"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción ou efecto de africar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de aglomerar ou aglomerarse.

    2. Masa ou conxunto de cousas ou persoas aglomeradas.

    3. Parte do proceso de instantaneización que permite conseguir, mediante a humidificación controlada, que produtos que forman gromos ao seren engadidos á auga ou ao leite se disolvan facilmente. É o caso de substancias en po como o cacao, o leite deshidratado, o café soluble, etc.

    4. Conxunto de vivendas compacto e de calquera dimensión. A aglomeración rural é unha unidade de poboación rural agrupada (lugar, aldea); a aglomeración urbana é unha unidade de poboación urbana (vila, cidade). En xeografía urbana resérvase o nome de aglomeración para designar o conxunto formado por unha cidade principal e por outras cidades menores veciñas (Nova York, Gran Bilbao, Golfo Ártabro, Rías Baixas).

    5. Acción de reunir partículas de pequenas dimensións, homoxéneas ou heteroxéneas, en masas, máis ou menos compactas, de maior dimensión, sen facelas pasar polo estado líquido. Casos particulares de aglomeración son a granulación, a nodulación, a compactación, a sinterización e, en termos xerais, a extrusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposibilidade de engulir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de aglutinar ou aglutinarse.

    2. Procedemento polo cal dúas ou máis palabras se xuntan para constituír unha soa; combínanse palabras primitivas e forman palabras compostas, nas que, xeralmente, tivo lugar unha variación, máis ou menos acusada, nos compoñentes das novas palabras. Mediante o proceso da aglutinación, as linguas obteñen novas palabras.

    3. Aglomeración de determinados corpúsculos en suspensión (microorganismos, eritrocitos, etc) portadores dun antíxeno pola presencia, no líquido da suspensión, do anticorpo específico correspondente. Utilízase como medio diagnóstico para identificar microorganismos e para determinar os antíxenos dos eritrocitos e anticorpos presentes no soro.

    4. Aglutinación dos eritrocitos como consecuencia da reacción específica dos aglutinóxenos ante as súas correspondentes aglutininas, que provoca a hemólise.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parentesco de consanguinidade por liña exclusivamente masculina.

    2. Parentesco civil existente entre o pater familias e todas as persoas sometidas á súa patria potestade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao agnato ou á agnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antigamente, aprobación ou recoñecemento dun dereito.

    2. anagnórise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomeo Baglioni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a dirección das correntes mariñas que hai que seguir na pesca ó xeito para evitar que o barco vire cara ao aparello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Influído por Donatello, esculpiu baixorrelevos no Tempio Malatestiano de Rímini (1449), onde colaborou con Leone Battista Alberti. Preconizou a estética de Botticelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación do relevo da terra tendente á formación de superficies planas por acumulación ou deposición de sedimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista cubano. Estudiou leis e uniuse a Céspedes contra os españois (1868). Redactou a primeira Constitución da República Cubana (1869). No 1870 foi o xefe das tropas rebeldes. Morreu en acción de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empeoramento dunha situación, dunha enfermidade, etc.

    2. Aviso con ameaza de excomuñón publicado despois de tres admonicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agregar ou agregarse.

    2. Unión histoxenética de células disociadas.

    3. Reunión de individuos dunha mesma especie nun territorio reducido.

    4. Conxunto de sons verticais que, a diferenza do acorde, non están suxeitos a leis harmónicas tradicionais.

    5. Categoría do profesor agregado.

    6. Unión dunha ou diversas leiras ou dunha ou diversas partes segregadas de leiras inscritas nunha outra tamén inscrita, sempre que esta represente o quíntuplo daquelas ( agrupación). Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agregación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico.

    7. Unión dun municipio a outro co que fai linde na súa totalidade ou en parte.

    8. Fase da hemostasia consistente na aglomeración de plaquetas no foco da lesión vascular. Este feito vén desencadeado polo contacto das plaquetas co tecido endotelial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de agremiar ou agremiarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Conxunto de cousas ou de persoas agrupadas, xeralmente afíns.

    3. Unidade máis pequena na estrutura orgánica dos partidos políticos que reúne os afiliados de base á cabeza da cal se sitúa un secretario xeral ou afín segundo os partidos.

      1. Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión. A súa composición varía segundo as necesidades da acción militar; normalmente ten como base un ou máis batallóns de infantería, aos que se suman unidades de artillería ou carros.

      2. agrupación táctica

        Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.

    4. Modalidade contractual de colaboración entre empresarios que sen crear un ente con personalidade xurídica propia, serve para facilitar ou desenvolver en común a actividade empresarial dos seus membros. A agrupación temporal de empresas é unha fórmula de colaboración que adoita ser empregada polas pequenas empresas do sector da construción para a realización de obras de grande envergadura (infraestruturas de comunicación, edificios administrativos, equipamentos culturais ou deportivos, etc), disolvéndose unha vez rematada a obra.

    5. Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra con número diferente das agrupadas, sempre que se trate de fincas veciñas ou, se son discontinuas, formen unha finca funcional. Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agrupación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico consolidado.

      1. agrupación de municipios

        Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia. Na constitución española de 1978 contémplase esta posibilidade (artigo 141. 3), ao abeiro da cal se teñen constituído en Galicia diversas mancomunidades de municipios para a prestación, financiamento e xestión en común de servicios (en Ferrolterra, en Vigo, no Xallas, no Morrazo, etc) e 53 comarcas segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996).

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída na Coruña o 12 de agosto de 1932, a idea inicial era crear un Frente Único Republicano, pero a repulsa á sublevación do Xeneral Sanjurjo, o 10 de agosto de 1932, provocou o seu urxente nacemento co novo nome. O comité organizador agrupaba a membros como Xesús Mejuto -director de El Noroeste-, Xulio Suárez Ferrín -concelleiro do PRR-S-, César Alvajar -presidente do Casino Republicano e dirixente do PRR-, Xosé García Fernández -concelleiro do mesmo partido-, Xosé María Eirís, Xosé Búa Carou, Eduardo Paredes, Alfredo Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Luís Pérez e Xosé Arias, todos do PRR-S ou do PRR. A Agrupación caracterizábase polo radicalismo político, a defensa da democracia, o laicismo e o desexo de neutralizar politicamente o exército. Preséntanse o 24 de agosto de 1932: “A Agrupación -dicían- vén a ser un estímulo para os gobernos na súa obra política e social de avance, co obxectivo de substituír a revolución que nunca existiu cunha acción cidadá constante e enérxica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1921 na illa de Ons (Bueu). Foi a primeira asociación de carácter económico-laboral que se formou na illa. Organizaba os colonos que se dedicaban exclusivamente a traballos de subsistencia agrícola e á tradicional pesca do polbo. Aparece no período de extensión do sindicalismo mariñeiro de clase en Galicia (1910-1930), e quizais se tivese organizado para defender a economía insular do réxime de explotación privada á que a sometían os donos do arquipélago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída no período anterior á proclamación da Segunda República, foi un núcleo republicano de clara inspiración orteguiana, orientado a garantir e asentar a lexitimidade republicana despois das eleccións municipais de abril do 1931, nun ambiente de clara inestabilidade política. A súa primeira Comisión Directiva estaba integrada por relevantes republicanos vigueses, entre os que destacaron o arquitecto Gómez Román (presidente da Agrupación) e o polígrafo Xerardo Álvarez Gallego. A agrupación de defensa republicana, estivo moi vinculada ao movemento agrarista galego, participando no IV Congreso Regional Agrario (Porriño, 14 de maio de 1932). Os seus obxectivos de reivindicación labrega eran os seguintes: suspensión da lexislación foral existente, ata que o futuro Parlamento da República non regulamentara tal asunto; avogaba pola propiedade individual traballada polo labrego; no devandito congreso agrario defenderon a concentración parcelaria, como resposta ao excesivo minifundismo galego....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral creado no 1917 e que desenvolveu unha grande actividade, creando espectáculos a partir de textos de autores galegos como Xesús Rodríguez López, Manuel Lugrís Freire, Avelino Rodríguez Elías, Leandro Carré Alvarellos, Ramón Cabanillas e Galo Salinas. Xunto coa Agrupación Dramática Gallega e outras agrupacións locais, como o cadro de declamación do Liceo de Bouzas, contribuíron á dinamización cultural do sur de Galicia. Baixo a mesma denominación e, con idénticas finalidades, tamén apareceron colectivos escénicos en Sada, Pontevedra e Ponteareas ofrecendo a mesma oferta espectacular, xeralmente creada a partir de textos da literatura dramática rexionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO