"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación superficial da pel que produce un picor intenso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona que se produce e se libera por células nerviosas especializadas. Sintetízase e transpórtase a través dos axóns cara á terminación nerviosa, en que se libera como resposta a estímulos que chegan tamén a través do axón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade de Indiana, EE UU, situada á beira do río Wabash. Xurdiu en 1814-1815 como resistencia da seita relixiosa dos harmonistas, fundada en Alemaña por George Rapp a finais do s XVIII. Robert Owen organizou alí en 1826 unha comunidade socialista que entrou en crise en 1827.
-
PERSOEIRO
Compositor e pedagogo musical suízo. Despois dunha época dedicado ao teatro, en 1853 reorganizou a academia musical de A. E. Choron co nome de Ecole Niedermeyer para formar mestres de capela e organistas. Escribiu misas, motetes e varias óperas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que está relacionada co metabolismo dos esfingolípidos e que comporta un atraso mental. É causada por unha deficiencia no enzima esfingomielinase, o que provoca a acumulación de esfingomielinas no sistema nervioso, o fígado e o bazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Sicilia ? - Roma ?) Virxe e mártir. Confesou publicamente que Xesús Cristo era o verdadeiro Deus. É a patroa de Palermo, capital de Sicilia. A súa festividade celébrase o 10 de novembro aínda que a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que son coñecidos os irmáns pontevedreses Bertomeu García de Nodal (1575-1622) e Gonzalo García de Nodal (?-1621?). Navegantes, encargáronse do descubrimento do estreito de San Vicente e de averiguar a veracidade do descubrimento do estreito de Magallanes, preto de Tierra de Fuego, en 1618. Esta viaxe supuxo a apertura dunha nova vía cara a Filipinas.
-
ILLAS
Illa do Océano Atlántico, situada fronte á costa de Vendée, na rexión de País do Loire, Francia (58 km2; 8.482 h [estim 1980]). Unida practicamente a terra firme durante a marea baixa, vive case exclusivamente dos recursos da pesca e das salinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aquilo que se toma como modelo ou guía por ser o habitual na maioría dos casos.
-
Regra ou conxunto de regras ás que se debe ater unha persoa ou cousa para facer algo.
-
-
Aspecto da linguaxe que introduciu Coseriu partindo da dicotomia de lingua e fala de Saussure. Estableceu a distinción entre sistema, norma e fala. A norma é aquilo do sistema da lingua que se sente como común por todos os falantes. Partindo da fala individual concreta, e nun primeiro grao de abstracción, pódese chegar a coñecer a norma máis comunitaria, os aspectos comúns dos actos lingüísticos considerados nos seus modelos e, de aquí, nun segundo grao de abstracción aspirar a coñecer o sistema da lingua.
-
Normativa ou disposicións que establecen o uso correcto dunha lingua.
-
-
Regra que fixa as dimensións, o deseño, a composición e outras características dun obxecto ou dun produto industrial. Tamén pode fixar o proceso de elaboración.
-
Composición mineralóxica que tería teoricamente unha rocha magmática se todos os equilibrios químicos se realizasen ao longo dunha cristalización moi lenta.
-
Lonxitude dun vector, nos espazos vectoriais de dimensión 1, 2 ou 3 (recta, plano, espazo ordinario). Se o vector está determinado polas súas compoñentes nun sistema de coordenadas ortonormais (eixes perpendiculares e unidades iguais sobre cada eixe), a norma do vector v = (x 1 , x 2 , x 3 )
FORMULA
___________
exprésase así: RvR = √x 2 1 + x 2 2 + x 2 3 . Por medio
______
do produto escalar, é RvR = √v · v.Desta maneira a noción de norma esténdese a espazos vectoriais de calquera dimensión, finita ou infinita. A norma ten as propiedades da distancia, é dicir, é positiva ou nula e satisfai a desigualdade triangular, Rv+... -
Lei que impón tolerar que outros fagan algunha cousa.
-
Regra de conduta emanada de quen está lexitimado para ditala, garantida polo poder coercitivo do estado, que pode impoñer coactivamente o seu cumprimento e sancionar o incumprimento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que probablemente sexa a forma feminina de Norman, nome inglés común antes da conquista normanda, que procede do anglosaxón Northman ‘home do Norte’, ‘noruegués’.
-
SEMANARIOS
Semanario escolar publicado en Ourense a partir de maio de 1943. Cesou ao redor de xuño de 1947. Subtitulado “Semanario del Reformatorio de Menores de Osera”, foi dirixido, redactado e impreso polos propios alumnos do obradoiro tipográfico do reformatorio, e incluíu artigos de deportes e sobre os relixiosos e a vida dos internos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera de Vincenzzo Bellini en dous actos, con libreto de Felice Romani, inspirada na obra teatral homónima de Alexandre Soumet. Baseada no mito de Medea, o drama, protagonizado pola sacerdotisa Norma e o procónsul romano Pollione, transcorre nas Galias durante a época do Imperio Romano. Estreouse no Teatro alla Scala de Milán en 1831 e foi unha das obras destacadas do bel canto do s XIX.
-
-
Que é conforme á norma ou que non se desvía dela.
-
Que segue un estado natural e habitual.
-
Que é algo lóxico tendo en conta a causa que o provoca.
-
-
perpendicular.
-
Aplícase á liña perpendicular á tanxente dunha curva ou ao plano tanxente a unha superficie, no seu punto de contacto. OBS: Tamén se denomina liña normal.
-
-
Aplícase á solución que, en 1.000 ml de disolución, contén un equivalente de soluto.
-
condicións normais.
-
-
-
Calidade ou estado de normal.
-
Nome de equivalentes de soluto contidos en 1.000 ml de disolución.
-
-
-
Relativo ou pertencente á Escola Normal.
-
Alumno que asiste a unha Escola Normal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1913. Subtitulada “Revista decenal. Órgano de los alumnos de la Escuela Normal Superior de Maestros de Santiago”, dirixiuna Francisco Vales Villamarín e editouse nos obradoiros tipográficos de El Eco de Santiago. Publicou un folletón do director da Escola Normal de Santiago de Compostela, Vicente Fraiz Andón.
-
-
Acción e efecto de normalizar ou normalizarse.
-
Cambio de escala que fai que unha suma ou unha integral teña un valor unidade. A normalización acádase, xeralmente, mediante o axuste dunha conta arbitraria.
-
Determinación e aplicación de normas nas características dun obxecto ou dun produto industrial ou na súa elaboración ou fabricación. A normalización dos procesos industriais permite aumentar a produtividade e reducir os custos, mellorar a calidade e aumentar a seguridade.
-
Proceso sociocultural polo que unha lingua se adapta a unha regulación ortográfica, léxica e gramatical. A normalización ou planificación do status supón a elaboración dunhas regras para codificar e modelar un idioma, elaborando unha variedade supradialectal que sexa capaz de ampliar as funcións da lingua para acceder a ámbitos de uso lingüístico ata ese momento reservados a outra lingua. A normalización está destinada, pois, a situar unha lingua respecto doutras no mesmo plano, a abolir unha situación diglósica. É o traballo previo á planificación do corpus, ou normativización no proceso de planificación lingüística. No caso do galego, a de Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983, significou a creación dun marco que garante e regula o proceso normalizador. A normalización do uso do galego comporta unha serie de actuacións que se foron producindo paulatinamente, como son a oficialización da lingua, a súa extensión ao ensino, á administración autonómica, aos medios de comunicación,...
-
-
-
Que ou quen normaliza.
-
Dado un subconxunto S dun grupo G, conxunto Ns formado polos elementos x do grupo que verifican a relación xSx -1 = S.
-
Dado un elemento a dun grupo G, conxunto Na formado polos elementos x do grupo que verifican a relación xax -1 = a. OBS: Tamén se denomina centralizador de a.
-
-
-
Facer que unha cousa sexa ou se volva normal.
-
Fixar algo seguindo unha norma.
-
olverse algo normal.
-
-
PERSOEIRO
Xogador de golf australiano. Coñecido como o gran tiburón branco, debutou como profesional en 1976. Gañou o British Open (1986 e 1993), 66 torneos internacionais e foi subcampión de todos os grandes torneos (Masters, US Open e PGA). Retirouse en 1998.
VER O DETALLE DO TERMO