Escribiu Explorations in Australia (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrato esgazado que cambia de forma moi rapidamente. Ten moi pouca potencia vertical e adoita ser moi transparente e pouco compacto. Acompaña normalmente os nimbostratos cando comeza a chuvia ao pasar a fronte cálida dunha borrasca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Narrador e poeta. Publicou poemas en revistas especializadas como Dorna, A Xanela, Casa da Gramática, Augas verso, Feros Corvos e Lúa Nova, e é autor dos títulos Do amor salgado (Premio O Grelo 1997), Mar de ausencias (Premio de Poesía Francisco Añón 1998, publicado en 2000) e Ese estraño silencio (Premio Avelina Valladares 1997, publicado en 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o pintor que realizou as pinturas murais das igrexas de San Pedro de Frameán (Monterroso) e San Miguel de Moreira (A Estrada). Nas dúas igrexas representou o Lavatorio e a Oración no horto. A falta de dominio do debuxo provocou que as pinturas se caracterizen pola frontalidade. Nos fondos combinou o paisaxístico con formas que imitan os brocados. As figuras caracterízanse pola falta de expresividade dos corpos e pola falta de corporidade das vestimentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. De orixe non galega, foi veciño de Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, o cofre da custodia de San Pedro de Xallas (Negreira), a custodia da capela do rei de Francia na catedral compostelá (1556) e un retablo para Santo Andrés de Xeve (Pontevedra, 1560).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela terrorífica de Mary Wollstonecrat Shelley, muller de Percy B. Shelley, publicada en 1818. O doutor Frankestein dá vida a un ser construído con membros de cadáveres que será odiado e temido por todo o mundo. O monstro, que vén de matar o seu creador, foi coñecido posteriormente polo nome deste. O tema deu lugar a diversas producións cinematográficas, entre as que destaca a de J. Whale (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Autor do poema satírico e moral Bescheidenheit (1229), onde criticou os costumes da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo francés. Entrou en contacto co movemento da escola nova e cos seus promotores. En 1927 creou a Coopérative de l’Enseignement Laïc (CEL) e, en 1948, o Institut Coopératif de l’École Moderne onde puxo en práctica o seu ideal educativo. A través da revista L’Éducateur Prolétarien fóronse estendendo as súas ideas pedagóxicas e as súas técnicas didácticas ao servizo dunha escola popular (ou escola moderna, segundo a súa denominación). De tendencias laicistas e socializantes, defendía unha escola en que o traballo cooperativo autoxestionado e experimental fose a base de todas as adquisicións dos nenos. Técnicas ou actividades que introduciu na escola foron, entre outras, o texto libre, o periódico escolar, a correspondencia interescolar, os plans de traballo semanal, a asemblea de clase ou o uso da imprenta escolar, e o diálogo entre as individualidades e o grupo de referencia. Dende antes da Segunda República e a partir das terras de Lleida estendeuse o número de ensinantes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construciones Navales Paulino Freire SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor estadounidense. Formouse en Boston e Florencia. Destacou como autor de monumentos públicos. Foi autor, entre outros, de The Minute Man (1875) e da estatua sedente de Abraham Lincoln (1922), situada no Lincoln Memorial de Washington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento creado en 1974 para a independencia de Timor Leste. Trala retirada de Portugal e a proclamación de independencia da República pola Frente (1975), Indonesia ocupou a zona, o que deu lugar a un período de enfrontamento armado. A ONU condenou a invasión e en 1999 tutelou un referendo sobre a autodeterminación, que resultou favorable á independencia de Timor Leste. Venceu nas eleccións de agosto de 2001 e o seu líder Xanana Gusmão converteuse no primeiro presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Paquistán (74.522 km2; 17.555.000 h [1998]). A capital é Peshāwar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e escultor. De orixe borgoñona, traballou en Castela durante a segunda metade do s XII, onde introduciu o gótico nacido na Île de France. Por encargo de Afonso VIII fixo a cabeceira e o ciborio da catedral de Ávila (1170?). Na basílica románica de San Vicente de Ávila empregou as bóvedas de crucería con oxivas e esculpiu un apostolado gótico e os sepulcros dos santos Vicente, Sabina e Cristeta. Probablemente traballou na catedral de Zamora.

    VER O DETALLE DO TERMO