"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Representante do clasicismo francés, compuxo poemas, relatos en verso e pezas dramáticas. Da súa produción destacan Egléoch Annet (1800) e Den vackra bederskan (A bela pregaria). Foi membro da Academia Sueca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Leopoldo/Leopoldina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Margrave de Austria. Fundou santuarios e mosteiros como o de Santa Cruz de Viena (1127). A súa festividade celébrase o 15 novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico, rei de Xermania e de Bohemia, arquiduque de Austria (1657-1705), rei de Hungría (1655-1705) e segundo fillo e sucesor de Fernando III. Tentou ampliar os dominios patrimoniais na área danubiana, en detrimento de Turquía, e loitou coa Francia de Luís XIV pola preeminencia en Europa. Despois da derrota do exército turco que asediou Viena (1683), ocupou a chaira húngara e Transilvania, ao tempo que promoveu a Alianza da Haia e a Liga de Augsburgo contra o expansionismo de Luís XIV. O enfrontamento con Francia culminou na Guerra de Sucesión Española, onde sostivo as pretensións á coroa do arquiduque Carlos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Austria e Estiria (1308-1326), fillo do duque Alberte I. Coñecido tamén como Leopoldo VIII, en 1308 recibiu as posesións de Suabia e de Alsacia. En 1314 foi derrotado polos suízos en Morgarten.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bélxica (1831-1865), fillo do duque Francisco de Saxonia-Coburg-Gotha. Rexeitou a coroa de Grecia, a causa do desacordo coas potencias (1830) pero ao ano seguinte aceptou a de Bélxica ao obter o apoio do Congreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico, rei de Xermania, de Hungría e de Bohemia (1790-1792) e primeiro gran duque de Toscana (Leopoldo I de Toscana, 1765-1790), segundo fillo de Francisco I e de María Tareixa I de Austria. Á morte do pai recibiu Toscana, onde aplicou as doutrinas do despotismo ilustrado e promoveu numerosas reformas, para facer máis eficiente a administración e desenvolver a economía. Designado emperador á morte do seu irmán Xosé II, restableceu o dominio austríaco en Brabante e en Liexa (1790-1791). Resolveu as diferencias xurdidas con Prusia por motivo de Polonia e asinou a Paz de Sistova cos turcos en 1791.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bélxica (1865-1909) e da colonia do Congo Belga (1885-1907). Sucedeu o seu pai, Leopoldo I, e co apoio de Reino Unido seguiu unha política de neutralidade en Europa. En 1876 fundou a Asociación Internacional Africana, que organizou e explotou economicamante o Congo en beneficio do rei. En 1908 cedeu a colonia a Bélxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Toscana (1824-1848 e 1849-1859), fillo de Fernando III e neto do Emperador Leopoldo II. Soberano liberal, concedeulle unha constitución aos seus súbditos, pero en 1848 tivo que fuxir trala instauración dun goberno provisional republicano. Restablecido no poder coa axuda de Austria, foi expulsado definitivamente en 1859.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da República Democrática do Congo. Ten 2.400 km2 de superficie e comunica co lago Kasai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Austria (1358 -1386), fillo de Alberte II. Encargouse do goberno dos dominios austríacos co seu irmán Alberte III, e no reparto de Neuberg quedou cos ducados de Estiria, Carintia e Carniola, co Condado do Tirol e o Landgraviato de Alsacia. Morreu combatendo os suízos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bélxica (1934-1951). Sucedeu o seu pai Alberte I e en 1939, iniciada a Segunda Guerra Mundial, declarouse neutral. Rendeuse despois da invasión alemá (1940) e foi suspendido nas súas funcións despois da guerra, polo que se estableceu en Suíza (1945). Un plebiscito permitiulle volver a Bélxica (1950), pero en 1951 foi obrigado a abdicar no seu fillo Balduíno I de Bélxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica que deriva de Leudbald ou Leudbold, composto de *liut- ‘pobo, xente’ e *baltha- ‘audaz, coraxudo’. Para a forma feminina presenta a variante Leopolda e o hipocorístico Chedas. Utilizaron moito este nome duques e arquiduques da casa de Austria ou de Habsburgo (ss XII-XVIII), emperadores de Austria como Leopoldo I (1640-1705) e Leopoldo II (1747-1792), reis de Bélxica (ss XVIII-XX) como Leopoldo I, II e III ou san Leopoldo de Austria (1073-1136). Na iconografía viste indumentaria real, ás veces con manto de armiño e coroa ducal na cabeza, e leva como atributos un estandarte coas armas de Austria e unha maqueta de igrexa ou de mosteiro, e outras veces está rodeado de 18 nenos (os seus fillos). A súa festividade celébrase o 15 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da cidade de Kinshasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos ascomicetos, da familia das helveláceas, que presenta un receptáculo frutífero xelatinoso irregular e de cor verde. En Galicia está presente a especie L. lubrica durante o outono e o inverno en brañas, marxes de regatos e bosques húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica, que deriva posiblemente de Leuba ‘amado’ e gild ‘ter valor, valente’. Este nome medieval está probablemente na raíz de variantes como Novexildo, de onde proveñen os topónimos Novexil e Novoxil. Presenta a variante Novaxildo. Levaron este nome o rei visigodo Leovixildo e san Leovixildo (s IX). A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (573-586). Gobernador da Hispania Citerior, en 572 iniciou a conquista dos dominios bizantinos en Bética. Enfrontouse cos suevos, tentou impoñer unha monarquía peninsular hereditaria, e asociou ao trono os seus dous fillos, Recaredo e Hermenexildo ao tempo que desprazou á nobreza. Volveu unificar a relixión arredor do arianismo, pero a maioría seguiu sendo católica. En 582, o seu fillo Hermenexildo sublevouse contra el, converteuse ao catolicismo e autonomeouse rei. As conquistas de Sevilla e Córdoba puxeron fin á rebelión de Hermenexildo (583), que foi executado en Tarragona en 585. Aceptou a submisión e o xuramento de fidelidade do rei suevo Eborico en 583, pero despois da sublevación que depuxo a este monarca realizou unha nova expedición contra o reino suevo en 585 e derrotou o usurpador preto de Braga. Trala súa vitoria o territorio suevo foi gobernado por un conxunto de duques que se ocuparon de reprimir un intento de sublevación ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe mozárabe. Converteuse en Córdoba en discípulo de santo Euloxio. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos leptostráceos.

    2. Crustáceo da orde dos leptostráceos.

    3. Orde de crustáceos malacostráceos, da superorde dos filocáridos, de pequeno tamaño (ata 12 mm), co corpo provisto de oito segmentos abdominais e recuberto dunha cuncha bivalva. Habitan na zona litoral. Comprende algunhas especies, entre as que está a Nebalia bipes, común no Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO