"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Acción e efecto de disecar un animal morto para que se conserve e manteña a aparencia de vivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen diseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir, cortar ou separar en distintas partes un vexetal ou o cadáver dun animal para o seu estudio.

    2. Preparar un animal morto para conservalo e manter a súa aparencia de vivo. O proceso consiste en quitar do seu interior os órganos susceptibles de apodrecer e reencher de novo o animal con outros materiais, como palla ou algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disecar un vexetal ou un cadáver para o seu estudio.

    2. Incisión provocada polas augas de arroiada que divide unha superficie.

    3. Análise profunda e moi minuciosa dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen diseca, especialmente diseccións anatómicas.

    2. Analizador de imaxes antigo que foi ideado e perfeccionado por P. T. Farnsworth. Consiste na proxección das imaxes ópticas sobre un mosaico transparente fotosensible que emite electróns que, acelerados convenientemente, forman a imaxe electrónica, que se explora a través dun sistema de deflexión magnética e un ánodo fixo. A corrente de saída corresponde ao brillo da imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de diseminar ou diseminarse.

    2. Dispersión natural das diásporas dun organismo.

    3. Depósito constituído por grans finos de mineral dispersos polas rochas.

    4. Difusión ou extensión dun proceso patolóxico ou de xermes dentro dun organismo.

    5. Concepto procedente da teoría da deconstrución que alude á condición ilimitada da interpretación, posto que todo texto presenta infinitas posibilidades de lectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de diseminar ou diseminarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un conxunto de cousas ou persoas, ou algo que forma un todo, se estendan en distintas direccións ou se separen.

    2. Estender opinións ou ideas.

    3. Estenderse as persoas ou as cousas, ou algo que forma un todo, en distintas direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano que pode producir un novo individuo igual ao que o xerou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desacordo entre dúas ou máis persoas por non coincidiren nas súas ideas ou opinións.

    2. Disputa provocada pola diferenza de opinións entre as persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade infecciosa, moi frecuente nos trópicos, que se caracteriza por unha inflamación intestinal importante, especialmente do colon, dor, tenesmo, diarrea e deposicións de moco e sangue. Prodúcese por diversos axentes, como bacilos ou amebas. A disentería bacilar , provocada polas bacterias do xénero Shigella, é exclusiva de terras cálidas e a miúdo aparece en forma de epidemias. O seu contaxio pode ser directo, a través dos excrementos, pola inxestión de alimentos crus ou pola infección causada por moscas portadoras. Os bacilos morren nos intestinos, pero as endotoxinas liberadas producen os mesmos trastornos que os bacilos. O cadro clínico comeza de súpeto e o número de evacuacións pode superar mesmo a vintena. A disentería amébica é unha malaria tropical producida pola Entamoeba histolytica, e a diferenza da bacilar, é crónica, con recaídas repetidas que son cada vez máis intensas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á disentería.

    2. Que ou quen sofre disentería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disentir.

      1. Ausencia de correspondencia entre as declaracións das partes que tentan asinar un contrato que, a causa da falta de consenso, non chega a perfeccionarse.

      2. disentimento mutuo

        Conformidade das partes para disolver e deixar sen efecto o contrato ou as obrigas existentes entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter ou manifestar unha opinión distinta ou contraria sobre algo respecto a outros.

    2. Estar en desacordo unha cousa con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta dous sépalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de disertar.

    2. Texto que realiza un estudo pormenorizado dunha cuestión concreta, integrada nun marco conceptual máis amplo. Cultivouse desde a Idade Media tanto en latín coma nas linguas romances. No ámbito universitario francés refírese ao estudio crítico que inicia certos traballos académicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen diserta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratar con autoridade e de modo extenso algunha materia, especialmente en público.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración da sensibilidade, en xeral, por unha percepción diminuída, aumentada ou inadecuada.

    2. Anomalía da sensibilidade pola que se percibe como dolorosa unha sensación que non debería selo.

    3. Sensación anómala na pel en forma de aguilloadas ou proído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á disestesia.

    VER O DETALLE DO TERMO