"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • Saltos e voltas que se realizan despois de espallar na malla, como divertimento e proba de forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade da vertente francesa dos Pireneos, no país de Béarn (Gascoña, departamento dos Pireneos Atlánticos), situada no val do río Aspe, no Camiño de Peregrinación a Santiago, na vía que, procedente de Toulouse, penetra en territorio español polo porto de Somport e segue cara a Jaca (Camiño Aragonés). Este treito do camiño aproveita a antiga calzada romana que unía o país de Béarn con Caesar Augusta (actual Zaragoza).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calzado que chega máis arriba do nocelo, aberto por diante e axustado por medio de cordóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. É autor do drama Draussen vor der Tür (Na entrada, 1947), onde reflectiu a traxedia da guerra no seu país. O conxunto da súa produción publicouse postumamente en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aranda ou canto superior de cada un dos costados dunha embarcación. Tamén designa o ángulo formado pola cuberta e o costado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño militar e matemático. Atopou un método astronómico para calcular a situación dos barcos e deu a coñecer un círculo de reflexión que leva o seu nome. Participou na medida do grao do meridiano entre Dunquerque e Barcelona. Escribiu, entre outras obras, Mémoires sur le mouvement des projectiles (Memoria sobre o movemento dos proxectís, 1756) e Descriptions et usage du cercle à reflexion (Descricións e emprego do círculo de reflexión, 1778).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño percorrido por un barco entre dúas viradas cando, polo feito de ter vento de proa, ten que navegar de bolina, escorándose, a babor ou a estribor, da ruta que non pode seguir directamente.

    2. irar a nave a un lado e outro sobre os costados e alternativamente para gañar o vento en contra.

    3. Chegar o barco ao punto no que convén facer a virada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bordar.

    2. Labor de adorno que se fai con fío nunha tea, lenzo, ou coiro, normalmente en relevo e con moita filigrana. O bordado a man realízase dispoñendo o tecido de base nun bastidor ou tear e facendo a man as pasadas de agulla. O bordado a máquina faise con máquinas moi semellantes ás de coser, provistas dun bastidor sobre o que se dispón o tecido, que se move manualmente para repasar o debuxo, ou con máquinas de bordar. É unha das artes máis antigas que se coñece. Posiblemente ten unha orixe asiatica. Entre os pobos orientais, cultívase o bordado en Asia Menor, Crimea, Tartaria, Turquestán, China, India, Xapón e Exipto. En América é moi importante a cultura téxtil do Perú pre-inca. A técnica do bordado foi transmitida de Oriente a Europa a través dos países mediterráneos. Actualmente, ten os centros máis importantes en Suíza e en Inglaterra.

    3. Relativo a unha situación ou cousa totalmente satisfactoria.

    4. Operación de facer ornamentos enriba dun tecido de base sensible á acción de certos axentes químicos (ácidos ou álcalis) someténdoo a un tratamento con estes axentes, que o queiman ou o disolven e só deixan o motivo ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que borda.

    2. Fabricante de encaixes de coxíns.

    3. Mesteiral que traballaba a madeira para fabricar pequenos obxectos de decoración, para uso doméstico ou uso militar. Durante a Idade Media os bordadores traballaban ao servizo da igrexa ou da corte. Non foi ata os ss XV-XVI cando se integraron en diferentes confrarías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bordar.

    2. bordado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor portugués. Naceu a bordo do navío Patria, en travesía de Portugal a Angola, onde viviu durante a súa infancia, establecéndose en territorio portugués en 1968. Licenciou en Ciencias Sociopolíticas, e a partir de 1970 adicouse á canción, compartindo vivencias artísticas con outros cantores, paisanos seus, como Jose Afonso. O devir dos acontecementos políticos, convertérono nun intérprete contestatario co réxime fascista que imperou en Portugal ata a Revolução dos Cravos (abril de 1974). As súas composicións, con raíces na música popular portuguesa, reflicten os seus degoiros íntimos, así como a situación do pobo portugués na diáspora. Entre a súa discografía destacan: Madrugada dos trapeiros (1977), Histórias de viageiros (1979), Por este rio acima (1982), Crónicas da terra ardente (1994), e a escolma Atrás dos tempos vêm tempos (1996). Varias das súas gravacións foron premiadas con Discos de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Denominado como Columbano, foi discípulo en París de Carolus Duran. Pertenceu ao Grupo do Leão, escola naturalista que reaccionaba contra a arte oficial. Na súa obra o empastamento domina sobre o debuxo. Abrangueu toda unha época da arte portuguesa. Dos seus retratos salientan os de Antero de Quental, Guerra Junqueiro e Eça de Queirós. Cultivou tamén a pintura de xénero e os grandes murais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e caricaturista. Fundou numerosas publicacións e foi correspondente gráfico de The Illustrated London News nas guerras carlistas españolas. Foi autor tamén de caricaturas satíricas de factura policromada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer un bordado nun tecido.

    2. Unir embelecementos, ornamentos (a unha historia, unha narración, unha peza de música, etc).

    3. Máquina empregada para obter bordados mecanicamente, na que o tecido base vai montado sobre un bastidor vertical que cambia de posición mediante un pantógrafo co que é repasado un debuxo, feito a grande escala, que as agullas fixas, reproducen enriba do tecido. Actualmente, o pantógrafo substituíuse por un sistema de cartóns perforados que comunican o movemento ao bastidor dunha maneira completamente automática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor de idiomas. Catedrático de francés e de italiano, publicou diversas obras entre as que destacan: Gramática italiana (1824), Arte de hablar bien el francés (1848), El inglés sin maestro (1848) e Colección de temas para ejercitarse en la tradución del catalán al castellano (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liñaxe natural de Sarria. As súas armas levan, en campo de sinople, un bordo entre leiras.

    2. Extremo onde remata un obxecto.

    3. Costado dun barco, dende a auga ata a borda.

      1. Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).

      2. bordo abatido

        Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).

      1. Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.

      2. bordo suave

        Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo onde remata un obxecto.

    2. Costado dun barco, dende a auga ata a borda.

      1. Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).

      2. bordo abatido

        Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).

      1. Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.

      2. bordo suave

        Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.

      1. Peza fundamental que bordea o campo do escudo, tendo de anchura a sexta parte do mesmo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar situado polo bordo dunha cousa ou ao seu redor.

    2. Ir polo bordo ou proximidades de algo.

    3. Dar bordadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Escribiu biografías - Villiers de l’ Isle-Adam (1891) - e, sobre todo, novelas, onde defendeu a integridade da familia, as tradicións e a relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou casa onde se exerce a prostitución.

    VER O DETALLE DO TERMO