"Bāb" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

  • Especie de chinela mourisca que deixa o calcaño ao descuberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates catarrinos cinocéfalos, de dimensións grandes, que teñen o morro longo e calvo; as mandíbulas son fortes e os cairos moi potentes. Teñen o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. A peluxe é longa e abundante. Os babuínos viven en grupos numerosos constituídos por diversos haréns, cada un destes está formado por un macho adulto, 4 ou 5 femias e os fillos. Os babuínos son omnívoros: aliméntanse de froita, raíces, pequenos réptiles, insectos, etc; cerca das poboacións dedícanse a saquear os cultivos. Corren velozmente e deféndense ben dos ataques dos grandes félidos e do home. Son pouco arborícolas e viven entre rochas nas ladeiras das montañas. Son exclusivos de África. Os babuínos sagrados (P. hamadryas), procedentes de Abisinia, foron domesticados antigamente polos exipcios, que lles tiñan gran veneración e momificábanos.

    1. Cuspe que expele o home e outros mamíferos pola boca.

    2. Choiva mesta e miúda.

    3. Líquido que escorrega pola parte exterior dun recipiente e que pode estar mesturado con restos ou residuos.

    4. Escuma que permanece na praia cando baixa a marea e que normalmente ten residuos mesturados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de babuñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segregar baba algún mamífero.

    2. Chover auga de neve ou unha chuvia fina e espesa.

    3. Escorregar un líquido pola parte exterior dalgún recipiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de François Noël Babeuf que proclama a igualdade política, social e económica de todos os homes: a sociedade debe garantir o dereito que todos os homes teñen a satisfacer as súas necesidades e a gozar dos bens da natureza; os bens teñen que estar postos en común; a terra non é de ninguén; os froitos son de todos; os salarios teñen que ser iguais; o goberno ten que controlar a economía para manter a igualdade, confirmada por unha educación común. Herdeiro do comunismo moralista de Kant, este igualitarismo, sintetizado a finais do s XVIII no Manifesto dos Iguais, de formulación e solucións utópicas, representa non obstante o primeiro intento de converter unha filosofía socialista nunha acción política: o primeiro partido comunista operativo, segundo Marx. Esquecido despois da desaparición do fundador, renaceu como neobabuvismo entre 1830 e 1868 como a última axitación dos xacobinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo cando a chuvia cae miúda sen parar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago das Filipinas formado por cinco illas volcánicas (1.140 km2), situadas no estreito de Luzón. Forman parte da provincia de Cagayán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento brusco, imprevisto e imprevisible da natalidade. Este fenómeno é exclusivo dos países desenvolvidos, e prodúcese polo incremento da natalidade provocado non pola suba da fecundidade natural, senón por razóns sociolóxicas moi dependentes da conxuntura económica, como o descenso na idade media de contraer matrimonio e de ter o primeiro fillo as mulleres ou o aumento do número de fillos por muller. O primeiro baby-boom descrito pola demografía produciuse nos EE UU e na Europa Occidental ao remate da Segunda Guerra Mundial, nun contexto de bonanza económica e reconstrución, respectivamente, manténdose ata o final da década de 1950. No caso español e galego, o baby-boom produciuse na década de 1960 e prolongouse ata os primeiros anos da década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Test aplicado aos bebes e aos nenos en idade preescolar. Explora a motricidade, a linguaxe e o comportamento psicosocial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario residente que lles pode servir de axuda aos internautas que coñezan como mínimo uns rudimentos de inglés. De instalación e utilización sinxelísima, basta con facer clic co rato sobre a palabra que interesa traducir, e proporciona ao instante unha versión en español. O vocabulario é extraordinariamente amplo e ademais ofrece diferentes alternativas de tradución entre as que o usuario poderá elixir segundo o contexto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artiodáctilos da familia dos suidos coñecidos co nome de babirusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore do xénero Adansonia da familia das bombáceas, de ata 20 m de altura, de toro extremadamente groso, que pode acadar os 23 m de diámetro e que acumula grandes reservas de auga durante a época das chuvias. Ten grandes flores brancas que son polinizadas por morcegos. Os froitos (denominados pan de mono) son alongados, coa polpa fariñenta e comestible. Vive nas sabanas da África intertropical e a súa madeira emprégase na fabricación de papel e teas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Síntese de derivados da piridina por condensación de compostos carbonílicos con amoníaco ou aminas, nunha autoclave: A reacción é reversible e produce diferentes derivados da piridina e diversos subprodutos. Descubriuna en 1906 o químico ruso Eugenivic Čičibabin (1871-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO