"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • GALICIA

    Cursou estudios de Bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo. Afeccionado dende a adolescencia á pintura, alternou esta actividade co teatro, o cine, a televisión e a literatura. Participou en varias exposicións colectivas, traballou como actor de cine, teatro e televisión. Actor cos grupos Máscara 17 e Artello onde formou parte do elenco de Almas perdidas (1987). Dende 1990 imparte clases de teatro no Instituto Santa Irene de Vigo e dirixe o grupo Espasmo. En colaboración con Xosé Cid Cabido escribiu a peza teatral Copenhague (1993), Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais en 1992 e posta en escena polo grupo compostelán Uvegá Teatro en 1995 baixo a dirección de Manuel Lourenzo. Achegouse tamén á narrativa, coa publicación en 1995 de Os nerviosos elegantes de Raoul Dufy e en 1996 co relato “Olinda” no colectivo Unha liña no ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ingresou en 1976 en Reforma Democrática e Alianza Popular. Foi senador por Asturias (1982) e deputado tamén por Asturias dende 1986. Trala celebración do VIII Congreso Nacional de AP, foi membro do Cómite Executivo Nacional. No IX Congreso Nacional do PP, foi elixido secretario xeral, cargo no que foi confirmado nos congresos de Sevilla (1990) e Madrid (1993 e 1996). Dende o 5 de maio de 1996 foi Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro da Presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Escribiu numerosos romances, dos que o máis coñecido é Solovej (O rousinol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duodécimo conde de Savoia (1285-1323), fillo de Tomé II e sobriño de Filipe I, a quen sucedeu; foi o fundador da liñaxe de Savoia que reinou posteriormente en Italia. Durante todo o seu goberno loitou contra o Delfinado, co fin de rexeitar as aspiracións ao condado de Savoia do Delfín Humberto. Aliouse con Filipe IV de Francia contra Flandres. Polo seu matrimonio (1272) con Sibila de Baugé converteuse en cuñado do Emperador Enrique VII. Foi investido vigairo real en Lombardía, Príncipe do Imperio e recibiu o condado de Asti. Estableceu como dereito de herdanza da súa casa a sucesión do primoxénito por liña masculina e prohibiu a división dos territorios de Savoia. Foi protector das ciencias e das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dispor o liño en feixes unha vez que secou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da Terra de Lemos, na diócese de Lugo, que comprende as parroquias do concello de Sober.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área produtora do viño do mesmo nome, integrada polas parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol e Santiorxo, no concello de Sober, hoxe incluída na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, cunha superficie de cultivo de 400 hectáreas e cunha produción de 350.000 litros, dos que o 70% son de tinto, e o 30% de branco. O cultivo da vide na Ribeira Sacra foi introducido polos romanos, a principios do s I d C, ao decatáranse da excepcionalidade da localización xeográfica para a produción de viño, na solaina dos canóns do Sil. Para a plantación do viño o traballo foi enorme polo forte desnivel da ribeira, que fixo precisa a gradación dos bancais de pedra para evitar os arrastres e a erosión da pequena capa de solo que tiñan para acadar o encaixamento das cepas cuns mínimos de profundidade. Nesta magna obra, que aínda perdura tras case dous mil anos de historia, traballaron 5.000 escravos trasladados para a mesma dende os complexos mineiros das Médulas e Montefurado. Na Idade Media, viuse incrementado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina vexetal presente nas améndoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor establecido en Vigo. Nos anos oitenta a súa obra baseábase en actitudes expresionistas, pero posteriormente a natureza e a arquitectura pasan a mesturarse sen vontade de esteticismo. Ten a súa obra en coleccións públicas. Foi promotor e comisario da exposición Medievo (1995), no castelo de Soutomaior, onde entre outros estaban, Hernández Pijuán, Nacho Criado, Eva Lootz, Menchu Lamas e Antón Patiño. É fundador e editor da revista Microfisuras, que coodirixe cos filósofos Ignacio Castro, Francisco Jarauta e o pintor Antón Patiño. Escribiron sobre a súa obra entre outros, Miguel Fernández Cid, Antón Castro e Fernández Castro Flórez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi Bispo desta vila belga, frade na illa de Yeu e despois en Tours e Bouges; tamén Apóstolo de Flandres, pois evanxelizou a rexión de Gante e fundou varias abadías. Era moi devoto de san Pedro. A lenda di que estando en Roma pasaba as noites na basílica vaticana; unha vez que o expulsaron dela quedou nas escaleiras, onde se lle apareceu san Pedro para ordenarlle volver á Galia. Tamén se conta del que librou de serpes a illa de Yeu facendo un burato no chan; lenda semellante á de santo Adrián en Galicia e a de san Patricio en Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe de Yeu e Bispo. Foi o evanxelizador de Bélxica e o propagador do monacato tanto na Galia como nos países nórdicos. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín amandus ‘que merece que o amen’. Un antigo Amando sería o que lle daría nome ás terras de Amandi, da Ribeira Sacra, de gran sona polos seus viños; unha vez máis, como adoita acontecer un antropónimo convértese en topónimo. A festa de santo Amando de Maastricht (s VII) celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas, foi Vicepresidente Xeral do Instituto de Estudios de Sanidad y Seguridad Social, Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Facenda e, desde 1990, Secretario Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago frisio, baixo a administración da provincia de Frisia, Países Baixos, separada de terra firme polo Waddenzee. As principais poboacións e centros de turismo son: Hollum e Nes op Ameland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terras altas do altiplano Antártico que flanquean parte do L do continente (2.286 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana fundada en 1885, con domicilio en Nova York. Está especializada no campo da electrónica e das súas aplicacións industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO