"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • PERSOEIRO

    Profeta de Israel, discípulo e sucesor de Elías. A súa historia nárrase no Antigo Testamento, no primeiro Libro dos Reis. Era un labrego do que conta a lenda que, cando estaba a realizar as súas tarefas no campo, se lle achegou Elías, quen lle puxo o seu propio manto sobre os ombreiros; este acto significaba que fora designado por Deus para sucedelo no seu labor profético predicando o iavismo e combatendo a idolatría e os cultos pagáns a deuses fenicios como Baal e Astarté. Foi conselleiro do rei de Israel e atribúenselle numerosos milagres e predicións. Na iconografía leva unha túnica e un palio, e como atributos, unha aguia ou pomba de dúas cabezas (símbolo do dobre espírito) e un oso. A súa festividade celébrase o 14 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno gramatical polo que unha palabra, xeralmente átona, se une a outra precedente que leva o acento dominante e coa que forma unha única unidade acentual. Por exemplo, en galego, en cómeo hai énclise do pronome o e en díxochemo, dos pronomes che e m(e) + o; en latín, por exemplo, hai énclise da partícula latina que en Dei hominesque (‘os deuses e os homes’).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presencia anormal de aire ou de gas nos tecidos orgánicos, o que provoca a distensión dos mesmos.

    2. Enfermidade do pulmón que se caracteriza por unha dilatación moi grande e permanente dos alvéolos pulmonares, con atrofia e destrución dos mesmos. Esta lesión provoca un incremento do espazo aéreo do pulmón, co que diminúe a superficie total de contacto do aire co sangue e, xa que logo, dificulta o intercambio gasoso. A sintomatoloxía clínica a miúdo vai acompañada de bronquite crónica, co que se orixina o que se coñece co nome de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.

    3. Presencia de aire ou de gas entre o tecido conxuntivo subcutáneo, que se recoñece facilmente pola tumefación e a crepitación que se produce ao palpar cos dedos a zona afectada. Pode ser consecuencia de lesións traumáticas, intervencións cirúrxicas ou infeccións por xermes produtores de gas, como é o caso da gangrena gasosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao enfisema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inxección dun líquido medicinal ou nutritivo por vía rectal. Emprégase fundamentalmente para facer un lavado do intestino.

    2. Inxección dun líquido opaco aos raios X no intestino, para poder observalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crise secundaria que segue á crise inicial dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no desprendemento mecánico da epiderme, que dá lugar á aparición de erosións e vesículas provocadas por traumatismos mínimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos extremos dos ósos longos que, durante a infancia, están unidos coa parte central ou diáfise dos mesmos por unha cartilaxe. Cando o individuo alcanza a madurez e non existe máis crecemento, a epífise únese a diáfise mediante a osificación da cartilaxe para formar parte do mesmo óso.

    2. Glándula pineal.

    3. Expansión en forma de aguillón que teñen algúns insectos nas tibias anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso sen pé con corpo baixo e cilíndrico e cunha boquilla longa e saínte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno signo vertical que, na notación pneumática, colocado sobre un pneuma, modifica o seu sentido de maneira non totalmente determinada.

    2. Signo rítmico adoptado pola escola de Solesmes de canto gregoriano. Cando é vertical indica o ictus e cando é horizontal o alongamento dunha nota.

    3. Raios, coroas, estrelas e outras imaxes que decoraban o escudo dos soldados romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Significado do tagmema, unidade mínima de significación dunha forma táctica gramatical, é dicir, dunha disposición gramatical convencional mínima. Así, a orde SN-V (forma táctica) ten significado (episemema) de actante-acción en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo (ς) que representa o número seis. Críase derivado do grego, pero é, sen dúbida, a ligadura cursiva dos dous numerais romanos VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás equisetáceas.

    2. Fento da familia das equisetáceas.

    3. Familia de fentos á que pertence o xénero Equisetum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos perennes cun aparato vexetativo composto por un sistema de rizomas subterráneos, do que parten un número variable de frondes aéreas moi ramificadas con verticilos de microfilas escuamiformes, fusionadas entre si, e que fan unha vaíña que rodea o talo. Nos nós do rizoma aparecen, alternando con cada microfila da vaíña, un primordio rameal que orixinará pólas aéreas ou subterráneas. Todas as raíces son adventicias, a excepción da raíz primaria do embrión. Na Península Ibérica están presentes: E. arvense, E. ramosissimum e E. telmateia, presentes en toda a Península; E. fluviatile, E. hyemale e E. palustre, limitados á metade N da Península Ibérica; E. sylvaticum, moi localizado na Cordilleira Cantábrica; e E. variegatum, presente nos Pireneos e na Cordilleira Cantábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, Turquía, na marxe dereita do río Porsuk (454.536 h [1997]). A base da súa economía é a industria, principalmente a fabricación de maquinaria e materiais de construción. Fundada no III milenio a C polos frixios, desenvolveuse durante a época bizantina ata que en 1097 caeu baixo o control otomano. Trala Guerra de Independencia turca (1919-1922), tivo que ser reconstruída. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga cidade frixia de Dorilaeum, as tumbas de Sheik Edibali e Kumbet Baba, e a rocha de Gerdek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na Anatolia Occidental (13.477 km2; 642.400 h [1990]). A capital é Eskişehir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor dominicano. Loitou pola independencia na segunda dominación española. Unha vez restaurada a República, foi elixido presidente (1876), cargo ao que renunciou seis meses despois tras facer fronte a varios alzamentos rebeldes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación ou curación dos espasmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa sudafricana. Considerada a primeira poetisa en lingua afrikaans, da súa produción destaca Die stil avontuur (A aventura silenciosa, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO