"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha aguia de azul, armada de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é bravo nin ataca e que se deixa domar.

    2. Que é dócil e de carácter non agresivo.

    3. Que se move ou discorre con lentitude e suavidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo acuartelado en cruz: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de ouro, cun grifón de goles; segundo e terceiro cuarteis, en campo de azul, cunha faixa de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador sueco, irmán de Olaf M<nsson. Foi arcebispo de Uppsala (1523), e o triunfo da Reforma en Suecia fixo que se instalara en Roma. Escribiu Historia de omnibus Gotorum Suecorumque regibus (1554) e Historia metropolitanae ecclesiae Upsalensis (1557).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, historiador e cartógrafo sueco, irmán de Jöns Månsson. Foi enviado a Roma por Gustavo I de Suecia (1524). É autor dunha Carta marina et descriptio septentrionalium terrarum (1539) e de Historia de gentibus septentrionalibus (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán. Planeou o ataque acoirazado a través das Ardenas que deu a vitoria a Alemaña sobre Francia en 1940. Conquistou Sebastopol (1942) e foi nomeado mariscal. Fracasou no seu intento de conquistar Leningrado (1942) pero un ano despois, desde Ucraína, parou o avance soviético e retomou Khàrkiv. Foi feito prisioneiro británico (1945-1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia de Xirazga (Beariz). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza tecida de lá, algodón ou fibras sintéticas, de cores diversas e forma xeralmente cadrada, que se usa como abrigo na cama.

      2. Peza de la ou outro material que se lle pon aos cabalos por debaixo da sela de montar.

      3. manta eléctrica

        Aparato que consta de dúas capas de tea entre as que hai unha resistencia eléctrica de baixa potencia, que se emprega para dar calor ao corpo.

    1. Graxa que envolve os intestinos dun animal.

    2. Peixe que pertence aos xéneros Mobula e Manta da familia dos mobúlidos.

    3. Calefactor formado por unha resistencia eléctrica en forma de fíos recobertos dun material illante e resistente á calor e entrelazados de xeito semellante a un tecido, que colocada ao redor dun recipiente (vasos, erlenmeyers, matraces ou embudos) serve para quentar os líquidos que contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mantas.

    2. Individuo do pobo manta.

    3. Pobo indíxena da América precolombina que habitaba na rexión costeira de Manabí. Asentábanse desde o río Chone ata a illa de Chalango, pero nas súas expedicións chegaron ata o N de Perú. Dedicábanse ao comercio e alcanzaron un alto nivel cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de elasmobranquios, da familia dos mobúlidos, de corpo grande e aplanado dorso-ventralmente, con ollos laterais e cola en forma de látego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Irixoa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada no concello de Irixoa. Apareceu citada no s XII co nome de Armentarias. Ten unha soa nave, con ábsida de planta rectangular. Destaca a entrada principal, con tímpano decorado e tendencias oxivais na forma, características que tamén presenta o arco triunfal do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río dos Andes peruanos, afluente do Apurímac. O seu curso ten 620 km de longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lanzar ao aire a alguén que se colocou sobre unha manta sostida por varios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Superior de Belles Arts Sant Jordi de Barcelona, onde perfeccionou o debuxo e contactou cos movementos de vangarda. A partir de 1968 participou nas exposicións ao aire libre, organizadas na praza da Princesa de Vigo. En 1980 instalouse en Vigo para exercer como profesor de debuxo e foi un dos fundadores do grupo Atlántica, co que interveu en numerosas exposicións. Tamén participou nas bienais da Deputación de Pontevedra mentres alternou con exposicións individuais en diferentes cidades españolas. Representou o informalismo expresionista galego e evolucionou cara a composicións máis racionais e frías. Na súa obra distínguese unha primeira época na década de 1960 que se caracterizou por unha abstracción expresionista. A finais da década seguinte abandonou o expresionismo e realizou unha concentración da expresión cunha esencialización das formas, onde chegou á máxima simplicidade, influído polo deseño gráfico. Fuxiu do accesorio en composicións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mantén ben, xeralmente o gando.

    2. Cada un dos cabaleiros que nas xustas ou torneos medievais facían de xuíces durante a loita.

      1. Cada unha das persoas que integran o xurado nun certame literario.

      2. Persoa que pronuncia un discurso en nome do xurado nun certame literario, cultural ou deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ourive italiano. Foi autor dos terrecotte do claustro da cartuxa de Pavia (1464-1466), onde, desde 1473, traballou na fachada co seu irmán Antonio Mantegazza, e con G. A. Amadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formouse en Padua, onde realizou interesantes experimentos coa perspectiva na decoración da capela Ovetari da igrexa dos Eremitani (1448-1451) e no retablo da Virxe da igrexa de San Zeno de Verona. Xenro de Iacopo Bellini, recibiu influencias dos pintores desta familia, reflectidas en La morte della Vergine ou Madonna col bambino. En 1460 foi chamado á Corte de Mantua, onde pintou San Sebastino (1476) e Orazione nell’orto e decorou a Camera degli sposi no palazzo ducale (1472-1474). Tras unha viaxe a Roma (1488-1490), fixo a serie Trionfo di Cesare para Federico Gonzaga, Madonna della Vittoria (1495) e Il Parnaso. Nos últimos anos pintou Cristo morto, estudo de anatomía que representaba un magnífico escorzo e a culminación do seu estilo. Como gravador foi un dos primeiros mestres do Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produto graxo, sólido e homoxéneo, que se obtén ao bater e amasar, con ou sen modificación biolóxica, o leite ou a súa crema. Ten que ter un mínimo dun 80% de graxa e un máximo dun 16% de auga. A crema (ou nata) pode ser ácida ou doce. A batida, que ten lugar nas mantegueiras, permite romper os glóbulos de graxa da crema, que se solidifica formando dúas capas, unha sólida (graxa) e unha líquida (soro). Unha vez aglomerados os grumos de graxa, elimínase o soro e faise un lavado controlado con auga para que non perda aroma, a graxa maláxase para homoxenizala, e despois moldéase e acondiciónase. Tamén convén someter o leite ou a crema a un proceso de maduración por inoculación de cultivos de bacterias lácticas que forman diversos integrantes do aroma da manteiga. Engádense colorantes e antioxidantes, consérvase a baixa temperatura, envásase ou esterilízase. A manteiga é un alimento rico en calorías e vitamina A, e cunha certa cantidade de vitamina D.

    2. Substancia que se obtén ao callar o aceite que se saca da graxa animal, sobre todo da dos porcos.

      1. Nome que reciben distintas substancias alimentarias que teñen un aspecto e unhas propiedades que recordan á manteiga.

      2. manteiga de cacao

        Manteiga que se extrae das bagas do cacao que se emprega en alimentación e pastelería para facer chocolate e tamén na industria farmacéutica e cosmética.

      3. manteiga de coco

        Substancia que se obtén fervendo o coco. Sen purificar, constitúe a copra, que se enrancia facilmente. Refinada, é unha manteiga cun intervalo de fusión entre 23 e 28°C (aceite de coco), que se emprega na fabricación de margarina.

      4. manteiga de palma

        Graxa refinada da polpa da palma de aceite (Elaeis guineensis), que se emprega na fabricación de margarina.

    3. Nome que recibían antigamente distintas substancias análogas, pola súa consistencia, á manteiga. Destacan a manteiga de antimonio (SbCl 3 ), a manteiga de estano (SnO hidratado) e a manteiga de zinc (ZnCl 2 ).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político. Participou na fundación do Partido Galego Social Demócrata, do que foi ideólogo, e da editorial SEPT. Colaborou na refundación do Partido Galeguista, ao que representou na redacción do Estatuto dos 16. Publicou diversos artículos sobre personalidades da cultura galega e diferentes colaboracións entre as que destacan “La Realidad y la esencia: reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Xavier Zubiri” na revista Grial (1964) e “Un home sinxelo do pobo” incluído na obra Manuel Reimóndez Portela na lembranza (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO