"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión do centro de Escocia, entre as Highlands, ao N, e os Uplands, ao S. É a zona máis rica e máis poboada do país. Distínguense dúas zonas, unha parte occidental, moi húmida, con pastos que permiten a cría de bóvidos; e outra oriental, con chairas máis soleadas e cultivos de trigo, avea e patacas. O solo é rico en carbón e a industria desenvolveuse ao redor das concas hulleiras. A cidade máis importante é Edimburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso agostiño. Coñecido como o Cicerón galego e Tertulián español, foi elexido vigair xeral no convento de Nostra Signora delle Grazie (Nápoles). Escribiu Flores Amoenae Eruditionis, Quinque Porticus Moralis Probatiae Piscinae Misticae Sanitatis (1717) e Phoenix Renatus ad Thora Augustinus, sobre a vida de Santo Agostiño (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rafael Lozano Bartolozzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Comezou como director con Retorno a Tagen Ata (1975), primeira película galega rodada no formato profesional de 35 mm. Coa súa produtora Praia Lenta Films recuperou e reeditou en 1980, en colaboración co Museo do Pobo Galego, o documental de Antonio Román El hombre y el carro (1940). Posteriormente realizou os documentais, en 16 mm, Os oleiros (1975), El castaño (1979) e Manzaneda (1979). En 1981 dedicouse á publicidade a través da súa empresa Eloy Lozano Publicidad e, en 1994, realizou a curtametraxe Entrevista, ademais de crear en 1996 o OFF (Ourense Film Festival). En 2000 comezou a rodaxe da súa primeira longametraxe, Belas dormentes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Antón Luaces, colaborou en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e Atlántico Diario. Membro da xunta directiva do Colexio de Xornalistas de Galicia, dirixiu o programa radiofónico Españoles en la Mar, de Radio Exterior de España. Relator e presentador de diversos espacios radiofónicos dedicados á emigración galega, foi director de RNE en Galicia. Recibiu a Vieira de Prata ao programa de maior audiencia en España e o Premio Galicia de Comunicación (1995), ademais de numerosos recoñecementos de asociacións e institucións de emigrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Brión baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano de Gallaecia do convento xurídico Bracarense. Mencionados por Claudio Ptolomeo na súa obra, non foi posible a súa localización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Angola e da provincia homónima, situada na costa do Atlántico (2.555.000 h [1999]). É o segundo porto do país despois do de Lobito. No sector industrial destaca a industria alimentaria, azucreira e cervexeira, de artículos manufacturados e de cemento. Tamén ten refinería de petróleo. Fundada polos portugueses en 1576, durante tres séculos foi un centro de exportación de escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Angola (2.418 km2; 2.022.000 h [estim 1996]). A súa capital é Luanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Zambia, afluente pola esquerda do Zambeze (640 km).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Zambia, situada no centro do estado, entre Kitwe e Ndola (146.275 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Huíla, Angola, situada na vertente meridional do altiplano de Bié (105.000 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político neerlandés. Coñecido como Ruud Lubbers, foi membro do Katholieke Volkspartij (KVP) entre 1973 e 1997. Ministro de Facenda durante o goberno de Den Uyl (1973-1977), foi elixido presidente do grupo parlamentario dos democristiáns denominados Christen Democratisch Appèl (CDA), integrado polo antigo KVP e outros partidos confesionais en 1978. Primeiro ministro entre 1982 e 1993, foi nomeado alto comisionado da ONU para os refuxiados en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo publicitario. Presidente do Club Escuela Vigoglobo, foi un dos primeiros pilotos de globos aerostáticos en Galicia. Ademais de participar na elaboración da Guía do Museo Quiñones de León de Vigo, colaborou nos volumes Viens en Galice (1991) e Camelias para elas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Rosende, afluente do Anllóns, entre Carballo e Coristanco. Por ela pasaba o Camiño Real desde A Coruña a Fisterra. Ten catro arcos, con bóvedas de cantería e o pavimento, de pedra, conserva a fileira no centro característica das pontes medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ares. Foi construída polo abade Trutinio por orde de Afonso II no ano 830. A igrexa que se conserva parece de fábrica posterior, de arredor do s XV cun estilo de transición ao Renacemento. Ten torre cadrada e unha nave, e na ábsida conserva unha bóveda estrelada, con cinco claves cos nervios apoiados en columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lubrica.

      1. Substancia que se emprega para lubricar. Consiste xeralmente en aceite ou graxa mineral (procedente do petróleo), vexetal (de oliva, de colza ou de rícino) ou animal (de castor), pero ás veces empréganse substancias sólidas minerais (talco, grafito), aire ou auga. A súa propiedade máis característica é a viscosidade. A súa variación en función da temperatura exprésase mediante o índice de viscosidade.

      2. lubricante sintético

        Lubricante que se obtén por síntese química e aditivos para mellorar o seu uso. Pode conter aceite mineral para mellorar a mestura. Normalmente os produtos básicos son clasificados en hidrocarburos sintetizados, ésters orgánicos e outros, como o poliglicol ou as siliconas. Os lubricantes sintéticos van desprazando aos minerais derivados do petróleo. Nos motores térmicos, comportan unha redución do consumo do combustible e do aceite á vez que prolongan a vida dos compoñentes do motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, fillo de Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Foi director de ABC (1929) e participou activamente no alzamento do 18 de xullo de 1936. Durante a Guerra Civil Española dirixiu o xornal ABC desde Sevilla. Ao finalizar a contenda foi embaixador en Chile e Grecia. En 1946 foi elixido membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Italia que comprendía os territorios situados entre o baixo Sele, ao N, o Badrano, ao L, e o Sinni, ao S. Colonizada polos gregos, desenvolveuse con esplendor ata que, ao producirse as guerras entre os seus poboadores e os romanos e, posteriormente, as campañas contra Aníbal e Pirro, iniciou a súa decadencia. O nome de Lucania designou oficialmente a rexión italiana de Basilicata entre 1932 e 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO