"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Teórico de cine e escritor. As tres obras fundamentais que dedicou á estética do filme son: Der sichtbare Mensch oder die Kultur des Films (1924), Der Geist des Films (1930) e Der Film (1949). Representan contribucións significativas á teoría universal da arte cinematográfica e tiveron moita repercusión. Ocasionalmente realizou traballos como guionista, entre os que cómpre destacar Abenteuer eines Zehnmarkscheins (1926) e Narkose (1929). En colaboración con Leni Riefensthal realizou o filme Das blaue Licht (1931). Tanto a súa teoría como a súa actividade acusan unha forte influencia marxista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sinólogo húngaro, emigrado a París. Os seus estudios sobre a sociedade chinesa centráronse na permanencia do mandarinato, a estrutura burocrática do réxime imperial e as formas de protesta social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sultán turco de Deli (1266-1287). Chegou ao poder ao se impoñer a un grupo formado polos máis importantes príncipes de Bengala e do Punxab. Foi un gobernante despótico e conseguiu deter a expansión dos mongois cara á India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, discípulo de Jean-Philippe Rameau, e organista da Catedral de Dijon (1748), de Saint-Roch (1756) e de Nôtre Dame (1760) de París. Foi mestre de clavecín de María Antonieta. É autor de dous libros de pezas para clavecín (1748 e 1759), de Noëls formant quatre suites para órgano, e de catro sonatas para clavecín, dous violíns e un baixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Histólogo e embriólogo. Foi profesor de Embrioloxía Comparada no Collège de France. Descubriu os cromosomas politénicos nas células das glándulas salivais das larvas de Chironomus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, catedrático de Gramática Xeral e de Crítica Literaria na Universidad de Madrid. Foi secretario e despois director do Instituto Miguel de Cervantes do CSIC. Ocupouse especialmente da preceptiva e da métrica. É autor de Sistema de rítmica castellana (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Balbinus, nome de familia romana derivado de balbus ‘tatexo’. A lenda di que santa Balbina (s II) era unha virxe romana, filla dun tribuno. Logo de ser curada do bocio polo Papa Alexandre I converteuse ao Cristianismo. Hai quen di que, estando na prisión, o Papa pasoulle arredor da gorxa as cadeas ás que estaba preso. Outra versión asegura que tales cadeas foran as mesmas ás que estivera atado san Pedro. Por esta razón, santa Balbina é invocada para a curación do bocio. A súa festividade celébrase o 31 de marzo; a forma masculina non ten santo pero como antropónimo é moi popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (238) que foi asasinado polos pretorianos despois de noventa e nove días de goberno. Gobernou xunto con Marco Clodio Pupiano. Durante a anarquía militar da primeira metade do s III d C foi un dos representantes da tendencia senatorial en contra da actitude antiaristocrática do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político liberal e escritor. Os seus escritos históricos e políticos Speranze d’Italia (Esperanza de Italia, 1844) e Sommario della storia d’Italia (Sumario da historia de Italia, 1846) influíron moito no Risorgimento italiano. No ano 1848 foi presidente do consello de goberno de Turín; aínda que dende posicións moderadas, loitou a prol da unidade italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Trala súa participación na Primeira Guerra Mundial, converteuse en líder do movemento fascista dos Camisas Negras. Organizou a Marcha sobre Roma en 1922, e en 1923 foi nomeado xefe da milicia fascista. Impulsou a modernización das forzas aéreas desde os seus cargos de subsecretario (1926-1929) e de xefe das Forzas Armadas (1929-1933). No ano 1939 Mussolini nomeouno gobernador de Libia. Comandou as forzas armadas durante as campañas do norte de África na Segunda Guerra Mundial. Morreu cando o seu avión foi derrubado accidentalmente polas propias baterías italianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante gráfica do apelido Valboa, de orixe toponímica. O topónimo Valboa ou Balboa, moi frecuente por toda Galicia en nomes de parroquias ou lugares, formouse a partir do nome común val (procedente do latín valle) máis o adxectivo boa (derivado do latín bona), que presenta xénero feminino, concordando co xénero etimolóxico latino. Este apelido documéntase xa no s XV: “Diego de Valboa” (doc ano 1417 en J. I. Fernández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 158), “Fernan Rodriguez de Valvoa” (doc ano 1420 en Emilio Duro Peña “El monasterio de Santa Marina de Asadur” Archivos Leoneses 54, 1973, p 344), “Diego de Balboa” (doc ano 1454, en Xosé Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros II. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, 1967, p 65). Outra variante deste apelido é Valbón forma na que o adxectivo concorda co xénero masculino...

    2. Liñaxe que asentou a súa casa primitiva no antigo castelo de Balboa, preto de Villafranca del Bierzo. Logo estableceron outras casas en Sarria, Cambados, Cacabelos, Calvos, Fión, San Martiño de Manzaneda e Boborás, partido do Carballiño; fóra de Galicia en León, Murcia, Jaén, Valladolid, Palencia, Madrid e Canarias; espallándose polo resto da Península. Entroncaron con outras ilustres familias galegas como a dos condes de Torre Novaes. As súas armas traen, en campo de goles, un león de ouro que leva na súa pata destra unha espada de prata, e vencido aos seus pés, un  dragón ou serpe alada de sinople. Noutros escudos aparece un león de goles (ou de púrpura), en campo de prata, afogándose en ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de prata, un león rampante de goles, loitando cunha serpe alada ou dragón da súa cor natural, no flanco destro, e un cabaleiro armado, no sinistro, espetando unha espada de prata nas fauces da mesma serpe. Algunha variante representa, en campo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Ao longo da súa andaina pictórica evolucionou desde un expresionismo inicial ata o neofigurativismo, pasando polo informalismo e a abstracción expresiva. Realizou múltiples exposicións, entre outras, na Exposición Nacional de Belas Artes de 1964 e na Magna Exposición de Pintores Gallegos de 1965 en Santiago de Compostela. En 1973 acadou a medalla de ouro no I Certamen Regional Imperio, celebrado na Coruña. Xunto con Gonzalo Rodríguez Mourullo, Ramón Lugrís e Xosé Manuel Beiras, entre outros, formou parte dun grupo de mozos galeguistas que viñan de descubrir Galicia e o Galeguismo, moi activo intelectualmente na Compostela dos anos cincuenta. En 1953 publicou un conto na revista Vamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Barítono. Iniciou na Coruña a súa formación e continuouna na Escuela Superior de Canto de Madrid (1984). Bolseiro pola ACSE, asistiu ao primeiro curso de Interpretación da Música Contemporánea onde traballou as técnicas vocais de vangarda. Ofreceu o seu primeiro recital acompañado ao piano por Maximino Zumalave (1983). A partir de 1986 realiza gravacións para Radio Nacional de España, Radio 2 e TVE. Ademais de participar nas temporadas de ópera (Madrid, A Coruña, Oviedo, entre outras), xunto a figuras da lírica mundial como Alfredo Kraus, Renata Scotto, Teresa Berganza ou Plácido Domingo, interpretou o papel protagonista na estrea da ópera El Secreto Enamorado, de Manuel Balboa e Ana Rossetti (1993) e foi solista no Concerto de Fin de Ano da Orquestra Sinfónica de Galicia (1998). En 1999, baixo a dirección de James Ross, interpretou os Rückert Lieder de Gustav Mahler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e crítico musical. Como crítico, centrou a súa investigación no teatro musical de Occidente e na historia da música española e galega, tema sobre o que publicou a obra 150 anos de música galega (1979), en colaboración con X. M. Carreira. Como compositor, desenvolveu a súa actividade tanto na música de concerto como na escénica e cinematográfica. A súa obra instrumental foi dirixida por mestres de sona internacional, como Helmut Rilling, José Luis Temes ou Maximino Zumalave. Recibiu o Premio Fundación Guerrero pola ópera de cámara Romeo o la memoria del viento (1988), baseada en textos propios e de Álvaro Cunqueiro.
    Da súa produción cómpre sinalar: Invención del día (1990), para piano e orquestra de corda; Dous poemas dramáticos (1992), para soprano e piano, con textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo franciscano de orixe lucense. Foi fundador de varios conventos e preparou o Capítulo Xeral de Tolosa. Foi discípulo de san Boaventura e escribiu unha obra sobre cuestións metafísicas que se atribuíu erroneamente a Duns Escoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico de formación autodidacta e restaurador no Museo Provincial de Lugo. Como deseñador, confeccionou diversos murais e carteis. Non obstante, a súa obra máis coñecida son as ilustracións realizadas para libros, entre os que cómpre destacar Muxicas no espello (1971), Das cousas de Ramón Lamote (1985), Lembranza nova de vellos mesteres (1988), Servando I rei do mundo enteiro (1990), de Paco Martín; Lar (1973), de Neira Vilas; Artusa (1989), de Lois Diéguez; Chirlo Merlo na figueira (1990) e Cinco poemas, de Darío Xohán Cabana; Tabernarios (1992), de Antón Grande e Polavila na Pontenova, de María Ofelia Carnero Vázquez. Tamén traballou a pintura e o esmalte sobre metal, e realizou diversas exposicións en Lugo, Oviedo, León e A Coruña. En 1974,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria panameña que tomou o nome de Vasco Núñez de Balboa, definida como 0,888671 g de ouro, de plena equivalencia co dólar dos EE UU, de igual definición. Foi moeda de prata ata 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asco Núñez de Balboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Tui. Relaciónanse con esta mesma caste os apelidos Balbordo e Balbordeiro. As súas armas levan, en campo de azul, un enxame de abellas.

    VER O DETALLE DO TERMO