"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • Xénero de peixes da familia dos lábridos ao que pertence o chaparrudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e ensaísta inglés. Coñecido polo pseudónimo Wilhelm Nero Pilate Barbellion, exerceu como xornalista a partir dos 16 anos. Posteriormente, interesouse polas ciencias naturais e gañou por oposición en 1911 unha praza no museo de Historia Natural de Londres. Publicou The Journal of a Disappointed Man (O diario dun home desilusionado, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Estudiou fotografía en 1953 no Rochester Institute of Technology con Ralph Hattersley e cursou filosofía e artes gráficas na Universidade de Yale. Realizou ilustracións fotográficas dos produtos químicos Kodak Eastman, publicou para a revista Life e traballou como fotógrafo independente en Nova York e París, onde realizou a serie titulada Widow in Montmartre, influído por Cartier-Bresson e W. E. Smith. Colaborou na axencia Magnum dende 1958 e coa Fundación Guggenheim a partir de 1962. Dous anos máis tarde comezou a dar clases na Escola de Artes Visuais de Nova York. Difundiu os seus traballos en diferentes revistas, como Du, Esquire, Look e Vogue. Nas súas imaxes reflicte a realidade da vida dos guetos de Los Angeles e do Harlem hispano de Nova York, acompañadas de retratos sinxelos e fortes, onde se pon de manifesto a privacidade e a soidade do individuo. Algúns destes traballos apareceron na selección East...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inclinar o corpo cara a adiante apoiando os cóbados nalgún sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. Estudiou na Universidade de Halle, na que se doutorou en 1863, e na de Berlín. Foi profesor en Marienwerder (1864-1866) e na Universidade de Jena, da que foi nomeado emérito en 1912. Destacado indoeuropeísta e comparatista, colocou as bases da sintaxe comparada coa súa obra Vergleichende Syntax der indogermanischen Sprachen (1893-1900). Ademais publicou, entre outras, as obras De infinitivo Graeco (1863), De usu dativi in carminibus Rigvedae (1867), Der Gebrauch des Conjunctivs und Optativs im Sanskrit und Griechischen (1871), Das Altindische Verbum aus den Hymnen des Rgveda seinem Bau nach dargestellt (1874), Altindische Syntax (1888), Grundfragen der Sprachforschung. Mit Rücksicht auf W. Wundts Sprachpsychol. Erörtert (1901) e Synkretismus. Ein Beitrag zur germ. Kasuslehre (1907). Foi membro das academias de Leipzig (1885) e Göttingen (1912), e da Academia de Ciencias de Baviera (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico. Doutorouse en Física na Universität Göttingen e traballou no Kaiser Wilhelm Institut de Berlín. En 1937 trasladouse aos EE UU, onde se nacionalizou en 1945. Foi profesor no California Institute of Technology (1947-1977) e na Vanderbilt University, e membro da Academia Nacional das Ciencias. Destacan os seus traballos sobre a xenética dos bacteriófagos e da mosca Drosophila, sobre a fisioloxía dos sentidos e sobre a teoría cuántica dos enlaces químicos. Recibiu con A. D. Hershey e S. E. Luria o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1969 polos seus descubrimentos en relación cos mecanismos de replicación e a estrutura xenética dos virus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Como ministro de Comercio de Prusia (1848), foi un dos promotores do Zollverein. Foi elixido deputado do Reichstag e presidente da Chancelería (1871), cargo que abandonou en desacordo coa política proteccionista de Bismarck.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio romano consagrado a unha divindade que tiña no seu interior, ou preto del, un manancial ou unha fonte de auga purificadora.

    2. Lugar máis sagrado dun templo onde se venera a imaxe do deus ao que está dedicado o templo.

    3. Recinto que acollía a pía para as purificacións nas primeiras basílicas cristiás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fento de rizoma groso e erecto. Presenta frondes externas estériles -de ata 200 cm de lonxitude e 60 de ancho, cun pecíolo longo acanalado e ancho na base, bipinnadas con folíolos lanceolares, asimétricos e obtusos- e frondes internas fértiles, de cor acastañada, con esporanxios globosos, non agrupados en soros, que cando están maduros se abren lonxitudinalmente en dúas valvas iguais. Habita en ambientes protexidos do frío, moi húmidos e sombrizos, con solos ácidos, constituíndo unha especie típica dos bosques de ribeira. Distribúese pola rexión mediterránea, Macaronesia, Europa, a metade oriental de Norteamérica, oriente de Brasil, sur de África, rexión de Malaia e o occidente da Península Índica. Na Península Ibérica está presente no litoral atlántico e cantábrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitarlle a un neno o envurullo que o envolve.

    2. Desenvolver un obxecto calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén perda o embrutecemento.

    2. Perder o embrutecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desenmeigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome aplicado ao golpe de estado liderado por Napoleón Bonaparte, que rematou co Directorio da República francesa, substituído polo Consulado o día 18 de Brumario do ano VIII (9 de novembro de 1799). O nome de Brumario fai referencia ao segundo mes do ano republicano de Francia, que comezaba o 22 de outubro e remataba o 20 de novembro. Os problemas financeiros, os desastres ocasionados pola guerra contra as potencias europeas, os problemas de orde pública, a lamentable situación da instrución pública, etc, foron os principais factores desencadeantes do descontento popular que foi aproveitado polos conspiradores para poñer fin ao Directorio creado en 1795. Triunfante o golpe, que contou co apoio do exército e de destacadas personalidades da vida política francesa, e coa oposición da maioría dos membros dos dous corpos colexisladores (o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos), creouse unha comisión executiva provisional integrada polo xeneral Bonaparte e os antigos membros do Directorio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do SL de Europa comprendida entre o curso inferior do río Danubio e o Mar Negro, ao NL de Bulgaria e ao SL de Romanía (23.400 km2). Esténdese a ambos os lados da meseta arxilosa de Karasu. Está dividida en dúas partes: o sector N, que corresponde a Romanía, poboado por romaneses, rusos, ucraínos, turcos e tártaros, que viven espallados, e no que destaca Constanţa como centro máis importante; e o sector S, que corresponde a Bulgaria, economicamente máis desenvolvido, sobre todo na agricultura. As condicións climáticas impediron durante séculos a mellora da agricultura, non obstante esas mesmas características favoreceron a gandería, principalmente a cría de gando vacún. Durante o s XX, os avances tecnolóxicos permitiron o cultivo de cereais, viña e follas de tabaco. No s VI a C establecéronse colonias gregas e no 75 a C foi incluída dentro da provincia romana de Mesia. Disputada por búlgaros e bizantinos, en 1396 conquistárona os turcos e en 1417 quedou baixo o dominio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal do Danubio construído en 1949 en Dobruxa, Romanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, un freixo ao natural, do que pendura a un lado, un escudo bandado, e ao outro, unha espada de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán do S de Rusia; é o cumio máis elevado da cordilleira do Cáucaso cunha altitude de 5.642 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Panos ou roupa cos que se envolve un bebé.

    2. Cousa ou conxunto de cousas envoltas con pouco coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que embrutece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de embrutecer ou embrutecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO