"COU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 304.

  • Primeiro estado e idade do Devoniano Medio, interxacente entre o Emsiano, na base, e o Givetiano, no teito. O estratotipo está en Couvin (Bélxica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Couviniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cartelle. Construída no s XVII, consta dunha nave con cuberta de madeira. Na fachada destaca a espadana dividida en dúas partes. No muro exterior consérvase unha ara romana cunha inscrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero da familia dos anóbidos que se presenta, na fase adulta, como escaravello de corpo cilíndrico de ata 3 mm de cor acastañada escura e, na fase larvaria, como eiruga de cor branca, de cabeza pequena con fortes mandíbulas e patas moi reducidas. As larvas desenvólvense, durante 2 ou 3 anos, na madeira morta, tanto na dos bosques coma na que emprega o home para as construcións. As condicións óptimas para o desenvolvemento larvario son os 22 ou 23°C de temperatura e unha humidade ambiental superior ao 50%. Cando completa o seu desenvolvemento e logo da metamorfose, xa como escaravello, abandona a madeira deixando unha pequena abertura, en forma de buraquiño redondo. Polo mesmo orificio poden saír máis tarde os restos da madeira, logo de pasar polo sistema dixestivo da larva, en forma de po. Os escaravellos, que viven uns 15 días, poñen os ovos en fendas da madeira e, tras un mes, dan lugar ás larvas que inmediatamente penetran na madeira. A especie máis frecuente é Anobium punctatum.

    2. Po que sae da madeira polo buraco practicado por este coleóptero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compositor. Foi coautor, xunto con Modesto Moure, da zarzuela La llama sagrada. A peza foi composta nun acto, catro cadros e un prólogo. Con música de Antonio Silva, estreouna en La Habana no ano 1929 a agrupación Juventud Artística Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello da comarca de Ortegal, incluído dende o 6 de xaneiro de 1850 no de Ortigueira. O primeiro concello de Couzadoiro estableceuse en 1812, ao abeiro da Constitución proclamada en Cádiz. Incluía as parroquias de Ladrido, Espasante, Céltigos, Loiba, San Cristovo de Couzadoiro e San Salvador de Couzadoiro. As vicisitudes políticas da España da época provocaron que a vixencia deste concello, como a de todos os establecidos pola Constitución, quedase subordinada á desta: así, en novembro de 1814 o decreto asinado polo Rei Fernando VII significou a supresión do concello, que foi restaurado en 1820; sen embargo, en 1823 un segundo decreto derrogatorio provocou unha nova supresión. Naquelas dúas primeiras etapas, o concello estaba adscrito ao partido xudicial de Santa Marta de Ortigueira; no plano provincial, ata 1822 pertencía á provincia de Galicia, pero nesa data incorporouse á recentemente creada provincia de Lugo. En 1833, trala morte do Rei Fernando VII, estableceuse definitivamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en San Cristovo de Couzadoiro, no concello de Ortigueira. A súa orixe (s XVI) relaciónase coa liñaxe de don Gonzalo de la Peña e da súa dona María Vázquez. Reconstruído no primeiro terzo do s XX, consta de dúas torres unidas por un corpo menor que se complementan cunha serie de construcións adxectivas exentas, como a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo dunha trabe, dun pao ou dun madeiro longo.

    2. couzoeira.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Emigrou a La Habana (1914) onde fundou a Sociedad Natural de Ortigueira (1928) e a Federación de las Sociedades Españolas de Cuba (1957), e presidiu a Sociedad Artístico-cultural Rosalía de Castro. En 1971 estableceuse en Miami onde fundou a Casa de los de Santa Marta de Ortigueira (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte das portas e fiestras onde van colocadas as bisagras que permiten o xiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. couzoeira.

    2. Peza escultórica castrexa, caracterizada polo remate semicircular cunha abertura central e un espigo que servía para encaixar na parede. Podía empregarse tamén para amarrar o gando. En xeral son pezas non decoradas, pero consérvanse algunhas con decoración xeométrica como as que se atopan en Castromao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Paco Martín publicada en 1985 que conseguiu o Premio O Barco de Vapor (1984), o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria (1985) e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986). Ademais en 1986 formou parte da Lista de Honra do IBBY e en 1988 foi seleccionada para a lista White Ravens da Biblioteca de Múnic. Traducida ao asturiano, castelán, catalán e éuscaro, nela cóntanse, a través de oito relatos nos que se mesturan fantasía, realidade, tenrura, humor, absurdo e certo espírito crítico, retallos da vida de Ramón Lamote Miñato, profesor de chairego e debuxante de soños por encargo que representa unha forma de ser e de entender a vida baixo do seu espírito irónico e retranqueiro. Por medio deste personaxe sábese da chegada do Reparante á cidade, un misterioso ser que fala en chairego antigo e que só esperta cada seiscentos noventa e seis anos, e cómo Lamote intenta avisar o Rexedor. A nova esténdese decontado pola cidade e todos se preparan para a súa chegada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica artística que consiste no recorte de debuxos de papel e na súa aplicación sobre unha superficie para crear unha colaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor belga. Discípulo de G. Douffet e A. Henrard, realizou fontes públicas e escultura relixiosa. Entre as súas obras destacan o Monumento a monseñor d’Attamont na catedral de Gante e Cristo morto na catedral de Liexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París e dirixiu e renovou os conservatorios de Versailles (1931-1941) e París (1941-1954). Escribiu diversas óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO