"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se atopa na beladona e noutras solanáceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frecuencia dunha onda hertziana superior a 3.000 MHz, que corresponde a ondas decimétricas e centimétricas, empregadas en transmisións direccionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Lugo a partir do 31 de xullo de 1921. Cesou a súa edición o 18 de abril de 1922. Subtitulada “Órgano de la FCA de Lugo, dirigida y redactada por esta entidad”, incluía información sindical, directivas e cuestións relacionadas coas actividades agropecuarias. Editábase e saía conxuntamente co periódico La Voz de la Verdad. Foi substituída polo boletín Lugo Agrario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo culpable de crimes graves que, durante a Idade Media, podía evitar ser castigado a cambio de combater contra os musulmáns ou habitar en determinadas poboacións de fronteira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade dun sistema de raíces no que non hai unha principal que se diferencie das outras. É característica das monocotiledonias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación xeométrica do plano ou do espazo que cumpre estas dúas condicións: calquera punto A e a súa imaxe A’ están aliñados cun punto fixo O chamado centro de homotecia, e os segmentos OA___ e OA___’ cumpren a relación OA___´ = kOA ___, k sendo, para cada homotecia, unha constante real denominada razón da homotecia. As homotecias transforman rectas en rectas, circunferencias en circunferencias e conservan os ángulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico emitido desde 1951 por Cadena Radio Continental, propiedade de Ramón Ferreiro, en México. Contou co patrocinio do Padroado da Cultura Galega de México. Interrompeu as súas emisións ao redor de 1968. Presentárono en épocas diferentes Roxelio Rodríguez, Luís Soto e Carlos Velo, e incluía contidos culturais e informativos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Quinto Horacio Flaco e á súa poesía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa albergada ou criada nun hospicio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento óptico, posto en órbita, destinado a observar quasar e galaxias arredados sen a distorsión da atmosfera terrestre. Fabricado pola NASA coa participación da Axencia Europea do Espacio (ESA), foi posto en órbita en 1990 desde Cabo Canaveral. Achegou datos sobre os quasar e sobre o contido de deuterio no Universo.
-
PERSOEIRO
Duque (956-987) e rei de Francia (987-996), fillo de Hugo II de Borgoña. De nome Hugo Capeto, posuía diversos feudos ao redor de París e Orléans que lle permitiron, trala morte do derradeiro rei carolinxio Luís V (987), gañar a elección ao trono. Foi o iniciador da dinastía dos Capetos no trono francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que deriva do adxectivo latino caecus ‘cego’, ou dalgún nome propio etrusco, como Caécina, dada a acentuación primitiva na primeira sílaba (Caécilius). Presenta as variantes Cecía, Cilla, Cecilia/Cecilio e os hipocorísticos Cía e Sía. Santa Icía de Roma (s III), patroa dos músicos, celébrase o 22 de novembro.
-
PERSOEIRO
Virxe e mártir cristiá de dubidosa autenticidade. Casou co patricio romano Valeriano (232?), que se converteu e respectou a súa virxindade. Ela e o seu irmán Tiburcio pedíronlle o bautismo a santo Urbán e por iso foron condenados á pena capital e martirizados. Foi venerada en Roma desde finais do s V e o seu culto en Hispania remóntase ao s X. Desde finais do XV é considerada patroa dos músicos, en especial da música relixiosa. Baixo a súa advocación fundáronse congregacións, confrarías profesionais de músicos e asociacións de concerto. Na iconografía viste túnica e manto das doncelas romanas, con coroa real ou de flores; desde finais da Idade Media empezou a representarse tocando e cantando, por iso adoita levar como atributos persoais un instrumento musical, como un órgano, arpa, clavecín ou violoncelo. O Papa san Pascual I (817-824) trasladou as súas presuntas reliquias á igrexa de Santa Icía de Trastevere (Roma). A súa festividade celébrase o 22 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado de déficit de intelixencia, conxénito ou adquirido precozmente, no que o individuo posúe un cociente intelectual que oscila entre 0 e 20 e unha idade mental que non excede os tres anos, e non pode comunicarse por palabras nin comprender as expresións dos outros.
-
Encefalopatía lipidósica infantil, producida pola infiltración cerebral dun exceso de gangliósido G<J>M2</J>, a consecuencia dun déficit conxénito hereditario do enzima hexosaminidase A.
-
Idiocia de gravidade variable que acompaña algunhas veces o mixedema infantil e o cretinismo.
-
síndrome de Down.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1841. Cesou a súa edición o 15 de xaneiro de 1842. Fundado e dirixido por Domingo Díaz de Robles, levaba por subtítulo “Periódico sabatino. De Literatura, Ciencias y Artes en general, Historia, Moral y Costumbres”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Compañel. Voceiro oficioso da Academia Literaria de Santiago, foi o pioneiro entre os periódicos de tendencia provincialista.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Despois de colaborar en diversos medios de comunicación escrita, fundou en Port-Bou o periódico Tramontana (1924). Posteriormente, foi redactor de El Correo de Galicia. Escribiu La Puerta del Sol (1930), os dramas Noche de amor y misterio (1935) e De fiada (1935), e a zarzuela El estudante de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a santo Ignacio de Loiola ou á súa doutrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do antigo xentilicio latino de orixe etrusca Egnatius, que no latín da época posclásica se transformou en Ignatius; posiblemente por unha etimoloxía popular que o relacionou co substantivo ignis ‘lume’. Ten os hipocorísticos Nacho/Nacha. Destacan con este nome os santos Ignacio de Antioquía (30?-107?), Ignacio de Constantinopla (799 - 877) e Ignacio de Loiola (1491-1556).
-
-
Estado do que é ignorante.
-
Feito de ignorar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal editada en Madrid a partir do 15 de xuño de 1878. Cesou a súa edición o 10 de xaneiro de 1879. Dirixida por Manuel Murguía, incluíu colaboracións de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e artigos en galego, castelán e bable. Imprimiuse na Tipografía Estereotipa de Perojo. Foi substituída por La Ilustración Gallega y Asturiana.