"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lugo. Pertenceu ao antigo convento de San Francisco, instalado no interior do recinto amurallado no s XV. De estilo gótico, ten nave única, planta de cruz latina e tres ábsidas poligonais. Sufriu danos por causa dun incendio no s XVII e trala invasión napoleónica. Foi restaurada e na fachada destaca a gran portada oxival, a fiestra do corpo superior e a torre do campanario de planta cadrada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Lugo. Pertenceu ao antigo convento de Santiago, fundado no s XIII. Coñeceuse como a igrexa de Santa María a Nova para diferenciala da catedral, tamén baixo a advocación de santa María. Reconstruíuse no s XVIII en estilo neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baños públicos situados en Lugo. Construíronse entre os ss I e II, e se catalogaron dentro dos edificios termais menores, situados en pequenas poboacións ou campamentos militares, que carecen da magnificencia das grandes termas. Consérvanse os restos do apoditerium ou vestiario, constituído por dúas salas colindantes cun vestíbulo común, realizadas en cachotería de lousa e cubertas cunha bóveda de canón corrido. O caldarium ou sala de baños quentes conserva o acceso a través dun arco de medio punto. Tamén se conservan algúns elementos externos pero vinculados ao edificio como un pozo de agua quente, duns 2,5 metros de altura, feito en cantería de xisto e un muro de contención cara ao Miño. Foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e dramaturgo. Foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do s XX. En 1885 fundou en La Habana A gaita gallega, o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. En 1916 participou na Irmandade da Fala da Coruña, foi membro do Seminario de Estudos Galegos e foi cofundador e presidente (1934-1935) da Real Academia Galega e do sindicato Solidaridad Gallega. Como membro do consello executivo do Partido Galeguista, formou parte da comisión redactora dos estatutos da organización e do anteproxecto do Estatuto de Autonomía (1932). Participou tamén na posta en marcha da Escuela Regional Gallega de Declamación, a primeira compañía teatral en lingua galega, coa que estreou algunhas das súas pezas máis destacadas. Da súa produción destacan Soidades (1894), Noitebras (1901), Versos de loita (1919), Ardencias (1927) e As Mariñas de Sada (1928). Como dramaturgo é autor de dramas rurais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor surrealista, ilustrador e escritor, fillo de Manuel Lugrís Freire. Na súa formación resultou especialmente importante a figura da súa nai, Concepción González Varela, pianista, quen o introduciu no mundo da música, moi presente na súa pintura (Sinfonía en mar maior, 1971; Gaiteiro, 1972). O seu nome e os seus antecedentes pitóricos débellos ao seu tío, Urbano González Varela, e o escritor Francisco Tettamancy Gastón representou para el unha grande amizade e a influencia dentro do mundo literario. Na década de 1930, a cabalo entre Santiago de Compostela e Madrid, comenzou a súa andaina como debuxante e pintor de decorados, colaborando no teatro de títeres das Misións Pedagóxicas. Na capital española fixo grandes amizades (Rafael Dieste, Lorca ou Alberti) e frecuentou o Museo del Prado. Na década de 1940 trasladouse a Vigo, onde traballou case exclusivamente durante ese período (Berbés, 1943) e onde comenzou a despuntar plenamente como artista. Os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Urbano Lugrís González. Realizou estudios de náutica e reflectiu nas súas obras o seu interese polo mar. A súa obra partiu do surrealismo para desembocar nun realismo minucioso caracterizado polo grafismo e polo coidado do debuxo. Creou un mundo imaxinario e fantástico, con obxectos reducidos a símbolos ou inexistentes. A súa obra está presente en diversas coleccións galegas e destaca Interior de galería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xoti de Luis, foi membro dos grupos A Carón, A Galga e Gruporzán. Realizou obras de estilo postimpresionista cunha paleta de cores cálidas e co emprego da mancha solta. Foi autor de diversos murais na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, filósofo e psicólogo. Doutorouse (1902) na Universidad de Madrid e, en 1904, acadou a cátedra de instituto, ano en que se incorporou ao Instituto de Soria, pero pouco despois trasladouse ao Instituto de Ourense onde deu clases de psicoloxía e lóxica. A partir de 1914, desenvolveu o seu labor docente en Toledo ata que en 1919 pasou ao Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. Opositou, sen éxito, contra Ortega y Gasset para acceder á cátedra de metafísica da Universidad de Madrid. Integrado no grupo de galegos de Madrid, con Basilio Álvarez e Portela Valladares, desde 1915 vinculouse ao grupo Estudios Gallegos. Compaxinou a docencia con continuas viaxes ao estranxeiro para completar a súa formación pedagóxica e didáctica, e estar informado das renovacións educativas europeas. Tasladouse a Lovaina, Bruxelas e París (1899-1910) para realizar estudios superiores de filosofía como bolseiro da Universidad de Salamanca, e, como bolseiro do estado, a Leipzig e Jena (1909-1911). Polo R D...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Turena (1368-1392) e de Orléans (Luís I, 1392-1407), segundo fillo de Carlos V de Francia. Foi rexente por mor da demencia do seu irmán Carlos VI. Loitou contra a oposición do duque Filipe II de Borgoña e do seu fillo Xoán I de Inglaterra que aspiraban ao trono de Francia. Os seus costumes frívolos fixérono impopular, o que aproveitou Xoán I de Inglaterra para asasinalo. Esta morte provocou a guerra entre o Condado de Armagnac e o de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1830-1848) e duque de Orléans (1793-1830). Exiliouse en 1795 e volveu a Francia con Luís XVIII. A Revolución de 1830 proclamouno rei e decantouse polas formas de poder autoritarias. Protexeu os políticos fieis á súa persoa sen facerse cargo do progreso da ideoloxía republicana e socialista, nin dos problemas sociais e económicos. A protesta republicana de 1848 pola represión provocou a súa abdicación, seguida da proclamación da Segunda República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta italiano, fillo de Fernando Gonzaga, marqués de Castiglione. A lectura de frei Luís de Granada influíu na súa relixiosidade e, aos 17 anos renunciou aos seus dereitos como herdeiro e ingresou na Compañía de Xesús (1583). Morreu contaxiado polos enfermos de peste aos que asistiu en Roma. Na iconografía viste sotana negra e roquete, e leva como atributo persoal unha azucena, un crucifixo ou unha coroa sobre un cranio. O Papa Bieito XIII canonizouno (1726) e proclamouno patrón da mocidade. A súa festividade celébrase o 21 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ludovico Pío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Nápoles (1382-1384) e conde de Provenza (1382-1384), fillo de Xoán II de Francia. Durante a minoría de idade do seu sobriño Carlos VI de Francia, exerceu a rexencia. Investido como rei de Nápoles polo Papa Clemente VII, intentou derrotar a Carlos III de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Flandres, Nevers e Rethel (1322-1346). Derrotou os flamengos en Cassel (1328), coa axuda do seu sogro, Filipe IV de Francia. No comezo da Guerra dos Cen Anos (1336), ordeou o peche do comercio con Inglaterra, o que provocou unha gran crise económica e a insurrección dos cidadáns. Fuxiu a Francia e morreu na Batalla de Crécy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ludovico Pío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Holanda (1806-1810), irmán de Napoleón I. Casou coa filla da súa muller Xosefina, Hortensia de Beauharnais, e foi nomeado rei de Holanda. Abdicou polo seu desacordo co bloqueo continental e exiliouse en Austria e Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 804? - Frankfurt 876) Rei dos francos da marca oriental e de Baviera (817-843) e de Xermania (843-876), fillo de Ludovico Pío. Aliouse co seu irmán Carlos o Calvo, para loitar contra o outro irmán, Lotario I, a quen derrotaron en 841. Polo Tratado de Verdun definiuse a división do Imperio e gobernou Xermania. As revoltas dos seus fillos obrigárono a dividir o territorio en ducados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (titular entre 1386-1389 e 1400-1417 e efectivo entre 1389 e 1400), conde de Provenza, duque de Anjou e de Maine (1384-1417) e fillo de Luís I de Anjou. Durante a súa minoría de idade, ocupou a rexencia a súa nai María de Blois. En 1390 casou con Violante de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (877-879), fillo de Carlos o Calvo. Encabezou unha rebelión contra o seu pai (862) e trala súa morte recibiu Neustria, Borgoña, Lorena e Provenza. Loitou pola coroa imperial pero morreu antes de participar nos acordos para a elección do novo emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Nápoles (1417-1434), conde de Provenza e duque de Anjou (1417-1434), fillo e sucesor de Luís II de Anjou. Aínda que foi apoiado por un grupo anxevino para a consecución dos seus dereitos en Nápoles, Afonso V de Aragón e os seus partidarios impediron o seu triunfo.

    VER O DETALLE DO TERMO