"NOT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 284.
-
-
Relativo ou pertencente aos notacantiformes.
-
Peixe da orde dos notacantiformes.
-
Orde de peixes actinopterixios, da superorde dos teleósteos, angüiliformes e coa cintura escapular conectada coas primeiras vértebras. Viven nas profundidades abisais de case todos os mares.
-
-
-
Nome común que reciben algúns peixes do xénero Notacanthus, da familia dos notacántidos.
-
Peixe de corpo alongado, serpentiforme e coa boca en posición ínfera. É de cor cinsenta e ten a aleta dorsal transformada en espiñas fortes, entre cinco e nove. Vive desde os 700 ata os 2.000 m de profundidade, e aliméntase de invertebrados como os ofiuroideos, os briozoos, as anémonas, as esponxas ou as holoturias.
-
Peixe teleósteo de ata 1,20 m. De corpo angüiliforme, presenta no lombo de oito a doce espiñas, modificación da aleta dorsal. Vive entre os 125 e 1.000 m, aínda que pode acadar os 2.500 m de profundidade, e aliméntase principalmetne de anémonas de mar.
-
-
-
Maneira de notar ou de representar algunha cousa cun sistema de sinais ou de caracteres.
-
Conxunto de símbolos que se utiliza para representar os entes e as operacións matemáticas. A resolución dos problemas matemáticos é moito máis simple se se emprega unha notación axeitada. O sistema de numeración decimal actual utiliza a denominada notación posicional ou de posición, que consiste no feito de que o valor de cada símbolo non é determinado só pola súa forma senón tamén pola posición que ocupa respecto aos outros símbolos.
-
Sistema de escritura musical que mediante signos convencionais axuda a precisar a altura absoluta ou relativa dos sons, a súa duración e a duración dos silencios. Na civilización occidental a primeira notación é da Grecia antiga, que mediante 15 letras servía indistintamente para a música vogal e instrumental. Guido d’Arezzo (990-1050), estableceu a escala 4 2 nos países anglófonos e xermanófonos e nas súas áreas de influencia. Cara ao s X apareceu a notación pneumática. Progresivamente, os pneumas fixáronse arredor dunha liña, á que se engadiron outras paralelas ata chegar a cinco (pentagrama). Os pneumas evolucionaron e os puntos fixéronse cadrados, pero a notación cadrada era moi pobre en signos rítmicos e axiña apareceu a notación proporcional ou medida, baseada nos modelos rítmicos. Cara á fin do s XVI apareceu a barra de compás e continuou a evolución da notación musical, que durou ata hoxe, cando se propuxeron outros sistemas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘notas de dereito’. Designa as abreviaturas empregadas nos manuscritos antigos de obras xurídicas, especialmente referidas aos termos técnicos. Coñecidas xa a partir do s III, nalgunhas ocasións prohibíronse para evitar as ambigüidades e fraudes.
-
-
Sinalar algunha cousa para que sexa advertida ou recordada.
-
Advertir algunha cousa ou decatarse de algo.
-
Pór notas ou advertencias aos escritos ou aos libros.
-
-
-
Función do notario.
-
Oficina ou despacho onde un notario exerce a súa profesión.
-
-
-
Que está autorizado ante notario, abonado con fe notarial.
-
Profesión de notario.
-
Colectividade de notarios.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao cargo de notario.
-
Que está feito por un notario.
-
acta notarial.
-
Feito ou actuación dun notario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento hermenéutico, propio da cábala xudía, que consiste en formar unha frase interpretativa tomando como letras iniciais as letras finais das palabras que forman a frase da que se desexa interpretar o seu sentido.
-
-
Funcionario que ten ao seu cargo a redacción e a autorización en forma pública das actas, os contratos e todo tipo de instrumentos, dando fe do seu contido. No dereito romano, os notarios collían nota en abreviaturas estenográficas dos procesos verbais.
-
Persoa nomeada polo bispo para redactar e asinar actas e documentos de carácter normativo, administrativo e xudicial, dos que fai fe pública. O primeiro ou principal notario, denominado chanceler, ten as funcións de secretario da curia, notario e arquiveiro.
-
-
RIOS
Río de Polonia central, afluente do Warta pola dereita, de 361 km de longo. Nace en Kujawy e atravesa o lago Goplo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos, da división das pteridófitas, que carecen de indusio verdadeiro e teñen unhas esporas triangulares, globosas e de cor verde. Presentan unha ampla distribución por América.
-
-
-
Información que se ten ou que se dá dalgunha cousa.
-
Suceso do que se informa.
-
-
Coñecemento sobre o estado ou situación dunha persoa ou dunha cousa da que hai tempo que non se sabe nada.
-
Indicación que se puña, nos ss XI e XII, ao dorso dun pergameo collendo nota dos datos necesarios para redactar unha escritura. Deixáronse de facer cando comezou o sistema dos borradores ou scaedae no s XIII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto notarial escrito en galego-portugués datado en 1175, aínda que para moitos investigadores é dubidosa a súa pertenza a esta lingua debido á súa brevidade e ao ser unha gran parte del unha lista de adscrición lingüística neutra, que fai que conteña un exiguo número de elementos romances fronte aos latinos. Descuberto e publicado 1999, considerouse o máis antigo texto coñecido ata a aparicición do Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais (1173?). Foi escrito nun pergamiño que contén outros tres documentos. O texto principal do pergamiño é o dunha carta de doazón de arras, feita por Soeiro Pais a Urraca Mendes. Trátase dunha carta latina datada en 1146 en que o fillo de Soeiro e Urraca fixo escribir a noticia de fiadores en 1175.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto notarial escrito en galego-portugués que se descubriu preto de Braga e que se datou arredor de 1211-1214. Contén as queixas de Lourenço Fernandes da Cunha contra os seus parentes e veciños, os fillos de Gonçalo Ramires. Aparentemente, trátase dun texto espontáneo e informal e non dunha versión definitiva, feito que lle dá un maior valor lingüístico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección de noticias de actualidade dunha publicación, dun filme ou dunha emisión radiofónica ou televisiva. O primeiro noticiario sonoro foi o Fox Movietone (EE UU).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir de 1877. Cesou en 1885. Antonio de la Fuente foi o fundador e director desta publicación de tendencia liberal aparecida baixo os subtítulos “Diario liberal independiente” e “Diario de la mañana”. Incluíu unha crónica local, noticias rexionais e do estranxeiro, numerosos anuncios publicitarios e abundante información política. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de M. Roel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Pontevedra a partir de 1 de agosto de 1891. Cesou en 1892 (nº 10). Apareceu co subtítulo “Revista de los Ayuntamientos, Juntas locales de todos los ramos y Maestros de instrución primaria”. Editada nos obradoiros tipográficos de Luís Carragal Puga, en Pontevedra, o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Publicada os días 10 e 15 de cada mes, incluíu información sobre as disposicións lexislativas de interese para os mestres así como artigos relacionados cos concellos ou coa escola pública. En 1892 pasou a denominarse El Noticiero.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires a partir de 1915. Subtitulado “Quincenario gráfico y de novedades de la Región”, estivo dirixido por Fortunato Cruces. De carácter informativo, recolleu noticias de Galicia e artigos tomados da prensa galega. Saíu ao mesmo tempo que Nova Galicia. Incluíu colaboracións literarias de Vitoriano Taibo e F. Cano Rivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1891. Tivo unha breve primeira época, e foi substituído ese mesmo ano polo Noticiero Administrativo. Reapareceu en xaneiro de 1895 para cesar en xullo dese mesmo ano. Subtitulouse “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales de la enseñanza primaria”. Editouse nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns, en Pontevedra, e o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Na primeira época foi o substituto de El Noticiero Gallego (1891). Tras a súa reaparición seguiu a numeración de El Noticiero (1892) e incluíu información das disposicións lexislativas de interese para os mestres. Saíu todos os luns ata o seu cese, substituído de novo por El Noticiero.
VER O DETALLE DO TERMO