"Alicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 418.
-
ENTRADA LARGA
Comunidade Autónoma do Reino de España situada no extremo noroccidental da Península Ibérica. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao O co Océano Atlántico, ao L co Principado de Asturias e a Comunidade Autónoma de Castela e León e ao S con Portugal. Sitúase entre os 43° 48’ e os 41° 49’ de latitude N e os 6° 44’ e os 9° 18’ de lonxitude O. Abrangue unha superficie de 29.574 km2, nos que acolle unha poboación de 2.737.370 h (2002). A capital é Santiago de Compostela.
Xeografía física
O relevo de Galicia caracterízase polo contraste topográfico entre as terras baixas costeiras situadas por debaixo dos 200 m (o 34% do territorio) e as terras máis elevadas do interior. A morfoloxía tamén sofre un marcado contraste entre as chairas elevadas da área setentrional e a sucesión de serras e depresións de orixe tectónica no sector meridional. Unha terceira oposición xeográfica márcaa a litoloxía, na maior parte...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Topónimo e antropónimo procedente da palabra latina Gallaecia. Aínda que se descoñece a súa orixe, parece que está relacionado co xentilicio latino gallus ‘galo’, nome que os romanos lles daban aos celtas. Segundo algúns investigadores vén de gal ‘gando vacún’, raíz composta de ga ‘vaca’ e o sufixo -l; ou talvez do persa gal-le-ban ‘pastor de gando vacún’, ‘nómade’, composto de gal-leh ‘armentío, manda de vacas’ e ban ‘pegureiro’; de feito, os celtas foron tradicionalmente un pobo nómade, que sempre estivo vinculado ao gando vacún. A tribo dos “calaicos” ou “galaicos”
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe descendente do cabaleiro Pedro de Favras, señor de Trastámara, tío do Rei Afonso VII. As súas armas traen, en campo de goles, un castelo de ouro, acompañado de sete vieiras, do mesmo metal, tres a cada lado e postas en pau e unha en punta, e saíndo da torre da homenaxe, unha bandeira de dúas puntas, de prata, coa hasta de ouro; bordo tamén de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de outubro de 1860. Cesou a súa edición o 15 de decembro de 1865. Subtitulouse “Revista universal deste reino”. Fundado e dirixido por Antonio Mª de la Iglesia e editado polo seu irmán Francisco Mª, tentou converterse nunha publicación cultural representativa do Rexurdimento. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Norberto Cascante (nº 1) e nos do Hospicio Principal. A través das súas páxinas promoveu a celebración dos xogos florais e dedicou unha especial atención á literatura medieval e á poesía.
-
SEMANARIOS
Semanario editado a partir do 10 de maio de 1885 en Ferrol. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego. Nos seus artigos tentaba dignificar a lingua galega e Galicia con traballos de F. Añón, Saco e Arce e Andrés Muruais; incluíu tamén contos e poemas, e información sobre prensa galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada na Coruña a partir de xaneiro de 1887. Cesou a súa edición en xuño de 1893. Tivo dúas épocas, a primeira ata maio de 1889 e a segunda que comezou en xullo de 1892. Subtitulouse “Revista regional de ciencias, letras, artes, folk-lore, etc”. Imprimiuse sucesivamente nos obradoiros tipográficos de La Voz de Galicia, de Xosé Míguez Peinó e en La Comercial. Dirixida por Andrés Martínez Salazar, incluíu diferentes artigos nos que defendía o rexionalismo. Ademais, engadiu recensións de obras literarias, historia, etnografía, cuestións de ortografía, contos e refráns.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado en La Habana a partir do 25 de xullo de 1902. Cesou a súa edición o 30 de maio de 1930. Fundado e dirixido por Vicente López Veiga, centrouse fundamentalmente nas actividades das sociedades de emigrantes e incluíu artigos de opinión sobre temas políticos e sociais que afectaban a Galicia. Posteriormente exerceron como directores Constantino de Horta e Xosé Benito Cerdeira. A través das súas páxinas apoiou o movemento de Acción Gallega e as reivindicacións de Basilio Álvarez. No apartado literario, inseriu poemas e narracións de destacados autores galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires a partir de 1905. Subtitulouse “Revista Regional de Ciencia, Información, Literatura, Artes y Protección”. Dirixiuna María A. Vázquez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir de xullo de 1906. Cesou a súa edición en xaneiro de 1909. Subtitulouse “Revista quincenal ilustrada”. Fundada e dirixida por Augusto C. de Santiago, a finais de 1907 pasou a ser propiedade de Xavier Vales, Manuel Vidal e Basilio Álvarez; este último foi o seu director dende novembro de 1908. Saíu a partir duns actos políticos celebrados no día de Santiago de 1906. Incluíu biografías, crónicas de actualidade, información socioeconómica, cultural e política de Galicia e Madrid, e diversos textos literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir do 30 de maio de 1908. Dirixida por Andrés Martínez Salazar, serviu para conmemorar a Guerra da Independencia e o alzamento da Coruña contra os franceses. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ferrer. Contou coa colaboración de destacados intelectuais galegos como Pérez Costanti, Vaamonde Tettamancy, Uxío Carré e Fernández Flórez, entre outros, e incluíu diversas composicións poéticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Ferrol a principios do s XX. Subtitulouse “Boletín rexionalista” e estaba dirixida por Xaime Quintanilla Martínez. Nas súas páxinas tentaba achegar o galeguismo aos obreiros da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario editado a partir do 25 de xullo de 1922. Cesou a súa edición o 15 de setembro de 1926. Subtitulouse “Diario de Vigo”. Dirixiuno inicialmente Felipe Lavandeira que, posteriormente, foi substituído por Valentín Paz Andrade. O seu carácter galeguista e de esquerdas fixo que sufrira unha suspensión do goberno de Primo de Rivera en 1925. Prestou unha atención especial ás noticias de Vigo e Galicia. Ademais de crítica literaria, contos, folletíns e poemas de destacados escritores galegos, nas súas páxinas incluíronse ilustracións de Castelao da serie “Cousas”. Pola súa importancia literaria cómpre destacar a sección “Domingos literarios de Galicia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado na Coruña a partir do 25 de agosto de 1924. Cesou a súa edición o 5 de agosto de 1926. Dirixido por F. Montero Doíztua, incluíu comentarios sobre libros da colección Lar e poemas. Foi substituído por Galicia Gráfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de xuño de 1926. Subtitulouse “Revista del Centro Gallego de Buenos Aires” e foi a substituta do Boletín oficial del Centro Gallego. Dirixírona Luís Seoane (1940-1957), Eduardo Blanco Amor (1957-1965), Xosé Blanco Amor (1967-1970), Xoán Barreiro (1970-1971), Valentín Fernández (1971-1976), Xoán M. Pérez (1976-1978), Alfredo Baltar (1978-1981) e Rodolfo Alonso (1981). A través dos seus ensaios, artigos e documentos tentou servir como elemento difusor da cultura galega e como medio informativo das actividades dos emigrantes na Arxentina. A partir de 1932 abundaron as referencias ao nacionalismo e ao proxecto do Estatuto de Autonomía, así como novidades do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega. A partir de 1979 subliñou a importancia para Galicia da aprobación do devandito Estatuto e ofreceu información sobre as actividades do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Incluíu ademais poemas e contos dos principais escritores e intelectuais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de agosto de 1929 en Montevideo. Cesou a súa edición en xaneiro de 1931. Subtitulouse “Revista del Centro Gallego de Montevideo”. Nos seus últimos números dirixiuna Julio Sigüenza. Substituíu temporalmente á Revista del Centro Gallego. Incluíu composicións poéticas, contos, recensións de novidades literarias e artigos sobre o emprego do galego na universidade, o teatro en Galicia, o galeguismo, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario editado en Ourense a partir do 15 de xuño de 1930. Cesou a súa edición ao redor de 1937. Fundado por Marcial Ginzo Soto, na súa dirección participaron o propio fundador, Ricardo Outeiriño, Antonio López e Xosé Rodríguez. Seguidor das doutrinas políticas de Calvo Sotelo e defensor da relixión católica, centrou os seus ataques nas posturas republicanas e comunistas. Na súa redacción colaboraron destacados escritores galegos como Vicente Risco, Manuel L. Acuña, F. López Cuevillas e Fernández Oxea.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado en Bos Aires a partir do 7 de decembro de 1930. Foi o voceiro da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires. Fundado e dirixido inicialmente por Antón Alonso Rios, sucedéronse no cargo Suárez Picallo, Blanco Amor, Avelino Díaz e Arturo Cuadrado. Tentou converterse en medio informativo da colectividade galega na capital arxentina e reivindicar a emancipación do pobo galego. Incluíu ademais textos de destacados intelectuais galegos, artigos sobre escritores e poesías. Foi o substituto de El Despertar Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir do 25 de xullo de 1932. Cesou a súa edición en xuño de 1933 (nº 10) e reapareceu en outubro de 1934 co subtítulo de “Revista mensual ilustrada”. Dirixiuna Xosé Boullón e contou co apoio da Mutua Gallega Quinta Salud. No seu equipo de redacción participaron o director literario L. Conde de Rivera, Casado Nieto e Salvador García-Bodaño. Incluíu poesías e textos literarios de destacados intelectuais galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de 1943 en México. Cesou a súa edición en 1947. Foi a voceira da Alianza Nazonal-Galega, integrada por políticos e sindicalistas de todas as correntes de esquerdas. Editada inicialmente por Ramón Troncoso, co tempo pasou a mans de Juan García Gómez. Ademais de información política, incluíu pequenas contribucións literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida ao redor de 1946 e subtitulada “Revista de Orientación Antifranquista”. De tendencia comunista, editouse na clandestinidade. Dirixiuna probablemente Gómez Gayoso.
VER O DETALLE DO TERMO