"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Deporte orixinario da India, onde se practicaba xa no s XVII co nome de poona. En 1873, o duque de Beaufort, que o practicaba na súa residencia de Badminton, deulle a regulamentación definitiva. Os partidos poden disputarse entre dous contrincantes ou dúas parellas, en pistas divididas en dúas partes por unha rede de 1,55 m de altura. Os xogadores utilizan unha raqueta semellante á do tenis, cun mango máis longo e máis fino; en lugar da pelota golpéase un cacho de corcho ou goma de forma semiesférica, coa sección plana rodeada de plumas (voadora ou shuttlecock). Nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 o bádminton entrou no programa oficial. Os países do subcontinente indio (India, Paquistán, Bangladesh) manteñen a hexemonía mundial, malia que os primeiros campións olímpicos foron holandeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, ao NL de Sevilla (3.173 h [1996]). A súa economía é de base agrícola e ten industrias derivadas dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expele mal olor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os dinosauros do xénero Bagaceratops.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos protoceratópsidos, propios de finais do Cretáceo, de ata 1 m de lonxitude, co corpo groso, cola longa e patas sólidas, con cinco dedos nas anteriores e catro nas posteriores. Na parte posterior do cranio presenta un rebordo óseo e un corno pequeno no medio do fociño. Non ten dentes na parte superior do bico. Os xacementos máis importantes deste xénero atópanse en Mongolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado militar asinado en Bagdad en 1955 entre Turquía e Iraq para loitar contra os grupos kurdos. Ao adherírense Paquistán, Irán e Gran Bretaña, converteuse nun tratado de seguridade rexional. Con motivo da revolución de Iraq (1958) e a retirada deste país, o tratado quedou sen valor. No mesmo ano, EE UU adheriuse ao novo tratado derivado do anterior, Central Treaty Organisation (Organización do tratado central, CENTO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tallador. Comezou como escultor, traballando no coro de Santa María Novella en Florencia (1491-1496). Foi primeiro mestre de obras da Catedral de Florencia (1507-1515). Outra das súas obras, o Palacio Bartolini-Salimbeni de Florencia (1517-1520), influído por Raffaello Sanzio e Sangallo o Novo, provocou grandes controversias xa que se afastaba da tradición de Brunelleschi ao intercalar fornelos entre as fiestras, que estaban coroados por frontóns curvos ou triangulares. Outras obras florentinas súas son os campanarios da Igrexa do Santo Espírito e de San Miniato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castaña que se solta do ourizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Yildirim ‘raio’

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomano (1481-1512). Fillo e sucesor de Mohamet II. Emprendeu desafortunadas campañas contra os mamelucos de Exipto (1485-1491) e despois contra Hungría (1492-1495); sen embargo, tomou Lepanto (1499) aos venecianos, que se converteu entón nunha base militar otomana. En 1512 os xenízaros obrigárono a abdicar a prol do seu fillo Selim I (1512).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e membro da Pleiade. Cultivou unha poesía de ton academicista: Les amours de Méline (Os amores de Méline, 1552); L’amour de Francine (O amor de Francine, 1555), no que seguiu o modelo petrarquista, e Mimes, enseignements et proverbes (Mimos, ensinos e proverbios, 1576). Reformou a métrica francesa e cultivou o teatro: Brave (Bravo, 1567). Fundou a Academia de Poesía e Música (1570).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto dramático co que Roberto Vidal Bolaño gañou en 1980 a oitava e última edición do Concurso Nacional de Obras Teatrais en galego Abrente, que convocaba a Asociación Cultural homónima co gallo da celebración da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. A obra, que confirmaba as expectativas xeradas por un dos autores máis significativos da denominada Nova Dramaturxia, marca o inicio da madureza dramatúrxica do seu autor e indica as liñas que constitúen o que se vai ir configurando como un “teatro de derrota e dignidade”, despoxado de todo idealismo e quizais tamén de calquera esperanza. A peza constrúese a partir de seis baileretadas que constitúen, en realidade, as seis estacións dun viacrucis gozoso no que os derrotados da vida saúdan e abrazan a morte como única posibilidade de vitoria e como última defensa da súa dignidade, sen deixar de facer referencia á vella Galicia rural, un mundo que desaparece engulido pola barbarie alienante das cidades e polo poder que alimenta e xustifica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa e mosteiro situado na parroquia de Baíñas (Vimianzo). O antigo mosteiro medieval, de orixe descoñecida, foi fundado durante o episcopado de Sisnando I, bispo de Compostela. Tivo o título de abadía ata o ano 1417, data na que foi anexionado ao cenobio de San Pedro de Fóra de Santiago, por privilexio do arcebispo don Lope de Mendoza. En 1487 converteuse en priorado de San Martiño Pinario. Actualmente é igrexa parroquial. Das súas antigas dependencias só se conserva o templo de estilo románico avanzado, datado no primeiro terzo do século XIII; destaca a ábsida, de planta rectangular, cun arco triunfal apuntado e dobrado que descansa en capiteis troncocónicos con decoración vexetal moi xeometrizada. No exterior son notables as arcadas de medio punto que se dispoñen entre os contrafortes da capela. Nos beirís dos tellados da nave consérvanse numerosos canzorros decorados con figuras humanas. O tímpano da porta norte decórase coa figura dun xinete, de formas moi bastas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Formouse no Massachusetts Institute of Technology. Foi profesor da Universidade de Harvard, traballou en Los Alamos (1943-1946) e foi o director do ensaio da primeira bomba atómica. Inventou o espectrógrafo de masas que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Constitución de Baiona

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instalación portuaria situada no litoral da cidade de Baiona, sede de capitanía marítima. Acolle unha flota pesqueira dedicada á pesca de baixura, e posúe ademais peiraos para a ancoraxe de embarcacións deportivas, capítulo no que é un dos principais portos de Galicia. A súa oferta comercial abrangue todos os servicios de abastecemento (combustibles, efectos navais, etc) e reparacións para buques de pequeno calado e de recreo. A administración do porto de Baiona correspóndelle á Xunta de Galicia a través da sociedade Portos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preceptoría de Gramática outorgada polo Rei Filipe II o 14 de setembro de 1591. Nun principio o concello de Baiona defendeu que a preceptoría debía unirse ao convento franciscano da vila, cun soldo de 20.000 marabedís, pero finalmente decidiu confiar o ensino a profesores da súa designación. No ano 1595 a cátedra apareceu vinculada ao convento franciscano. A duración da preceptoría na vila foi curta, pero o ensino quedou garantido, xa que o convento de San Francisco contaba cunha escola e unha cátedra de artes. No s XVIII constatábase no convento a existencia dunha escola de Gramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Ao longo da súa vida reuniu unha importante colección de animais norteamericanos. Foi profesor da Universidade de Nova York e director do Museo de Historia Natural de Nova York. Entre as súas obras cómpre sinalar A history of north american birds (Unha historia das aves nortemericanas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o grito de independencia que marca o comezo do alzamento definitivo en Cuba (23.2.1895). As concesións ofrecidas polo goberno español no mes de xaneiro non convenceron os secesionistas que, liderados por Martí, decidiron iniciar a loita para abolir o réxime colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha cidade ibera, chamada Baetulo en época romana e correspondente á actual Badalona.

    VER O DETALLE DO TERMO