"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
-
Relativo ou pertencente ás dilénidas.
-
Planta da subclase das dilénidas.
-
Subclase de plantas á que pertence a familia das dileniáceas.
-
-
-
Que ou quen admira ou ama das belas artes.
-
Que ou quen cultiva unha actividade ou un eido de coñecemento por pracer, sen ter unha preparación seria nin dedicarse a ela como profesión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou actitude de diletante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade artística situada en Londres. A súa orixe está nas reunións que dende 1732 realizaban algúns mozos, pertencentes á burguesía e á nobreza, nunha taberna londinense para discutir e mostrar opinións sobre a arte antiga. Financiaron expedicións arqueolóxicas, axudaron a lord Elgin na compra dos mármores do Partenón e moitos dos seus membros doaron as súas coleccións arqueolóxicas ao British Museum. Dende a súa fundación, nomearon un pintor oficial encargado de realizar os retratos dos seus membros, o primeiro deles foi George Knapton; posteriormente, ocuparon o cargo, entre outros, sir Joshua Reynolds e sir Thomas Lawrence.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alqueno de cadea lineal que se obtén a partir do petróleo.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e economista. Empregado polo goberno francés, tentou medir a xustificación que tiña para os consumidores o financiamento das obras públicas, nunha primeira aproximación á análise de custo-beneficio. Foi o primeiro en utilizar unha curva da demanda e elaborar o concepto de excedente do consumidor. Entre os seus escritos destacan De la mesure de l’utilité des Travaux Publics (Medida da utilidade das obras públicas, 1844) e Liberté comerciale (Liberdade comercial, 1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Coñecido como Carolus-Duran, foi pintor académico e retratista da aristocracia parisiense. Recibiu unha pensión e viaxou por Italia e España en 1861. En 1905 nomeárono director da École Françoise de Rome. Entre as súas obras destaca La Dame au gant (A dama da luva, 1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e pedagogo francés. Estudiou a Karl Marx en Leipzig (1885), en 1896 foi o encargado en Bordeos do primeiro curso creado nas universidades francesas de ciencias sociais e pedagoxía, e en 1902 ocupou a cátedra de Ciencias da Educación na Sorbonne. En 1879 fundou a revista L’Année sociologique, que difundiu importantes descubrimentos sobre as sociedades primitivas e sobre a evolución das ideas morais. Rexeitou a investigación sociolóxica a partir do estudo de leis universais, do tipo das establecidas por Comte, na procura de leis que expresaran dunha forma precisa as relacións descubertas entre os diversos grupos sociais. Segundo a súa teoría, a “conciencia colectiva” determina as accións dos individuos de tal maneira que se pode afirmar que é a sociedade a que crea o individuo, e non á inversa, e que malia estar conformada por individuos, a sociedade transcende a suma das individualidades. Entre as súas obras destacan De la division du travail social (A división...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario. Coñecido como o Xeneral foi seguidor de Louis Blanc e membro activo da Internacional. En 1870 foi nomeado oficial da Garda Nacional, e durante a Comuna de París foi membro da comisión executiva e da guerra, e comandou as forzas de ataque en Versailles. Morreu fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte, director de compañía e empresario teatral ruso. Iniciou a súa carreira en San Petersburgo, onde frecuentaba os locais nos que se reunían artistas plásticos, creadores literarios, actores, bailaríns e músicos, sendo un dos fundadores da revista Mir Iskusstva (O mundo da arte, 1898-1904), ao tempo que comezou a organización de exposicións en San Petersburgo e París ou a distribución de espectáculos. Foi así como concibiu a idea de crear unha compañía estable de ballet, os Ballets Rusos, que propiciaron unha fonda renovación nas artes escénicas. D’agilev non era nin bailarín, nin músico, nin coreógrafo, nin pintor, nin persoa vinculada ao mundo teatral, mais foi quen de agrupar arredor do seu proxecto músicos, pintores, coreógrafos, bailaríns, actores, directores ou mecenas, como Coco Chanel, que converteron a súa compañía nun referente fundamental na historia contemporánea das artes escénicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla do duque de Carintia e esposa do duque Enrique I o Barbudo de Silesia e Polonia. Xunto con seu marido fundou varios conventos de monxas e a abadía cisterciense de Trebnitz, preto de Breslau, no que entrou como relixiosa ao quedar viúva (1238). Na iconografía viste, ou ben ricas roupas e coroa ducal na cabeza, ou ben hábito cisterciense ou toucas negras de viúva; como atributos persoais leva unha zapatilla na man, unha maqueta de igrexa ou mosteiro ou unha imaxe da Virxe. Foi canonizada en 1267 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela pedagóxica (1762), en cinco partes, de Jean-Jacques Rousseau. O seu título orixinal é Émile ou De l’éducation, aínda que tamén se coñece co nome abreviado de Émile (ou Emilio). Prohibida inmediatamente polo Parlamento de París (máis tarde tamén en Xenebra, Holanda e Berna), este ordenou a súa detención. O autor fuxiu primeiro a Suíza e posteriormente a abandonou para refuxiarse en Môtiers-Travers, en Neuchâtel, baixo a protección de Federico II de Prusia. Rousseau establece no Émile as características da educación para unha sociedade integrada por cidadáns libres, en oposición ao utilitarismo e a toda forma de aristocratismo ideolóxico ou político. Fronte á cultura racionalista, propia do espírito xeral da Ilustración, propón un modelo educativo que siga e fomente os procesos naturais humanos sen alteralos e que se basee nos sentimentos naturais do amor a si mesmo e aos demais. Segundo Rousseau, tres son os postulados que deberían guiar a acción...
-
-
Parágrafo, columna ou texto que se atopa entre filetes.
-
Frase ou parágrafo dun xornal que aparece destacado para chamar a atención do lector.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de envilecer ou envilecerse.
-
-
Facer vil ou desprezable algo ou a alguén.
-
olverse alguén vil ou desprezable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno repetitivo e paroxismal da función cerebral, que se caracteriza por ataques ou crises debidos a unha descarga excesiva das neuronas cerebrais. Estas crises epilépticas son incontroladas, repentinas e de curta duración, asociadas con diversas manifestacións como alteracións da consciencia, da actividade motriz ou presenza de fenómenos sensitivos anormais. A súa causa descoñécese nun 75% dos casos, o que se denomina como epilepsia idiopática, e pódese presentar a calquera idade, sobre todo en persoas que teñan antecedentes familiares; aínda que tamén se relaciona con defectos conxénitos, anomalías metabólicas, deficiencias nutricionais, lesións cerebrais, alteracións vasculares, infeccións, trastornos dexenerativos ou tumores. A epilepsia considérase xeneralizada cando afecta a todo ou á maior parte do cerebro, e localizada ou focal cando afecta só a unha parte. A diagnose correcta da epilepsia baséase, ademais de nos síntomas, na exploración de laboratorio, en especial, por medio...
-
-
Relativo ou pertencente á epilepsia.
-
Que ou quen sofre epilepsia.
-
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (54.500 h [1990]). É un núcleo industrial que pertence á conurbación de Aquisgrán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brillo intermitente e variable que emite unha luz.
-
-
Punzón que se empregaba na Antigüidade para escribir en táboas enceradas.
-
Puñal de folla moi estreita e triangular empregado sobre todo nos ss XVI e XVII.
-
Sonda metálica, longa e delgada, que pode ser flexible ou ríxida e que ten unha pequena dilatación en forma de oliva nun extremo.
-