"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Calidade de marcescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás follas e outros órganos vexetais que se secan na planta sen desprenderse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode murchar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marcgraviáceas.

    2. Planta da familia das marcgraviáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos, a miúdo epífitas ou plantas gabeadoras, da antiga orde das parietais, que presenta follas sen estípulas, flores actinomorfas e hermafroditas agrupadas en inflorescencias en umbela ou acio e froito en cápsula. Comprende unhas 100 especies de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Comezou colaborando en Las Noticias e La Dona Catalana. A súa poesía é postsimbolista con elementos realistas (Rutas, 1938; La pasión desvelada, 1946 ou El viento, 1951). Tamén publicou novelas (Nina, 1949 ou Algo muere cada día, 1955), e, xunto co seu marido, Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu dez títulos dos Nuevos episodios nacionales (1963-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro. Participou na constitución da Compañía Transmediterránea (1916) e posteriormente na absorción de La Isleña (1917) e na creación dunha moderna fábrica de abonos químicos. A partir de 1918 iniciou a súa vida política desde o Partido Liberal e promoveu un amplio reagrupamento de forzas políticas contra mauristas. En 1926 constituíu a Banca March SA, e apoiou financeiramente a sublevación militar de xullo de 1936. En 1955 creou a Fundación Juan March, composta por un patronato e un consello, desde a que se promove a investigación científica e as relacións culturais entre o estado español e outros estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausiàs Marc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa alemana. Traballou para as publicacións Twen e Brigitte (1956), e os seus traballos, que amosan un punto de vista moi particular, foron expostos en Hamburgo e Berlín. Publicou Mann, oh! Man (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frederic Ernest McIntyre Bickel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e realizador cinematográfico dinamarqués. Coñecido como Gabriel Axel, as súas longametraxes tiveron unha certa repercusión en diferentes festivais nórdicos e en Cannes. Destacan as súas comedias e unha serie de filmes sobre a Prehistoria, xunto co filme Babettes gaestebud (O festín de Babette, 1987, Oscar á mellor película estranxeira 1988), que é unha adaptación dun conto de Isak Dinesen. Dirixiu tamén Altid ballade (1955), Amour (1970), Prince of Jutland (1994) e Leïla (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. Foi a primeira presidenta da Asociación de Estudos Galegos. Publicou numerosos artigos sobre a literatura feminina galega e latinoamericana e é a autora da antoloxía de poetas galegas Festa da palabra e da obra De musa a literata: el feminismo en la obra de Rosalía de Castro (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de marchar.

      1. Acción de desprazarse dun lugar a outro.

      2. Desprazamento a pé, realizado xeralmente por un grupo numeroso de persoas, en que se reivindica algo ante algunha autoridade.

    2. Modalidade deportiva que consiste en camiñar moi rápido, mantendo sempre un pé en contacto co chan.

      1. Acción de andar un vehículo ou unha máquina.

      2. Ritmo ou velocidade coa que se move ou funciona un vehículo ou unha máquina.

      3. Cada unha das relacións fixas entre as velocidades dos eixes primario e secundario dun cambio de marchas, que corresponden a unha combinación determinada das engrenaxes.

      4. marcha ó mínimo

        Réxime de funcionamento dun motor de explosión por debaixo do que se para ou por defecto de carburación.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Episodio da conquista do poder por B. Mussolini en Italia. Co apoio tácito das forzas armadas, 40.000 camisas negras converxeron a partir do 28 de outubro de 1922 sobre Roma. O goberno de Luigi Facta presentou a dimisión e Mussolini recibiu o mandato do monarca Víctor Manuel III de Italia de formar goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. En 1947 afiliouse ao Parti Communiste Français (PCF), do que foi secretario xeral entre 1972 e 1994 e apoiou o eurocomunismo. Membro do Parlamento Europeo desde 1979, coa vitoria da esquerda nas eleccións xerais francesas de 1981 iniciou un período de colaboración co goberno que se prolongou ata 1984. Foi reelixido deputado da Assemblée Nationale en 1988 e 1993, e en 1994 dimitiu como secretario xeral do PCF. En 1996 foi acusado de financiamento ilegal e de tráfico de influencias xunto con outros membros do PCF.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Foi oficial de infantería de Mariña desde 1889, e explorou diversos territorios de África Occidental e a rexión do alto Níxer, no interior de Costa de Marfil. En 1898 protagonizou o incidente de Fāshōda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Mademoiselle Dumesnil, foi unha das actrices dramáticas máis célebres do s XVIII e unha das figuras da Comédie-Française entre 1737 e 1776. Traballou en obras de Voltaire e Racine, como en Iphigénie en Aulide (1737). En 1800 publicou Mémoires, en resposta ao libro homólogo precedente de Hyppolite Clairon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comerciante ambulante, especialmente o que trata con gando.

    2. Comerciante de obras de arte.

    3. Individuo con quen mantén relacións amorosas unha muller.

    VER O DETALLE DO TERMO