"Mur" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 248.
-
CIDADES
Cidade portuaria do S da illa de Hokkaidō, Xapón (128.220 h [1991]). É un dos grandes centros da industria xaponesa do ferro e do aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre a punta O Salto e o cabo Cociñadoiro, na parroquia de Suevos (Arteixo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Muros, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Muros, situado ao O da Comunidade Autónoma de Galicia e ao SO da provincia da Coruña, a 42° 46’ de latitude N e 9° 03’ de lonxitude O. Limita ao N con Mazaricos (comarca de Xallas) e Outes (comarca de Noia), ao L con Outes, ao S coa ría de Muros e Noia, e ao O con Carnota (comarca de Muros) e co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 72,9 km2, en que acolle unha poboación de 10.156 h (2001) distribuída nas parroquias de Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Sestaio, Tal e Torea. A capital do concello é Muros localizada a 96 km da Coruña e a 71 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á provincia da Coruña, á diocese de Santiago (arciprestado de Entíns) e á xurisdición do partido xudicial de Muros.
Xeografía física
VER O DETALLE DO TERMO
Está situado no extremo N da ría de Muros e Noia, espazo de transición entre as Rías Altas e as Baixas, e caracterízase pola penetración de terra no mar. Ocupa un accidentado terreo, onde se pasa... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de prata, unha cruz potenzada de goles. Outra variante trae escudo cuartelado: primeiro, terceiro e cuarto cuarteis, en campo de azul, con dúas bandas de ouro, acompañadas dunha estrela do mesmo no cantón sinistro do xefe; segundo cuartel, de ouro con tres paus de sable.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado na costa, ao O da ría de Pravia, onde desemboca o Nalón (2.178 h [2001]). A poboación está maioritariamente diseminada. A cabeza do termo é Muros. A economía baséase sobre todo no sector primario; gandaría, agricultura, actividades pesqueiras, e a industria derivada del.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ría do SO da provincia da Coruña, que constitúe a máis setentrional das Rías Baixas galegas. Baña os concellos de Muros, Noia, Outes e Porto do Son e parte de Corrubedo. Limita ao N co Monte Louro, ao S coa península do Barbanza, que a separa da ría de Arousa, ao O co Océano Atlántico e ao L co río Tambre e os concellos de Outes e Noia. De orixe tectónica, trátase dun sector costeiro en forma de fendedura, aberta no medio de rochas graníticas, formada na desembocadura do río Tambre. Ofrece unha morfoloxía típica de fractura esgazada que se prolonga en dirección SO-NL cun sector setentrional máis rochoso e quebrado, con abundantes entrantes e saíntes, e un sector meridional, de formas suaves, máis rectilíneo e aberto, sempre cun fondo montañoso. A fronte litoral é suave e abundan os areais e dunas. É a costa menos urbanizada das Rías Baixas. A dinámica fluvial e a litoloxía xeraron un relevo recurtado de maneira destacada entre Muros e punta Carreira.
-
GALICIA
Comarca situada no S do litoral da provincia da Coruña. Esténdese aproximadamente desde os 42° 50’ aos 42° 46’ de latitude N e desde os 9° 09’ aos 9° 03’ de lonxitude O. Limita ao N coa comarca de Fisterra (concello de Dumbría), ao L coas comarcas de Xallas (concello de Mazaricos) e Noia (concello de Outes), ao S co Océano Atlántico, coa ría de Muros e Noia e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 142,9 km2, en que acolle unha poboación de 15.636 h (2001) distribuída nos concellos de Carnota (70,09 km2; 5.480 h) e Muros (72,9 km2; 10.156 h). A densidade demográfica é de 108,73 h/km2(superior á media galega de 91,15 h/km2en 2001). A vila de Muros é a rectora da comarca. Trátase dunha comarca costeira e turística que configura unha parte do SO da provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio que forma a pequena comarca coruñesa de Muros non ten unha unidade natural propia. Esta comarca é parte... -
VER O DETALLE DO TERMO
Diego I de Muros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diego II de Muros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diego III de Muros.
-
ENSEADAS
Entrante costeiro situado na ribeira dereita da ría de Muros e Noia, entre as puntas do Cabo e Carniceira, nas parroquias de Abelleira, Muros, Serres e Tal, todas elas no concello de Muros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Muros e Outes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto situado no extremo N da ría de Muros e Noia, ao NL do punto máis sobresaínte da entrada da ría, no monte Louro. É o máis importante do seu distrito pesqueiro e contabiliza 160 unidades de diferentes tipoloxías de embarcacións. A sinalización é boa así como o abeiro proporcionado ás embarcacións. As especies máis comúns que desembarcan son as típicas da pesca de arrastre, como polbo e cigalas. Está dotado de capitanía marítima e, aínda que basicamente é pesqueiro, conta cunha escola de vela municipal que funciona nos meses estivais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Francisco de Louro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa parroquial situada en Muros. Coñecida como a colexiata de Santa María do Campo,e construída en estilo románico durante a segunda metade do s XII, o edificio que se conserva foi iniciado polo arcebispo Lope de Mendoza e rematado polo concello de Muros. Da súa construción orixinal só se conservan algúns canzorros e algunhas pezas de cantaría. A antiga ábsida románica foi substituída por unha capela de estilo oxival, cuberta con bóveda de cruzaría e con varios sepulcros medievais no seu interior. A nave principal presenta cuberta de madeira a dúas augas e a ela ábrense seis capelas laterais, con cubertas que varían desde a bóveda estrelada á bóveda de cruzaría. Do interior, destacan as imaxes de Xesús Cristo agonizante, os relicarios e algúns ornamentos litúrxicos. A fachada presenta un pórtico sostido por catro columnas que precede á portada románica, con arquivoltas semicirculares e tímpano sobre mochetas. Na parte superior leva un rosetón e remata cunha estrutura pétrea que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena zona da pel, situada no extremo anterior da décima costela dereita, que é selectivamente dolorosa nos procesos inflamatorios da vesícula biliar.
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Estudou na University of Oregon e en Harvad University, onde se doutourou en 1920. Realizou investigacións sobre a eficacia da insulina contra a diabete, e sobre o tratamento da anemia perniciosa. Escribiu o libro Anemia in practice (1939). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1934), xunto con G. H. Whipple e G. R. Minot, polos descubrimentos sobre o tratamento da anemia perniciosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
murna.
-
LAGOS
Lago de auga salgada situado ao N de Suez (Exipto), atravesado polo canal homónimo. Anteriormente estaba separado en dous brazos alongados de 22 e de 13 km de lonxitude, case baleiros, pero que durante as obras do canal foron recheos de auga de mar.
VER O DETALLE DO TERMO