"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
PERSOEIRO
Escritor e actor. Coñecido como Farruco, especializouse en personaxes galegos. Publicou o poemario satírico Poesías varias (1700) e as compilacións das pezas dramáticas Alegría cómica (1702) e Libro nuevo de entremeses titulado Cómico festejo (1742), que inclúe a peza El cesto y el sacristán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Emigrou a Arxentina e en 1804 ingresou no exército. Participou nas campañas de defensa da cidade de Montevideo e, unha vez que triunfou a Revolución de Maio de 1810, colaborou co xeneral arxentino Carlos María de Alvear no sitio e na rendición da cidade de Montevideo (1814). Posteriormente, viaxou a Carmen del Río Negro, na Patagonia, para loitar contra os partidarios do dominio español e pola independencia arxentina. En 1815 ascendérono a subtenente da IV compañía do batallón II do rexemento número 8, ao mando da que loitou nas batallas de Chacabuco (2 de novembro de 1817) e Maipú (5 de abril de 1818). En 1819 ascendérono a capitán e, pouco tempo despois, nomeárono tenente primeiro co grao de capitán do estado maior da praza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciouse e doutorouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático da Escola Universitaria de EXB de Ourense (1987), profesor de historia contemporánea de España na Universidade de Rennes II (1987-1988) e profesor de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores do Colectivo de Historia Xerminal e impulsor en 1983 das Xornadas de Historia de Galicia de Ourense. As súas investigacións xiran ao redor do galeguismo, do movemento obreiro e da emigración. Colaborou en numerosos xornais e revistas, como El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Diario 16, e foi membro do consello de redacción da revista Grial. Participou na edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao (premio de investigación da Universidade de Santiago de Compostela). Entre as súas obras destacan O nacionalismo galego na Segunda República (1982), O galeguismo na encrucillada republicana (1985), Crise...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Estudiou arquitectura en Madrid. Unha vez instalado en Vigo, asociouse en 1940 con Pedro Alonso Pérez, con quen traballou ata 1988. A súa obra marcou o paso dunha estética próxima ao eclecticismo, dominante na súa época, cara ás novidades técnicas e volumétricas do racionalismo. No seu repertorio destaca o emprego do granito, o uso das balconadas e das cornixas corridas, ademais do gusto pola volumetría das súas fachadas. A súa primeira obra foi o edificio da rúa Marqués de Valladares número 22, na que desapareceu toda ornamentación, grazas á acusada horizontalidade e á separación de ocos do plano de liña de fachada cos beirís. A continuidade coa tradición eclecticista e modernista da época amósase no emprego de bloques de pedra tallados que, para ter continuidade coa arquitectura precedente, acadaron unha grande espesura para producir unha sensación de irrealidade. Esta mesma sensación ofrécea o edificio con chafrán da praza de Compostela número 4-6, no que a fachada, malia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora como articulista en diversas revistas literarias como Luzes de Galicia, Tempos Novos e Fadamorgana, e habitualmente en Atlántico Diario. Publicou os volumes de relatos A outra banda da fiestra (1989) e A canción do náufrago (2001); o relato “Ars amanda” (primeiro premio do Certame de Relatos Cidade Vella, 1990), incluído no libro colectivo Muralla de Crescórnio (1992); e as novelas Amor de cinema (1994) e Play-Back (primeiro premio do Certame de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, 1997), publicada no 2000. En 1999 recibiu o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso, escritor e político absolutista. Formouse en filosofía e teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nunca chegou a rematar os seus estudios. En 1777 foi nomeado cura de Fruíme (Lousame) e, posteriormente, abade en Santiago de Compostela, aínda que sen autorización nin para confesar nin para dicir misa. Como político, durante a Guerra da Independencia, formou parte da Xunta de Defensa de Santiago. Por mor da súa postura contraria á soberanía da Xunta Suprema de Galicia, condenárono en xullo de 1808 a dous meses de arresto no convento de Herbón. En 1821 desterrárono a Canarias xunto con varios eclesiásticos e segrares que foran acusados de preparar unha conspiración absolutista contra o goberno constitucional. Colaborou asiduamente en xornais absolutistas como La Estafeta ou El Sensato. Entre as súas obras, publicadas postumamente, destacan Poesías de D. Antonio Francisco de Castro, cura párroco de San Martín de Fruíme, en el Arzobispado de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Libro que contén un sumario dos principios da doutrina cristiá, xeralmente en forma de preguntas e respostas. A Igrexa Católica publica unha edición oficial na que vai recollendo os cambios que se introducen no seu corpo doutrinal. Este catecismo oficial ten un carácter universal; outras compilacións doutrinais empréganse para a aprendizaxe dos catecúmenos. Xa dende a Alta Idade Media apareceron textos en forma de cuestionario. En Francia tivo unha gran difusión o ABC des simples gens de Gerson, de finais do s XV, e en Inglaterra o catecismo de Colet. A Reforma supuxo unha grande expansión dos catecismos: Lutero publicou o Kleiner Katechismus (1529), para nenos, e máis tarde Calvino e Butzer seguiron o seu exemplo. Entre os católicos os máis destacados foron: Summa Doctrinae Christianae (1554), de Petrus Canisius, e o Catecismo romano (1566), que recollía as conclusións do Concilio de Trento (simplificado no ano 1581). Un dos que maior difusión acadou...
-
Obra que explica algnha ciencia ou arte baixo a forma de preguntas e respostas.
-
Libro que contén un resumo dos principios dunha doutrina.
-
catecismo político
Compendio doutrinal dirixido ás clases populares e empregado, especialmente no s XIX, para divulgar teorías políticas e sociais a través de preguntas e respostas, dun xeito semellante aos catecismos tradicionais da doutrina cristiá. Algúns exemplos, fóra do ámbito galego, foron o Catecismo político para instrución del pueblo español (Cádiz, 1810), o Catéchisme des industriels (1823-1824), de Saint-Simon, ou o Catecismo político (1865), de Rodríguez Valhondo, dedicado aos escolares. Os galeguistas, así mesmo, empregaron os catecismos para difundir as súas doutrinas entre a poboación en diferentes ocasións. La primera luz (1860), de Manuel Martínez Murguía, é un catecismo destinado á alfabetización patriótica no que se resolven cuestións relacionadas coa xeografía, a historia, a relixión e a literatura de Galicia ao longo de vinte temas. Outro destes compendios doutrinais é o Catecismo do labrego (1889), de Valentín Lamas Carvajal, quen expón...
-
-
Ensino elemental da doutrina cristiá, especialmente dirixida aos nenos.
-
Conxunto de principios e puntos básicos dunha doutrina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista infantil ilustrada editada en Santiago de Compostela no ano 1904. Baixo a dirección do P. Urrutia, era un complemento ao labor pedagóxico, que contiña, dende avisos sobre as actividades da catequese, ata artigos de fondo e seccións de entretemento. Atravesou diferentes etapas; a primeira delas rematou no número 76, cando, en 1915, cambiou o seu nome polo de Catecismo de Niños y Niñas. O seu novo director, o P. Luís María Ortiz, apostaba por unha idea máis infantil e lúdica, ao tempo que como poeta e escritor en galego aumentaba a cantidade de colaboracións nesta lingua. Incluíu escritos de J. Barcia Caballero, Julio Alarcón, Juan de Dios Peza, José da Viña e Miguel dos Agros. Tamén insería poemas de Celestino García, Francisca Herrera ou de frei Alfonso Rey. Publicaba dúas seccións; por un lado, “Entretenimientos”, na que había cancións, adiviñas e xogos, e por outro, “Correspondencia”, na que se intercambiaban cartas. En 1917, co traslado de Ortiz para Bilbao, levou con el o Catecismo....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra escrita por Valentín Lamas Carvajal baixo o pseudónimo de Marcos da Portela. Publicouse por entregas dende o 21 de outubro ata o 2 de decembro de 1888 no semanario O tío Marcos da Portela. Parrafeos co pobo gallego (nº 250-256), baixo o título de O catecismo do gallego e posteriormente Catecismo da Doutrina Labrega. Composto polo R. P. M. Fr. Marcos da Portela, doutor en Tioloxía campestre, antes de acadar a súa forma definitiva como libro (1889). En clave satírica exponse a mísera situación do labrego galego do s XIX, sometido ao poder das autoridades administrativas que atentan contra a súa dignidade e se aproveitan dos froitos do seu traballo. O autor parodia o Catecismo de la doctrina cristiana do Padre Gaspar Astete (1599), posiblemente o único texto coñecido por toda a poboación galega cunha estrutura dialogada, que conforma un esquema literario eficaz para dirixirse a un público maioritariamente iletrado. O autor, mediante unha disposición en preguntas e respostas semellante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cartilla bilingüe elaborada por Uxío Carré Aldao que se editou a finais do ano 1907. En outubro dese ano apareceu na revista Galicia Solidaria, voceiro de Solidaridad Gallega, unha convocatoria para elaborar un folleto en galego que difundise no medio rural as ideas da solidariedade social e que sería premiado con cen pesetas. Nese caso, o seu autor cedería todos os dereitos de edición ás sociedades agrícolas de Galicia, que poderían publicalo ilimitadas veces. Non obstante , a falta de orixinais fixo que Uxío Carré Aldao, vinculado á xunta solidaria coruñesa, asumira ese compromiso. O Catecismo solidario tiña, desde un punto de vista formal, moitas similitudes co Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal, e respecto á composición pódense distinguir dúas partes: unha ideolóxica e outra literaria. O ideario que se expresaba neste Catecismo propuña a afirmación da personalidade galega, a eliminación do caciquismo, a realización de estudios económicos sobre a realidade...
-
-
Forma do cristianismo que define a Igrexa Católica romana. É a relixión dos seguidores de Cristo que están en plena comuñón co bispo de Roma (o Papa ou Sumo Pontífice), cabeza do colexio episcopal, sucesor do colexio apostólico. Preséntase como o sistema doutrinal propio da Igrexa Católica, baseada na Biblia, na Tradición e no Maxisterio. Amósase ademais como un pensamento e unha visión das realidades humanas segundo esta mesma doutrina. Os trazos fundamentais que distinguen o catolicismo das outras confesións cristiás son, á parte da autoridade suprema do Papa, a observancia dos sete sacramentos, o sacerdocio xerárquico e a devoción aos santos, especialmente á Virxe María. O catolicismo non é un concepto completamente idéntico ao de Igrexa Católica: o conxunto de ideas e valores constitutivo do catolicismo considérase como unha síntese realizada no entendemento humano en cada momento determinado e, polo tanto, no interior dun proceso histórico. Por iso, presenta unhas características...
-
Calidade de católico.
-
Conxunto dos que practican a relixión católica.
-
Movementos do catolicismo no s XIX que intentaban conciliar a Igrexa Católica coas ideas e as institucións do liberalismo. Os Papas Gregorio XVI e Pío IX rexeitaron as posicións máis extremas deste tipo de catolicismo, como por exemplo as de Lamennais en Francia, que querían converter a Igrexa na inspiradora dos movementos de liberación, mesmo revolucionarios.
-
Movemento social católico.
-
-
PERSOEIRO
Diplomático e político. Foi embaixador español en Constantinopla (1820-1823), Londres (1824), Dresden (1825-1827) e, de novo, Londres (1827-1832). Alternou a política exterior cun breve período como secretario de Estado (1824-1825) pero abandonouna definitivamente o 1 de outubro de 1832, tralos sucesos de La Granja, cando María Cristina lle encargou a formación do novo goberno. Confirmado no cargo á morte de Fernando VII, en setembro de 1833, continuou a súa política encamiñada a manter as institucións introducindo reformas liberais. Martínez de la Rosa substituíno en xaneiro de 1834.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1833 ingresou no corpo de garda de corps. Participou en diversas campañas contra os carlistas, na Guerra de Marrocos e na represión do movemento republicano en Andalucía (1868). Durante a Primeira República nomeárono capitán xeneral de València (1873) e dirixiu as operacións contra os cantonalistas de Cartagena e València. Durante a Restauración foi capitán xeneral en Euskadi, ministro de Guerra (1875-1879), con Cánovas del Castillo, e axudante de campo de Afonso XII, quen lle concedeu o título de marqués de Torrelavega en 1876.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das fabáceas ao que pertence a árbore do amor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Fernández Cerecedo.
-
PERSOEIRO
Crego e avogado. Bacharel en filosofía dende 1783 e licenciado en Leis e Canons en 1801, foi avogado da Real Audiencia de Galicia e abade na igrexa de Santa María de Dodro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e cronista. Estudiou en Salamanca e exerceu como profesor na Universidad de Osuna. Emigrou a México onde foi cronista da capital, cóengo e reitor da Universidad de México. As súas ampliacións e traducións de Fernán Pérez de Oliva, Luís Mexía e Luís Vives publicáronse en 1546 baixo o título de Obras que Francisco Cervantes Salazar ha hecho, glosado y traducido. É tamén autor da Crónica de la Nueva España (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en xerencia hospitalaria pola Escuela Nacional de Sanidad. Foi director xerente do Hospital Juan Canalejo da Coruña, xerente do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid e exerceu como profesor de xestión hospitalaria do Centro Universitario de Salud Pública da Universidad Autónoma de Madrid. Iniciou a súa actividade política nos anos setenta como militante da Asamblea Nacional Popular Galega (AN-PG), a Asamblea Popular Galega (APG) e o Partido Obreiro Galego (POG); foi membro do Consello Nacional de Esquerda Galega e do PSG-EG desde a súa fundación ata 1990, e deputado do Parlamento galego, polo PSdeG-PSOE, na cuarta lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘banco (onde se depositan os cartos)’.
-
PERSOEIRO
Escultor inglés. Foi aprendiz dun tallista en Sheffield e logo ingresou na Royal Academy de Londres. Realizou un gran número de bustos, entre os que destacan os de William Pitt, Sir Walter Scott (1828) e George Canning. Entre outras obras sobresaen Lady Frederica Stanhope at Chevening Church (1824) e a estatua ecuestre de Xurxo IV en Trafalgar Square (Londres, 1828).
VER O DETALLE DO TERMO