"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Papa (253-254). Desterrado polo Emperador Galo, trala morte deste volveu a Roma, gobernando o Emperador Valeriano. A súa festividade celébrase o 4 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘domingo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s IV?) Mártir. A súa existencia é dubidosa. Algúns historiadores falan do seu martirio con Diocleciano. A súa festividade celébrase o 23 de novembro.
-
PERSOEIRO
Xesuíta e matemático. Exiliado por Carlos III, residiu en Ferrara e ensinou filosofía e ciencias na Universidade de Camerinok, en Parma e en Cremona. Foi membro da academia de Mantua e publicou diferentes artigos en revistas italianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Punjab, India (1.012.062 h [1991]). Situada nunha rexión de cultivo de algodón e cría de ovellas, é un centro importante de industrias téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior do Eoceno Superior da cunca de París. O nome deriva das facies salobres de Ludes, en Marne (Francia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Ludiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira serie do Silúrico Superior, situada sobre o Wenlockiano e o Pridoliano. A localidade tipo está en Ludlow (Shropshire, Inglaterra).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo o pertencente ao Ludlowiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno compulsivo da conduta que se manifesta por unha tendencia esaxerada a participar en xogos de azar e apostas que poidan proporcionar unha recompensa inmediata.
-
GALICIA
Escritor. Integrante da xeración poética de 1936, foi un asiduo colaborador de publicacións periódicas como o xornal País, de Pontevedra. Militou nas Xuventudes Comunistas Obreiras e, trala guerra, foi correspondente de Radio España Independiente. Nas súas frecuentes viaxes por Francia e diversos países americanos relacionouse coa oposición ao réxime franquista e coa Federación das Sociedades Galegas. Da súa obra, moita dela escrita en castelán a causa da censura, destacan Nacencia. Cuentos y poemas (1950), Vicente y el otro (1968), La noche espera el alba (1971), Un tempo de sol a sol (1971), Non debían medrar (1974), Escolma ferida (1977) e O sol na crista do galo (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de aviación alemá creada en 1926 como resultado da unión da Deutsche Luftrederei, fundada en 1919, e a compañía Junkers de transporte aéreo co nome de Deutsche Lufthansa A.G. Comezou as actividades con voos entre Berlín e Kaliningrad, pero o interese principal da compañía foi o establecemento das liñas con América do Sur e Extremo Oriente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua da familia bantú do phylum níxer-congo que se fala en Uganda e Tanzania.
-
CIDADES
Cidade do cantón de Ticino, Suíza, situada á beira do lago homónimo (25.771 h [1998]). É un mercado agrícola, de froita e tabaco, e gandeiro. Ten industrias mecánicas, téxtiles, alimentarias e de produción de tabaco. Tamén destaca como centro turístico. Pertence á Confederación Helvética desde 1512. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral románica do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Ucraína, situada na rexión de Donbass, na confluencia dos ríos Lugan’ e Ol’khovka (467.356 h [1999]). É un dos centros máis importantes da industria pesada de Ucraína. As construcións mecánicas ocupan aos dous tercios da poboación activa. Entre 1935 e 1958 chamouse Vorošylovhrad, nome que levou novamente de 1970 a 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Ucraína (26.700 km2; 2.706.400 h [estim 1998]). A capital é Lugansk’.
-
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Antonio Machín, deuse a coñecer aos 15 anos e actuou co seu Cuarteto por Europa e EE UU. Alternou a gravación de discos con actuacións en orquestras de baile, en pistas de cabaré e en escenarios de teatro de revista. Dos seus temas máis populares destacan “Dos gardenias”, “Somos novios”, “Madrecita”, “Tengo una debilidad” e “Angelitos Negros”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento dominicano situado en Lugo. Fundado no derradeiro terzo do s XIII, aínda que a construción da igrexa se iniciou en 1303. En 1840 instaláronse as Agostiñas. A igrexa é gótica de planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas. A nave ten cinco tramos e reformouse no s XVII. Destaca a cúpula peraltada da sancristía. En 1642 construíuse o claustro en estilo barroco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo Provincial de Lugo.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lugo. De estilo barroco, foi capela do antigo hospital de San Xoán de Deus. Tralo incendio do hospital en 1878, converteuse en igrexa parroquial baixo a advocación do patrón da cidade en 1893. Construíuse a finais do s XVII, e ten unha soa nave. No retablo maior destaca a imaxe de san Froilán; na fachada, a portada arquitrabada, a fornela coa imaxe de san Bertomeu e o ático coa imaxe de san Rafael. Nos extremos atópanse dúas torres xemelgas formadas polo corpo das campás e rematadas con cúpulas e bólas.
VER O DETALLE DO TERMO