"Soči" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española de construcións mecánicas fundada no ano 1900, continuadora das antigas instalacións de Duro y Cía en Asturias. En 1966 incorporou o patrimonio siderúrxico de UNINSA (posteriormente ENSIDESA), e en 1967 agregou HUNOSA. A súa principal actividade é a fabricación de bens de equipamento para a industria siderúrxica, centrais hidroeléctricas e nucleares, cemento e minería. En 1991 SMDF transformouse en Grupo Duro Felguera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade internacional creada en 1930 por un grupo de economistas e estatistas europeos e norteamericanos para o desenvolvemento da teoría económica coa axuda da estatística e das matemáticas. Desde 1933 publicou a revista Econométrica para a divulgación de estudios cuantitativos empíricos e teóricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estatal francesa creada no 1976 como sucesora da Société Nationale des Pétroles d’Aquitaine (SNPA), constituída en 1941 tralo descubrimento de depósitos de gas na rexión desde 1939. Está presente en todo o ciclo do petróleo e comercializa os seus produtos baixo as marcas Elf e Antar. Converteuse no primeiro grupo refinador de Francia, así como no primeiro produtor francés de gas natural. Participou tamén nas industrias química e farmacéutica. Privatizouse en 1994 e fusionouse con Total-Fina en 1999, co que se conformou un dos primeiros grupos petrolíferos mundiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.
-
-
Relativo ou pertencente aos escombresócidos.
-
Peixe da familia dos escombresócidos.
-
Familia de peixes da orde dos ateriniformes ao que pertence o alcrique.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos esócidos.
-
Peixe da familia dos esócidos.
-
Familia de peixes, da orde dos salmoniformes, á que pertence o xénero Esox.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación socialista británica constituída en Londres en 1883, inspirada nos métodos de conciliación do cónsul romano Quinto Fabio Máximo Verrugoso. Dirixida por Edward Pease, o núcleo inicial compoñíase de escritores (Bernard Shaw, H.G. Wells) e economistas (Sidney e Beatrice Webb). Os fabianos contribuíron á creación do comité para a representación do traballo, integrado no Labour Party desde 1906. Ocupouse da difusión do socialismo, defendeu a nacionalización da industria e tivo influencia sobre os políticos laboristas e os dirixentes das trade unions.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político consituído en xullo de 1975 por sectores do centro e da dereita saídos do franquismo. O grupo constituíuse a partir da Lei de Sociedades Anónimas e presentouse en Santiago no mes de agosto. Manuel Fraga Iribarne ocupou a presidencia ata ser nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Carlos Arias Navarro. Xunto ao Gabinete de Orientación y Documentación Sociedad Anónima, formou o partido político Reforma Democrática en 1976, con carácter centrista, aínda que estaba formado por personalidades saídas da ditadura, que en outuno de 1976, xunto a outros partidos, formou Alianza Popular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político constituído en 1976 por membros do Partido Socialista Galego e doutros partidos socialistas españois, no marco da Conferencia Socialista Ibérica. Defendeu a ruptura democrática fronte ao franquismo, en oposición á transición pactada, impulsada polo PSOE e o PCE. Mantivo tamén diferencias coa UPG na definición do carácter da AN-PG, que para os socialistas se concibía como un órgano interclasista e suprapartidario e non como un partido de vangarda revolucionaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo federativo das sociedades obreiras de Ferrol, fundado en xaneiro de 1919 e no que figuraban tanto sindicatos de carácter socialista como anarcosindicalista ou sen orientación definida. Foi coetáneo coa época de achegamento entre a CNT e a UGT, trala folga xeral de 1918, na que ambas centrais sindicais actuaron conxuntamente. En decembro de 1919 varios delegados de sociedades vinculadas á Federación participaron no Congreso da CNT en Madrid, no que esta organización se amosou contraria á fusión coa UGT, optando por tratar de absorber o sindicato socialista. En Ferrol xurdiron tamén diferencias entre anarcosindicalistas e socialistas, que remataron coa creación do Sindicato Único de Obreros Metalúrgicos en febreiro de 1920, xermolo da CNT ferrolá. No II Congreso da Federación, en abril do mesmo ano, decidiuse por maioría o ingreso na UGT. A maior parte dos seus afiliados pertencían aos diferentes gremios de traballadores da construción naval, sumando un total de 2.063 afiliados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades de resistencia que se reclamaban do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trasladou o seu comité á Coruña logo do seu V Congreso celebrado en 1905. O Comité Federal, designado na Coruña, estaba composto por Juan No, Santiago Serapio, Sabino Alfonsín, Coronel e Ricardo Cotelo, e tentou manter os vínculos mediante un boletín mensual nun ambiente desfavorable ocasionado polas continuas persecucións das autoridades. Abandonado polas diversas seccións afiliadas, o comité deixou de funcionar en 1908 e desapareceu a federación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en 1927 en Edimburgo para proporcionarlles aos bibliotecarios de todo o mundo un foro no que intercambiar ideas, promover a cooperación, a investigación e o desenvolvemento internacional nos diversos campos da actividade bibliotecaria. En 1971 estableceu a súa sede na Royal Library da Haia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FIFA.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1980 na Coruña. Na súa redacción participaron Xosé Romero, Agustín Romero, Manuel G. Espiña, E. Vidal Abascal, José A. Gaciño, Juan Naya e Plácido Lizancos. Tentaba recoller información de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Moret.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.