"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Militar, licenciado en Farmacia e bromatólogo. Participou na campaña de África e na Guerra Civil española. Foi concelleiro de Lugo, destacando polas súas preocupacións urbanísticas, e director da Escola de Artes e Oficios da mesma cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Desempeñou funcións xornalísticas, foi secretario de dirección do Semanario Sipe, redactor da revista Rumbos, e correspondente do diario Pueblo. Publicou en 1953 o seu primeiro libro La nieta del duque. Estableceuse, finalmente, en Barcelona onde deu ao prelo a maior parte da súa obra, entre as que destacan: Los Desgajados (1961), Tribunal de la muerte (1963), Por Europa en Auto Stop (1968), La borrachera de los olvidados (1971), Grandeza y servidumbre de 20 Premios Planeta (1972), Eros Blanco (1976), El Caminante (1991). Co pseudónimo Paul Reader publicou: Exploraciones famosas (1961), Lacras Sociales (1967), Biografía de las pasiones (1967), entre outros. Foi finalista dos Premios Nadal, Ciudad de Barcelona e Elisenda de Moncada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e militar. Estudiou na Escola de Estudios Mercantís da Coruña e Periodismo en Madrid. En 1964 ingresou no Corpo de Intervención da Defensa e, en 1996, pasou á reserva activa. Foi colaborador dos xornais El Progreso (1955) e El Pueblo Gallego; en Madrid, de El Alcázar e ABC, amais das revistas Blanco y Negro (1973) e Gaceta ilustrada (1975). Traballou dende 1967 nos servicios informativos de TVE, onde foi editor do programa semanal “Crónicas de Siete Días”, subdirector de “Siete Días”, director do programa “Tribuna Internacional” e colaborador en telexornais. Membro da Misión Técnica da CEE en Paraguai e investigador do Instituto Español de Estudios Estratégicos do Ministerio de Defensa. Publicou, entre outros titulos, Organismos internacionales (1975) e La Doctrina de Paz en Naciones Unidas (1995), e foi coordinador do libro Galicia desde el aire (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e músico. Dende 1959 ata 1966 dedicouse profesionalmente á música jazz como intérprete de batería e guitarra na Alemaña, acompañando en ocasións a músicos de renome como Ella Fitzgerald, Dizy Gillespie, Don Byas e Dexter Gordon, entre outros. Foi correspondente en Madrid do diario El Progreso e na Coruña dos diarios ABC, Ya, La Gaceta del Norte, foi redactor dos xornais Semanario Deportivo Riazor e La Voz de Galicia; traballou en El Ideal Gallego como reporteiro gráfico e a partir do 1981, pasou a ser director. En 1985 exerceu como xefe de redacción de Informativos da TVG, dirixindo asemade o programa “Outra Xeira”. En 1988 ocupou o cargo de xefe rexional de Prensa do PP e, na súa volta á TVG, foi escollido como director do departamento de Programación e Emisións ata que, no ano 1994 pasou a ser xefe do Servicio de Prensa da CRTVG. Dirixe dende 1987 a revista Furada. Editou un disco de música popular española...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático, xornalista e poeta de orixe galega. Foi secretario da Embaixada de Guatemala en San José de Costa Rica (1958) e en Bogotá (1962-1965). Colaborou no Diario de Centro América e La Tribuna. Foi galardoado nos Xogos Florais de Guatemala (1928 e 1943) e membro correspondente da Real Academia. Entre as súas obras en español destacan El dolor supremo (1926), Romances de la barriada (1938) e Síntesis de Guatemala (1966). En lingua galega publicou o poemario Dende o fondo canta o río (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de cantería. Realizou as obras de construción da capela da Nosa Señora do Porto de Marín, priorado do Mosteiro de Oseira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. En 1600 realizou, xunto con Melchor López, Baltasar Fernández, Juan Díaz e Baltasar González, a obra de construción das paredes exteriores do mosteiro de San Paio de Antealtares, de acordo coa traza de Mateo López.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ave duns 34 cms, grosa, co pescozo curto, cabeza grande e peteiro longo, de punta móbil e sensible, co que detecta e captura miñocas e larvas de insecto do humus nos bosques caducifolios. Os ollos grandes, propios da súa actividade nocturna, teñen unha disposición especialmente alta e atrasada ofrecéndolle á ave un campo de visión de 360°. A plumaxe é mimética de tons castaños como a follaxe seca do solo das fragas onde vive e aniña. Os pitos, nidífugos, son alimentados directamente polos pais e son transportados en caso de perigo, mesmo en voo, suxeitos coas patas e o peteiro. O voo é errático cun bater intermitente de ás. De distribución paleártica, está ausente na área mediterránea. Na Península Ibérica a súa presencia está limitada ao extremo norte como aniñadora restrinxida a Galicia e os sistemas montanos orientais. Ás aves sedentarias ibéricas súmanse en inverno importantes continxentes do resto do continente.
-
Ave moi apreciada en gastronomía. A súa preparación esixe o desplumado, pero é cociñada coa cabeza (sen os ollos) e con todos os órganos internos, menos a moega. O soufflé de arcea á Nasselrode, que inventou un conde ruso, mestura a carne de arcea, xamón, trufas e champaña. En Galicia, cocíñase igual ca o resto da caza de pluma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista deportiva bilingüe aparecida en Xubia (Ferrol) en xuño de 1986, editada pola Sociedad de Caza y Pesca de Jubia. Informa sobre pesca fluvial, concursos e técnicas, acuicultura, piscicultura e publicidade.
-
-
Circunscrición ou provincia eclesiástica que está baixo a xurisdición dun arcebispo.
-
Dignidade ou cargo de arcebispo.
-
Residencia do arcebispo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
O arcebispado compostelán, constituído por Xelmírez (1100-1140) o 31 de outubro de 1104, ten as súas orixes na diócese de Iria, sufragánea de Braga. Os fitos máis salientables desta fase anterior ao arcebispado son: a descuberta da tumba do Apóstolo Santiago, feito que motivou o traslado a título persoal dos bispos de Iria a Santiago de Compostela; o traslado da sé de Iria a Santiago de Compostela sendo bispo Adaulfo II; e a emancipación de Braga, lograda polo bispo cluniacense Dalmacio e outorgada por Urbano II. Ademais da sé arcebispal, Xelmírez acadou o título de sé metropolitana o 27 de febreiro de 1120 -confirmado o 23 de xuño de 1124-, cando Calisto II trasladou a Santiago de Compostela a metrópole de Mérida. Nestes primeiros tempos, a nova sé metropolitana foi constituída coas dióceses sufragáneas de Beja, Lisboa, Faro, Idanha, Coimbra, Viseu, Lamego, Ciudad Rodrigo, Salamanca, Ávila, Coria, Plasencia, Badajoz e Zamora. No ano 1199, logo de numerosos preitos entre Toledo, Braga e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao arcebispo.
-
-
Título que no organigrama da administración eclesiástica se confire á persoa responsable do goberno dun arcebispado. En esencia, trátase dun bispo que engade á administración da súa propia diócese unha certa autoridade, en gran medida de carácter honorífico, sobre outras dióceses que, xunto coa súa propia, conforman o que se designa como provincia eclesiástica, denominándose sufragáneos os bispos que encabezan as dióceses dependentes dun arcebispo. Estes serían os arcebispos plenos ou ordinarios; sen embargo, na estrutura eclesiástica hai outros dous tipos de arcebispos: os arcebispos titulares, dignidades honoríficas ocupadas por membros dos tribunais do Vaticano ou bispos auxiliares, debido a que corresponden a dióceses desaparecidas trala dominación islámica en Asia e África, e os arcebispos residenciais, aqueles que non gobernan sobre ningún bispo sufragáneo. Historicamente, o título de arcebispo xorde no proceso de adaptación da...
-
Axudante concedido polo Papa ao titular dun arcebispado, polo xeral con dereito a sucesión. As súas facultades quedan determinadas nas escrituras apostólicas de nomeamento.
-
Nas igrexas orientais, título que teñen as cabezas de demarcacións territoriais situadas fóra dun patriarcado. Actualmente só teñen este título os arcebispos ortodoxos de Grecia e de Chipre.
-
Metropolitano.
-
Arcebispo que rexe unha arquidiócese sen mando sufragáneo.
-
Arcebispo que porta tal dignidade de xeito só honorífico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocado pola Consellería de Educación, o Concello de Santiago de Compostela, o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro e a empresa Cubiertas MZOV dende o ano 1995, o xurado está formado por estudiantes de COU nas tres modalidades do premio: lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira traducida ao castelán. Na primeira edición recibiron o premio Tic-Tac, de Suso de Toro, Lituma en los Andes, de Mario Vargas Llosa e A la sombra del granado, de Tariq Ali. Na segunda edición (1996), resultaron gañadores Xurxo Borrazás por Criminal, Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mi e Jostein Gaarder por El mundo de Sofía. Na terceira edición (1997), Ruído, de Miguel Anxo Murado e Unha noite con Carla, de Aníbal Malvar, compartiron o premio no apartado de lingua galega, Los héroes de la fortuna, de Antonio Soler e Antonio Tabuci por Sostiene Pereira. Na cuarta edición (1998), os gañadores foron...
-
-
Dignidade de arcediago.
-
Territorio da xurisdición do arcediago.
-
Casa que habita un arcediago.
-
-
-
Membro principal dun cabido catedralicio, primeiro entre os diáconos, encargado de dirixir o cabido e que segue na importancia do seu cargo ao bispo.
-
Primeiro ou principal dos diáconos dunha igrexa.
-
Cargo eclesiástico situado tralo bispo. As primeiras referencias ao cargo datan do s IV cando se lles encarga auxiliar aos bispos en diferentes tarefas administrativas e litúrxicas como asistir ás ordenacións, controlar o traballo do clero, substituír o bispo na súa ausencia e, en xeral, funcións de vigairo. Ao medrar o seu poder xurisdicional, nalgunhas dióceses nomeáronse varios arcediagos e creouse un territorio de seu, o arcediagado. Desde os concilios de Braga (561) e de Mérida (666) está documentada a existencia do cargo. Trala ocupación da Península Ibérica polos musulmáns (711) ata o ano 1087 desaparecen as referencias documentais a este cargo; sen embargo, nos concilios de Santiago de 1060 e 1063 alúdese aos arcediagos con outro nome, e establécese a obriga de restauralo na diócese onde non existise. Co aumento da poboación e da extensión das dióceses aumentou o seu número. Os arcediagos galegos gozaron nas súas demarcacións de moita autonomía xurisdicional tanto no temporal como...
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta do Cancionero de Baena e un dos representantes da escola galego-castelá. Se ben o único dato biográfico que coñecemos, a través das rúbricas das súas composicións, é o do cargo eclesiástico que desempeñou, parece que é posible identificalo con Gonzalo Rodríguez que figura como testemuña no tratado asinado en Salvaterra en 1383 entre as coroas de Castela e Portugal, e relativo ao casamento do Rei castelán Xoán I e Dona Beatriz, filla do Rei portugués Fernando I. Viviu, xa que logo, durante o reinado de D. Xoán I de Castela (1379-1390). Na Carta Proemio escrita polo Marqués de Santillana a don Pedro, condestable de Portugal aparece nomeado como un dos poetas máis sobranceiros deste período. Algúns indicios apuntan a unha posible orixe galega: emprego do galego, presenza numerosa de cargos eclesiásticos galego-portugueses no tratado de Salvaterra, orixe galega de personaxes citadas nas súas poesías, etc. Deste autor consérvanse seis composicións, sobre as que a crítica...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte sobre o río Ulla, pola marxe dereita pertence á parroquia de Arcediago, no concello de Santiso e, pola marxe esquerda, á parroquia de Berredo, no concello de Agolada. Trátase dunha ponte con tres vans de sillería do século XIX con arcos rebaixados. Está situada no trazado da estrada C-540 de Betanzos a Agolada.