"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • Conxunto de faragullas ou cousas pequenas e sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida mal elaborada que se adoita realizar con restos doutras comidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (47.788 km2; 245.474 h [1982]). A súa capital é Farāh (19.800 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Coñecido como Antolín Faraldo Malvar, entre 1835 e 1842 realizou o bacharelato en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Academia Literaria de Santiago, a partir de 1843 incorporouse á Diputación Arqueológica Gallega. Entre os anos 1842 e 1845 traballou como redactor nos periódicos El Recreo Compostelano e El Porvenir, e colaborou en Santiago y a ellos e La Situación de Galicia, nos que asinaba co pseudónimo de Abehumeya. Formou parte do grupo de provincialistas que participaron no levantamento progresista de 1846, cando asumiu a secretaría da efémera Xunta Superior do Reino de Galicia, tralo que houbo de exiliarse en Portugal. En 1847 marchou a Madrid e participou na redacción do xornal progresista La Europa; ademais, escribiu artigos para o Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, editado na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, pai de Antolín Faraldo. De tendencia absolutista, foi deportado a Canarias durante o Trienio Constitucional e, ao regreso de Fernando VII, foi proposto como capitán do Batallón de Voluntarios Realistas. En 1832 foi nomeado, por designación real, secretario contador do Hospital Real de Santiago de Compostela, cargo do que foi destituído tras ser acusado de conspiración (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guionista de cine, crítico de arte e pintor. Residiu en València, onde dirixiu a revista poético-política Murta. Estudiou dereito e filosofía en Irún e trala Guerra Civil exiliouse a Francia, onde escribiu Léon Blum y su época e traduciu L’Espoir de Malraux. Compaxinou os labores literarios cos plásticos. Regresou a España e despois de pasar por diversos campos de concentración, instalouse en Madrid onde realizou guións de cine e dirixiu as páxinas de arte do xornal Ya. Conferenciante, colaborou na prensa española e latinoamericana. Foi autor, entre outras obras, de Benjamín Palencia (1972), Fornells-Plá (1975), Boado (1977), Constantino Grandío López, pintor y miembro de la Sociedad Protectora de Animales (1990) e colaborou, entre outros, en Treinta pintores gallegos (1974) e A Diego Giráldez, un pintor intelectual (2000). Organizou a I Bienal de Marbella, pola que recibiu o Premio da Crítica e obtivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha máis ou menos aguda que sobresae do nivel do mar, xeralmente preto da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Conxunto de tres illotes do Mar Cantábrico situados fronte o litoral da parroquia de Lieiro, no concello de Cervo, ao NO do cabo de San Cibrao. O máis pequeno, o da Sombriza, é o máis setentrional e tamén o máis elevado, pois acada os 30 m de altitude. O illote do medio, Pé, é o máis extenso, pero a súa cota máxima son os 24 m. A Baixa é o máis meridonal e só acada 11 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Discurso artificial e grandilocuente co que se pretende enganar a xente.

    2. Cousa que semella ser máis do que en realidade é.

    3. Confusión grande que se forma sobre un asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Mariña de Ribasar (Rois). Bartolomeo Piombino Farcinetti e Jacobo Giambino instalaron unha fábrica de papel, concedida en 1714. Comezou fabricando un papel de baixa calidade que se destinou a envolver o tabaco picado que levaba a marca P; a mellor calidade do papel permitiu imprimir en 1733 Anales del Reyno de Galicia de Francisco de la Huerta. Posteriormente, adquiriuna Antonio Riveiro de Aguilar, quen modernizou as instalacións. En 1858 fabricaba o papel de fumar El Sol. Pechou a comezos do s XX. O pazo construíuno B. Piombino en 1727 en estilo barroco. Destacan o balcón con balaustrada pétrea e os brasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Limia pola esquerda. Nace da confluencia de varios ríos que baixan pola vertente setentrional da serra do Larouco, no límite das parroquias de Garabelos do Bouzo (Baltar), Gudín e Novás (Xinzo de Limia). O seu curso adopta unha dirección S-N que lles serve de límite ás parroquias de Seoane de Oleiros e Faramontaos coas de Chamosiños e Lobaces (Trasmiras), por onde prosegue. Ao chegar a Abavides (Trasmiras) vira cara ao NO por Zos, para regresar ao concello de Xinzo de Limia pola parroquia de Boado. Desemboca na vila de Xinzo de Limia, logo dun percorrido duns 22 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de san Cosmede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Merca baixo a advocación de san Xes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Faramontaos, en San Salvador de Faramontaos (Xinzo de Limia). Trátase dunha ponte de oito vans arquitrabados. Pertenceu ao antigo camiño dende Xinzo de Limia a Cualedro e Verín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Profesión dos actores do teatro e en xeral da xente que se dedica ao mundo do espectáculo.

    2. Conxunto de comediantes ambulantes que percorrían as vilas, onde organizaban espectáculos de tipo cómico popular. Orixinarios da Idade Media e herdeiros dos xograres, desapareceron coa proliferación de compañías profesionais e estables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Vigo por Eduardo Hernández Rúas. Nel formáronse actores, directores ou escenógrafos como Avelino González, Cándido Pazó, Xoán Goberna, Miro Magariños ou Carlos Alonso. Entre os seus espectáculos cómpre citar Burla e realidade de Sancho (1975), con textos de varios autores; O Catecismo do Labrego (1976), creado a partir da obra de Valentín Lamas Carvajal; Recital de poesía escenificada (1977); A corte miragreira (1978), sobre un texto de Domingo Mirás; I érase unha vez (1980), sobre textos de varios autores; Animación na rúa (1981); Tres pezas curtas (1982), con textos de Čekhov; ou Arroutadas (1983). Participou e promoveu diversas iniciativas para a normalización da vida teatral, entre as que hai que salientar as tentativas de crear unha compañía estable de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación artística creada en 1943 na Coruña por Luís Iglesias de Souza. Desenvolveu un amplo labor de difusión teatral con moi diversas iniciativas, desde o teatro radiofónico ata as lecturas dramatizadas, actividade que levaron a cabo nas Veladas de Invierno, nas que presentaban autores clásicos e contemporáneos, fundamentalmente da literatura castelá. Tamén realizaron espectáculos a partir de autos sacramentais e textos de autores clásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO