"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Editorial fundada en 1942 en Barcelona polo grupo da revista que levaba o mesmo nome. Dende 1996 forma parte da editorial Planeta. Especializada na edición de obras de autores da posguerra, divide a súa produción en castelán nas coleccións: “Áncora y Delfín”, “Clásicos contemporáneos”, “Ensayos Destino”, “Obras varias”, “Grandes libros ilustrados”, “Arte”, “Destinolibro” e “Biblioteca Destino”. En 1946 comezou a publicar obras en catalán nas diversas coleccións: “El Dofí”, que desde 1969 inclúe o Premio Josep Pla, “L’Ancora”, “El Trident” e “Sunion”. Convocou a primeira edición do Premio Nadal en 1944. Galardón que lle foi concedido a Álvaro Cunqueiro con Un hombre que se parecía a Orestes (1968) e a Alfredo Conde con Los otros días (1991). Tamén presenta o Premio Destino-Guión e, desde o ano 1981, o Premio Apel.les Mestres de literatura infantil e xuvenil ilustrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de destituír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de destruír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación de anhídrido sulfuroso que se emprega na conservación do zume de froitas, sobre todo da uva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción mediante a que se elimina un ou máis grupos sulfónicos dunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación do xofre e dos seus compostos, como o ácido sulfídrico ou sulfuros orgánicos, que están contidos no gas natural e nos derivados do petróleo. Este proceso é necesario debido ás propiedades corrosivas dos compostos sulfurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desvalorizar ou desvalorizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desvertebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desviar ou desviarse.

    2. Camiño que colle unha dirección diferente á do camiño ou estrada principal.

    3. Comportamento ou conduta que se aparta do que se considera normal, especialmente dende o punto de vista social ou sexual.

    4. Ángulo que forma a agulla náutica co meridiano magnético.

    5. Disposición dos carrís nunha bifurcación que supón o cambio de vía dos trens, de xeito que o tren marchará tan seguro pola vía desviada coma pola vía dereita. A posición das agullas, que se poden mover lateralmente para unir os carrís ou para separalos, determina que o tren vaia por unha ou por outra vía.

    6. Efecto que causa a masa metálica dunha nave na agulla imantada do compás.

      1. Termo utilizado en estatística que serve para designar que un dato, curva estatística ou elemento, non concordan co termo medio ou coa maioría.

      2. desviación estándar/típica

        Raíz cadrada positiva do valor da variancia dun conxunto de n datos estatísticos x 1 , x 2 ,...,x n . Represéntase normalmente por σ, e é unha media da variabilidade dunha distribución ao redor da media aritmética x.

      3. desviación media

        Esperanza matemática en valor absoluto da diferencia entre unha variable aleatoria e a súa mediana. Se a mediana de n medidas da variable x é x~ entón a súa desviación media é


        FORMULA

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a afastarse dos principios políticos recoñecidos por un partido. O termo empregárono, sobre todo, os partidos de orientación marxista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de desvincular ou desvincularse.

    2. Lexislación complementaria das leis desamortizadoras españolas do s XIX, pola que se puxeron en circulación os bens vinculados á nobreza (morgado) e se abolían os señoríos xurisdicionais. As primeiras vendas de terreos vinculados producíronse en 1798 e 1799, pero non foi ata as Cortes de Cádiz que se decretou a abolición dos señoríos xurisdicionais (6.8.1811). As medidas anuláronse co regreso de Fernando VII, pero durante o Trienio Constitucional, un decreto (11.10.1820) desvinculou os morgados, e unha lei (3.5.1823) confirmou o decreto de abolición dos señoríos de 1811. Durante a rexencia de María Cristina confirmáronse as medidas: lexislación sobre morgados (1836), real orde do 2 de febreiro de 1837 e lei do 26 de agosto do mesmo ano (abolición dos señoríos). A desvinculación non implicaba a expropiación, senón que permitía que se puxeran en venda as propiedades antes vinculadas. Isto deu lugar a importantes transferencias de terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desvirtuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que a textura vítrea dun vidro natural ou artificial ten tendencia a adquirir unha textura cristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de detectar.

    2. Desmodulación que se realiza mediante un detector.

    3. Descubrimento da presenza dunha unidade naval, terrestre ou aérea, realizada a través de medios de observación como o sonar, que utiliza os dispositivos de ondas acústicas ou ultrasonoras, e o radar, que utiliza as ondas electromagnéticas ou a través da captación dos sons emitidos polo obxecto detectado. Os sensores, elementos de detección automática, desenvolvéronse de forma importante.

    4. Rexistro de información relativa á superficie da Terra por técnicas que non requiren un contacto real co obxecto ou área a estudiar. Lévano a cabo xeralmente avións ou satélites. Estas técnicas inclúen a fotografía, imaxes infravermellas, radar e imaxes multiespectrais. Emprégase, sobre todo, en cartografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de deter ou deterse.

    2. Medida cautelar de natureza persoal que limita a liberdade individual dunha persoa coa finalidade de poñela a disposición xudicial. Pódena executar particulares, forzas de seguridade do Estado ou as autoridades xudiciais. Considérase ilegal unha detención cando se fai sen causa legal ou sen orde xudicial. A maior parte dos países establecen un prazo breve de tempo de detención; pasado este tempo, o detido sae en liberdade ou entrégase á autoridade xudicial. A detención preventiva en España pode chegar como máximo ás setenta e dúas horas. No suposto de detención ilegal, pode utilizarse o procedemento de habeas corpus, que garante a inmediata posta a disposición xudicial de toda persoa que alegue ser detida ilegalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de deteriorar ou deteriorarse.

    2. Evolución dun alimento que o leva a non ser aceptable para o consumo humano. A inadecuación para o consumo pode deberse a reaccións puramente químicas entre os seus compoñentes, a reaccións catalizadas polos mesmos enzimas, a unha proliferación de microorganismos, a unha contaminación por insectos ou por roedores ou a unha perda da textura característica polo cambio no contido da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de determinar ou determinarse.

    2. Cousa que se decide facer.

    3. Actitude de quen é firme á hora de decidir facer algunha cousa.

      1. Proceso mediante o que os organismos tenden a un determinado desenvolvemento por un camiño específico.

      2. determinación celular

        Proceso mediante o que unha célula indiferenciada comeza especificamente un camiño de diferenciación entre todos os posibles para ela.

      3. determinación embrionaria

        Proceso polo que as células e os tecidos embrionarios se desenvolven nunha dirección única para constituír no organismo adulto unha determinada clase de células e de tecidos.

      4. determinación sexual

        Conxunto de distintos procesos biolóxicos que conducen á distinción sexual entre machos e femias nunha especie. Na maior parte dos seres vivos, a diferenciación sexual ten unha base xenética na que existen tres sistemas básicos. No sistema XX-X0 os machos presentan dous tipos de espermatozoides. Uns posúen un cromosoma sexual (X) e outros non (0). Cando un espermatozoide que porta o cromosoma X fecunda o óvulo, o resultado é unha femia (XX) e no caso de ser fecundado por un espermatozoide sen cromosoma sexual, o resultado é un macho (X0). No sistema XX-XY existen dous cromosomas sexuais distintos denominados X e Y. Os dous sexos presentan igual número de cromosomas e dous deles sexuais; as femias teñen dous iguais (XX) e os machos dous diferentes (XY). Os óvulos portan sempre o cromosoma sexual X, mentres que os espermatozoides poden levar o cromosoma X ou o Y. Os zigotos poden resultar machos e femias en igual porcentaxe (50%). Este é o sistema que presenta a especie humana, con 44 cromosomas...

      1. Relación entre dous elementos gramaticais, un dos cales, o determinado, depende doutro, o determinante. Deste xeito, en a casa de Pedro, por exemplo, Pedro forma parte dunha frase preposicional de Pedro que, como conxunto, determina a casa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de destestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de detonar.

    2. Reacción de transformación dos explosivos detonadores, autopropagada e extremadamente rápida, na que a onda presión-temperatura avanza a velocidades comprendidas entre 1.000 e 9.000 m/s. A detonación pódese iniciar por impacto mecánico, fricción ou aumento de temperatura, e ás veces vai precedida por un período de deflagración.

    3. Son metálico localizable na culata do motor, producido por unha chispa de ignición nos motores de acendido por chispa e que identifica unha combustión anormal da mestura. Este fenómeno pode estar producido por unha excesiva taxa de compresión do motor, pola baixa octanaxe do combustible utilizado, por un sobrequentamento ocasional da culata ou por un excesivo avance do acendido. Unha solución é reducir a taxa de comprensión, aínda que se reduce tamén a potencia do motor; outra solución é aumentar o poder antidetonante do combustible, aínda que fai aumentar a emisión de residuos contaminantes. Os sistemas modernos de acendido electrónico poden xeralmente evitar este problema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que un topómino chega a converterse en nome común.

    VER O DETALLE DO TERMO