"EAT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral que crearon en 1996 no Carballiño a actriz Josi Lage e o actor Jouse García. O colectivo desenvolve un importante traballo de animación teatral en colexios e asociacións culturais da comarca do Carballiño. En 1997 presentaron o primeiro espectáculo Sobre o dano que fai o tabaco, que está baseado no texto de Antón Čekhov, e que o dirixiu Xesús Ron. Tamén estrearon Crimes anónimos (1999), sobre textos de Max Aub, con dirección de Roberto Cerdá, Rexurdimento. Coplas de cego (2000), con texto e dirección de Afonso Becerra, O porqué das cousas (2003), de Quim Monzó, e Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas (2004), de Rodrigo García, dirixidas ambas as dúas por Roberto Cerdá.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir de 1891. Cesou en 1893. Elaborada por Emilia Pardo Bazán, foi unha revista de periodicidade mensual en que a escritora recolleu contos, estudos literarios e feitos da actualidade política e social. Os seus contidos completábanse con notas sobre estreas teatrais e relacións de libros publicados. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La España Editorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Inglaterra, situada en Warwickshire, Reino Unido (118.340 h [1999]). Ten unha tradición de séculos na actividade mineira do carbón, completada pola explotación de depósitos de arxila. Conserva un mosteiro do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concurso teatral convocado en 1972 pola Agrupación Cultural O Facho como celebración do décimo aniversario desta agrupación e co obxectivo de axudar a crear un teatro infantil en galego. Cunha periodicidade bianual, que non se cumpriu entre a VI e a VII edicións (celebradas en 1983 e 1986, respectivamente), este premio constituíu un fito na produción de literatura dramática infantil, que contaba con moi pouca presenza en Galicia. Resultaron gañadoras do premio obras como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares (1973), Viaxe ao País de Ningures, de M. Lourenzo (1975), A benfadada historia de Coitado Bamboliñas, de Xulio González Lourenzo (1977), Viva Lanzarote, de Manuel Lourenzo (1981), Grande invento para saír do aburrimento!, de Ana Mª Fernández Martínez e Xoán Babarro González (1983) ou A estranha e misteriosa história de Otunga e os otunguenhos, de Joel R. Gómez (1990).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado na Coruña en 1965 ao abeiro da Agrupación Cultural do mesmo nome, se ben inicialmente recibiu o nome de Grupo Independente de Teatro, vinculado ao movemento das Xuventudes Comunistas. Foi un dos primeiros colectivos teatrais do teatro contemporáneo galego e un viveiro de actores e directores que terían considerable protagonismo na creación das primeiras compañías profesionais. O seu primeiro director foi Manuel Lourenzo, que presentou diversas lecturas dramatizadas a partir de textos de L. Pimentel, A. Castelao ou Celso E. Ferreiro, e os espectáculos O cabalo do cabaleiro (1965), de Carlos Muñiz ou O Señor Bonhome e os incendiarios, de Max Frisch. Dos seus espectáculos posteriores destacan O Santo Grial (1972), de Nina Epton, con dirección de Xosé Manuel Rodríguez Pampín, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973), sobre o texto de Carlos Casares, O retábulo da peste (1979), con texto de I. Bergman, ou Panchino,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido oleico. Os oleatos dos metais alcalinos presentan propiedades humectantes, deterxentes e emulsionantes e forman parte da constitución da maioría de xabóns comerciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada na década de 1980, que introduciu novas técnicas e habilidades escénicas no panorama teatral galego. En 1993 fusionouse con Tranvía Teatro para dar lugar á compañía Ollomoltranvía. Da súa produción destacan Moleques (1991) ou Fas e Nefas, dirixida por Xan Cejudo (1991)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto fundado en Ferrol en 1951. O seu primeiro presidente foi Jaime López Pérez, e competiu como equipo xuvenil ata 1957. Ascendeu a Primeira División na tempada 1979-1980. Despois de sete anos na máxima categoría, descendeu a Primeira División B. Logrou de novo o ascenso á liga ACB na tempada 1987-1988, onde permaneceu ata 1993-1994. Participou en tres edicións da Copa Korac (1981-1982, 1982-1983 e 1984-1985) e en 1995 cedeu os seus dereitos deportivos ao C.B.Galicia de Ferrol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘páncreas’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica do páncreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao páncreas.
-
-
Enzima do zume pancreático.
-
Mestura de fermentos producidos polo páncreas; os principais son a tripsina, a lipase e a amilase.
-
-
-
Inflamación aguda ou crónica do páncreas.
-
Pancreatite causada sobre todo por litíase biliar ou por alcoholismo, pero que tamén se pode observar despois de intervencións cirúrxicas dixestivas, en casos de hiperlipemia, de hiperparatiroidismo, dalgunhas infeccións, de traumatismos e tras a inxestión de certos medicamentos. Clinicamente destaca por unha dor abdominal intensa, moitas veces irradiada á esquerda e acompañada de náuseas e vómitos. Pode presentar tamén febre, un grao variable de itericia, parálise intestinal e, ás veces, un cadro de choque. As principais complicacións que poden xurdir son os pseudoquistes, os abscesos e a necrose da graxa do tecido subcutáneo. No sangue pódese atopar de forma característica un aumento na concentración de amilases e lipases.
-
Pancreatite producida por causas semellantes ás da pancreatite aguda, pero de curso máis lento, que se manifesta ás veces con accesos agudos (sobre todo a causa do alcohol). Segundo progresa a doenza mingua a capacidade funcional do páncreas, que segrega poucos enzimas, comezan a aparecer esteatorrea e creatorrea, e finalmente instáurase unha síndrome de mala absorción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pancreat(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame radiográfico do páncreas tras a inxección dunha substancia iodada de contraste no conduto de Wirsung.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) e Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.066 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que vai a pé.
-
Obreiro que realiza traballos non especializados, ou que fai de axudante dun oficial, xeralmente na albanelería ou nos traballos do campo.
-
Persoa que está ás ordes doutra.
-
-
Cada unha das 16 pezas do xogo do xadrez, 8 brancas e 8 negras, que ao comezar a partida están situadas na segunda liña. Só se poden mover cara a adiante un cadro, e sempre pola mesma columna, agás cando matan, que o fan en diagonal. Cando un peón chega á oitava liña, pode ser convertido en calquera outra peza, menos en rei.
-
Cada unha das 24 pezas, 12 brancas e 12 negras, do xogo das damas.
-
-
Soldado de infantaría que combatía a pé.
-
buxaina.
-
piarda.
-
arxentina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé métrico da poesía grega e latina, composto por tres sílabas breves e unha longa, que se combinan de xeitos diversos.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo peón.
-
Individuo do pobo peón.
-
Pobo de Macedonia que se refuxiou nos altos vales do Vardar. Foron dominados polos persas e contra o 360 a C invadiron Macedonia e conseguiron unha certa autonomía. Pasaron ao poder dos romanos despois de ser vencidos por Lisímaco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao peón ou viandante.