"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de prata, dous piñeiros de sinople, arrincados.
-
GALICIA
Profesora. Acadou a cátedra de Lingua e Literatura Galega en 1992. Colaboradora da Mesa pola Normalización Lingüística desde a súa fundación (1986), foi a súa tesoureira e no 1992 pasou a formar parte da Comisión de Garantías da Mesa. Entre 1990 e 2001 formou parte do Seminario Permanente de Lingua de COU para as Probas de Acceso Universitario (PAU). Traduciu os textos teatrais do grupo RaraAvis Teatro de Santiago de Compostela (1999, 2001 e 2002) e tamén escribiu para as revistas Andaina e Raiola. Publicou en colaboración varios libros de texto e outras obras, entre as que destaca a súa colaboración na tradución de Contos baseados no teatro de Shakespeare (1988), Aprender palabras e significados. A léxico-semántica. Aproximación ao seu ensino-aprendizaxe (1990, coautoría con Helena Sánchez Rodríguez), Actividades de Construción Gramatical (1990, colaboración) e 1410 nomes galegos de home e de muller (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Doutor en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca, foi profesor de humanidades no Seminario e profesor de dereito canónigo na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como cóengo, chanceler e vicario do arcebispado de Santiago. Colaborou en revistas e xornais e recolleu os seus traballos en Cronistas Oficiales de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e perito agrícola. Foi director (1915) do periódico La Noche. De tendencia conservadora e simpatizante do maurismo, foi membro da Liga de Defensores de Vigo e destacou no movemento antiforista; participou na VII Asemblea Agraria da Coruña (1919), na que defendeu, xunto con Amado Garra, un relatorio sobre redención foral. En 1923 presentouse ás eleccións a Cortes pero non puido conseguir a súa acta de deputado ao ser derrotado por Rafael Gasset Chinchilla. Foi alcalde de Vigo durante a Ditadura de Primo de Rivera (5.12.1923-18.1.1927). Como rexedor municipal conseguiu a cesión de Fernando Quiñones de León, marqués de Alcedo, do Parque e do Pazo de Castrelos para a cidade, a cambio de obter para este o título de Grande de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Escuadro (Silleda) e Olives (A Estrada). O seu cumio acada os 678 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor uruguaio. En 1940 recibiu unha bolsa do Círculo de Bellas Artes de Montevideo pola obra Circo al mediodía (1938). Alí, formouse con G. Laborde e J. Cúneo. Foi un dos fundadores do grupo Carlos Federico Sáez. Traballou con diferentes técnicas e realizou retratos, escenografías, deseños gráficos e intervencións urbanas. Na súa obra, que evolucionou dende o neoimpresionismo á pintura matérica, está presente a figuración. Foi asesor plástico da presidencia da República de Uruguay (1985) e proxectou, entre outras, a decoración da residencia presidencial. Participou, entre outras mostras, nas bienais de Venecia e de São Paulo. Recibiu, entre outros galardóns, diversas medallas no Salón Nacional de Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse co seu pai, o pintor e gravador Josep Espinós (1721-1792). Pertenceu á Fábrica dos Cinco Gremios de Madrid e foi director da Escola de Flors i Ornats de València dende 1784. Especializado na pintura de flores, os seus lenzos serviron de modelo para deseños de sedas e pequenas táboas. A súa obra evolucionou dun colorido fino e unha modelaxe suave a unha pintura vigorosa e rica en cor e empaste.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Bóveda de Limia. As súas armas traen, en campo de ouro, un espiño, de sinople, arrincado e afroitado de goles. Outra variante leva escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cunha torre de ouro, aclarada de sable e superada de tres flores de lis do mesmo metal, mal ordenadas; segunda partición, en campo de ouro, cun can de prata, superado por unha póla de espiño, da súa cor natural. Outros ostentan, en campo de azul, un sable de prata, coa punta cara a arriba, posto en contrabanda, acompañado no alto dunha cruz plana, de ouro, e no baixo, dunha vieira, do mesmo metal.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado na marxe esquerda do río Trueba (2.303 h [1996]). As principais actividades económicas son a gandería e as industrias alimentarias (conservas, queixos e manteigas). As súas orixes están nas repoboacións medievais; desde o s XI pertenceu ao mosteiro de Oña e posteriormente foi señorío dos Velasco. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo dos Condestables (ss XIV-XV), a casa dos Marcide (s XV), as igrexas de Santa Cecilia (s XVI) e de San Nicolás (s XVIII), a casa dos marqueses de Chiloehes, de orixe medieval, aínda que reedificada no s XIX, e a casa do concello (s XIX).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmacéutico e historiador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi cronista oficial de Vigo dende 1937. Colaborou, entre outras publicacións, en La Voz del Miñor (1913-1915) e Faro de Vigo, nos que publicou artigos sobre a historia de Vigo. Entre as súas obras destacan Casas y Cosas del Valle Miñor (1938), Bouzas (1944), Fray Antonio de Sotomayor y su correspondencia con Felipe IV (1944), El valle de la Louriña. Bosquejo histórico (1944) e Tierra de Fragoso (Notas para la historia de Vigo y su comarca) (1949). Foi membro numerario da Real Academia Galega dende 1952, da Real Academia de Historia, da Real Academia de Farmacia e dos institutos xenealóxicos de Chile e São Paulo. Recibiu, entre outros galardóns, a Encomenda de Afonso X o Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago (52 h [1996]). O trazado do núcleo á beira do Camiño indica a súa orixe como núcleo xacobeo. Do seu patrimonio monumental destaca a igrexa parroquial de San Indalecio, do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. As súas primeiras obras, entre as que destaca Crist del Rescat (Cristo do Rescate, 1623) amosan un estilo manierista que recorda o de Francesc e Joan Ribalta. Posteriormente, recibiu a influencia de Zurbarán entre outras obras na serie de Sant Lluís Bertran (1647-1653) e na serie monástica (1660). A súa produción caracterizouse pola verticalidade monumental e o dobre rexistro terra-ceo, conseguidos cun debuxo realista. Cómpre destacar ademais Sant Pascual Bailón e La comunió de la Magdalena (A comuñón da Madanela, 1665). O seu fillo, Jacint Espinosa i de Castro (València 1625? - 1701?) tamén foi pintor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor peruano. Coñecido polo pseudónimo de El Lunarejo, seguiu a tendencia culteranista. Da súa produción destaca Apologético en favor de don Luis de Góngora, príncipe de los poetas líricos españoles (1662) e uns comentarios a Os Lusiadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Estudiou no seminario de Tui e en 1921 foi ordenado sacerdote. Promoveu a construción do Tempo Votivo do Mar de Panxón, deseñado polo arquitecto A. Palacios. Outorgáronlle a Cruz do Mérito Naval con distintivo branco. Escribiu, entre outras obras, Apuntes de vida parroquial (1958), Semblanza biográfica de D. Alfonso Giráldez Diéguez. Sacerdote ejemplar (1971) e Panjón. Historia del Santuario del Mar (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Moderado, exerceu o control político sobre o distrito de Prado (Lalín). Elixido en 1837 senador e deputado por Pontevedra, escolleu este último cargo. Foi novamente deputado na lexislatura 1846-1850.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Foi profesor de dereito na Universidad de Salamanca e oidor en Sevilla, antes de se converter en presidente do Consello de Castela (1565). Posteriormente foi xefe do Consello do Estado, xefe do consello privado e encargado das negociacións dos asuntos italianos. Bispo de Sigüenza (1566) e inquisidor xeral (1566), foi nomeado cardeal en 1568.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Bacharel en leis, formou parte da expedición de Pedrarias Dávila (1514). Foi un dos fundadores da cidade de Panamá (1519) e un dos descubridores de Natá e do golfo de Nicoya. Oidor en Santo Domingo e Panamá, trasladouse a Perú para interceder no enfrontamento entre Francisco Pizarro e D. de Almagro. Escribiu a Relación de lo hecho por el licenciado Gaspar de Espinosa..., primeira descrición etnográfica de Panamá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Activo en Madrid entre 1645 e 1677. Especializouse na arte do bodegón. Entre as súas obras destacan Bodegón con uvas y manzanas e Bodegón con flores y frutas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Activo en Toledo e Madrid entre 1612 e 1626. Cultivou o retrato, a pintura relixiosa e o bodegón. Entre as súas obras destacan Bodegón con bandejas de plata (1624) e Santiago el Mayor (1626).
VER O DETALLE DO TERMO