"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor checo. Iniciou a súa carreira no ano 1931. Dirixiu a Orquestra Filharmónica Checa (1950-1968) e a Sinfónica de Toronto (1969-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo aos devanceiros.

    2. Persoas que viviron nun tempo anterior con respecto á persoa que constitúe a referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponte Caldelas baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tivo lugar no verán do 825 en Anceu (Ponte Caldelas). Nesta batalla enfrontáronse as tropas cristiás de Afonso II o Casto coas musulmanas de Abd al Rahman II, dirixidas por Mälik e Al-Abäs -irmáns da estirpe dos Quraisies-. Os obxectivos das forzas musulmanas centráronse en atacar o territorio galaico, procurando a conquista da zona lucense para acadar así unha superficie de dominio que impedise as comunicacións e contactos entre Asturias e Galicia. Partindo con cadanseu exército, Mälik de Coimbra e o seu irmán de Viseu, ascenderon pola costa seguindo a vía romana que cruzaba o Miño por Tui, para tomar logo unha secundaria que se dirixiría a Lugo polo interior. A batalla debe situarse nun contexto máis amplo caracterizado pola independencia do Emirato de Al-Andalus, que procuraba ampliar os seus dominios cara ao N peninsular (Batalla de monte Cubeiro, de Araba, etc), no mundo islámico, e a integración e consolidación da monarquía galaico-astur. De feito, a ameaza real que supuxo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘Castela’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de anchear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ampliar a dimensión menor dunha cousa, facéndoa máis ancha, agrandándoa.

    2. Estar máis ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘castelán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta misioneiro, civilizador e pedagogo. Chegou a dominar a lingua tupí, da que publicou a primeira gramática en 1595 e un vocabulario. Promoveu a fixación do núcleo de poboamento que se convertería na cidade de San Paulo (1554) e asistiu á fundación de Río de Xaneiro (1565). Deixou escritas varias pezas teatrais escolares en tupí, latín e portugués, como o Auto de São Lourenço, consideradas as primeiras manifestacións literarias brasileiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extenso en anchura, que ten unha anchura considerable.

    2. Que presenta unha grande extensión; espacioso, cunha amplitude suficiente e sobrada.

    3. Que amosa satisfacción ou fachenda.

    4. Que non é estreito, que non está apiñado.

      1. Anchura.

      2. A dimensión máis curta dun obxecto.

      3. A máis pequena das dúas dimensións dunha figura plana calquera que forma ángulo recto coa máis grande ou lonxitude.

      4. ancho de banda

        Capacidade de transmisión de datos de xeito simultáneo a través dunha conexión entre aparellos electrónicos e, particularmente, dunha liña dun servizo de comunicacións que depende entre outros factores da tecnoloxía empregada e non só do soporte físico.

      5. ancho de vía /

        Distancia que existe entre as caras interiores das cabezas dos raís da vía.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extenso en anchura, que ten unha anchura considerable.

    2. Que presenta unha grande extensión; espacioso, cunha amplitude suficiente e sobrada.

    3. Que amosa satisfacción ou fachenda.

    4. Que non é estreito, que non está apiñado.

      1. Anchura.

      2. A dimensión máis curta dun obxecto.

      3. A máis pequena das dúas dimensións dunha figura plana calquera que forma ángulo recto coa máis grande ou lonxitude.

      4. ancho de banda

        Capacidade de transmisión de datos de xeito simultáneo a través dunha conexión entre aparellos electrónicos e, particularmente, dunha liña dun servicio de comunicacións que depende entre outros factores da tecnoloxía empregada e non só do soporte físico.

      5. ancho de vía /

        Distancia que existe entre as caras interiores das cabezas dos raís da vía.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bocarte desangrado e adobado con sal, que pode ser envasado posteriormente cuberto de aceite. Ten grande importancia económica dentro da industria conserveira galega e son consumidas en forma de filetes ou de pasta, en ensaladas, entremeses, aperitivos e outros pratos. Tamén se emprega para encher olivas.

    2. bocarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Estado de Alasca, nos Estados Unidos, ao carón do Cook Inlet (226.338 h [1990]). Centro comercial que explota os recursos naturais dos arredores, e mineiro. A economía, sen embargo, baséase principalmente nas actividades de defensa gobernamental (bases aéreas militares). É tamén unha escala aérea para os voos, vía polar, que unen os Estados Unidos con Europa e Asia oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecha de area na praia de Covas, na marxe O da ría de Viveiro, na parroquia de Covas, concello de Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión en relación ao espacio.

    2. Dimensión xeométrica que se opón á lonxitude.

    3. Dimensión horizontal que se opón á altura.

    4. Dimensión que se opón á lonxitude e á altura, nunha figura de tres dimensións.

    5. Dimensión que se opón á lonxitude e á altura tomando en conta a perpendicular de quen a observa.

    6. Medida dun obxecto en canto ao seu diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das boraxináceas ao que pertencen as buglosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitos anos, referido a un home ou a unha muller.

    2. Persoa de moitos anos.

    3. Nome dunha dignidade ou función de goberno, principalmente colexial. No Antigo Testamento designaba os personaxes importantes da comunidade israelita, especialmente os membros do Sanedrín. Na primitiva igrexa, empregado xeralmente en plural, aplicábase ás autoridades locais, se ben o termo non tiña o sentido xerárquico que se lle atribúe actualmente á palabra presbítero. Entre os calvinistas designaba os membros do consello presbiteral.

    4. Dentro do Xudaísmo é a locución empregada para designar a Deus na literatura apocalíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou estado das persoas de idade avanzada, dos anciás.

    2. Período da vida no que unha persoa é considerada anciá.

    3. Calidade ou estado do que é antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación da organización política, económica e social da monarquía francesa anterior á Revolución do 1789. Foi empregada nun primeiro lugar polos revolucionarios franceses para indicar o cambio radical que pretendían acometer; durante a Restauración os lexitimistas recuperaron este concepto. Posteriormente, designou situacións análogas en diversos países europeos anteriores aos réximes liberais. A historiografía galega actual incorporou este concepto baixo a denominación de Antigo Réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos doce escudos sagrados, dos que un caera milagrosamente do ceo. Eran obxecto de veneración na antiga Roma, onde administraban o seu culto os sacerdotes salios.

    VER O DETALLE DO TERMO