"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
CAPITAIS
Capital do megye de Somogy, Hungría, situada nos outeiros que bordean o curso alto do río Kapos (67.000 h [2000]). A súa economía baséase na industria (manufacturas téxtiles, materiais de construción, maquinaria agrícola e refinado de azucre).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome da décima letra do alfabeto grego <κ>, en minúscula, e <Κ>, en maiúscula.
-
Partícula autorreprodutiva que contén ADN. Está presente no citoplasma de certas cepas de paramecios e é liberada polos individuos de cepas chamadas asasinas. Se é inxerida por organismos dunha cepa sensible, é dicir, que non contén partículas kappa, cáusalles a morte. Divídense por escisión binaria, son sensibles a certos antibióticos e teñen as propiedades morfolóxicas e químicas dunha bacteria.
-
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Doris Day, comezou a súa carreira cantando en distintas orquestras ata que conseguiu un contrato cos estudios Warner para facer varios musicais. Da súa filmografía destacan as películas Romance on the High Seas (1948), Love Me or Leave Me (1955), The Man Who Knew Too Much (1956), Lover Come Back (1961) ou Do Not Disturb (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista de variedades austríaco. Durante a Segunda Guerra Mundial presentou en Barcelona espectáculos de revista e opereta vienesa, xunto con Franz Johann. Estableceuse en Barcelona e foi director de programas de TVE.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo neerlandés. Traballou no observatorio de Leiden e foi profesor en Groningen. A elección de 252 puntos da esfera celeste que propuxo permitiu estudar a estrutura da Vía Láctea e catalogar unhas 300.000 estrelas. Introduciu o emprego dos campos estelares para o reconto de estrelas; considérase o creador da estatística estelar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Estudiou historia e arte na Universidade de Varsovia. Profesor da Universidad de Caracas (1978) e da Temple University de Philadelphia (1988), entre 1959 e 1981 foi correspondente da axencia Polish Press en diversos países de América, Asia e África. Parte dos seus libros foron traducidos a máis de trinta idiomas e deles destacan: Bus po polsku (1962), O emperador (1978), O xa (1987), Ébano (1998) e o álbum fotográfico Desde África (2000). Doutor honoris causa pola Universidade de Silesia (1997), en 2003 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo Canaveral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
capa de Heaviside.
-
-
Lingua algonquina que falan os kickapus.
-
Pobo de América do Norte de lingua algonquina, que na época da colonización europea habitaba na rexión entre o Ohio e o Mississippi. Enfrontáronse aos colonos e rexeitaron a asimilación, polo que se trasladaron ás rexións situadas máis ao S. Divididos en catro grupos, habitan en EE UU, en Kansas, Oklahoma e Texas, e en México, ao redor de Coahuila.
-
Relativo ou pertencente aos kickapu ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo kickapu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Wernigerode, Magdeburg 1743 - Berlín 1817) Químico alemán. Creou a análise mineral cuantitativa e descubriu novos elementos (uranio, titanio, circonio e cerio).
-
CIDADES
Cidade do estado de Mahārā Palatino; ṣ h Palatino; ṭ ra, India, na parte centroccidental da península do Deccan (405.118 h [1991]). Destaca na súa economía a industria téxtil, química e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillaume Apollinaire.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Alemaña ? - Vigo 12.4.1903) Editor e impresor. Instalou os seus obradoiros tipográficos en Vigo en 1895. Especializado na literatura española do Século de Ouro, mantivo unha estreita relación con destacados estudiosos, como Menéndez Pelayo, A. Bonilla e San Martín. Tirou do prelo unha serie de coidadas edicións de El Conde Lucanor, La Celestina e El Diablo Cojuelo, todos eles cos seus correspondentes estudios e prólogos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Reims 30.4.1651 - Rouen 7.4.1719) Sacerdote e pedagogo francés. Despois de ser ordenado sacerdote en 1678, fundou a congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás. Ademais das constitucións da congregación de 1693, escribiu Les devoirs du chrétien (1703). O seu sistema pedagóxico, exposto en La conduite des écoles (1717), prescribiu unha pedagoxía racional e a adopción da lingua materna en lugar do latín. Foi canonizado en 1900 e proclamado patrón dos educadores en 1951. A súa festa celébrase o 7 de abril.
-
PERSOEIRO
Predicador francés. Avogado, entrou no seminario e foi ordenado sacerdote en 1827. En 1830 fundou, xunto con Lamennais e Montalembert, o periódico L’Avenir, que foi condenado por Gregorio XVI en 1834. Someteuse e arredouse de Lamennais, co que polemizou. Obtivo o restablecemento da orde dos dominicos en Francia e, en 1840, pronunciou os votos. Entre 1850-1854 e 1858-1861 foi o superior da orde. Desde 1835 destacaron as súas conferencias en Notre-Dame de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela, no Reino Unido, dedicada á Virxe situada tralo coro. En ocasións é un corpo illado, orientado ao L e unido á igrexa por unha galería.
-
GALICIA
(Ferrol 1945) Actor, director e animador teatral. Diplomado pola Escola D Expresió de Barcelona, iniciou a súa traxectoria (1975) no movemento de teatro escolar potenciado desde as Universidades Laborais, para despois integrarse en Teatro Circo, grupo co que participou no espectáculo Os vellos non deben namorarse (1977). Foi un dos fundadores da Escola Dramática Galega e, durante o tempo que presidiu a entidade (1981-1985), potenciou un proceso de descentralización que levou á constitución, despois fallida, dunha sección da Escola en Vigo. Da experiencia naceu a compañía profesional Teatro de Ningures, na que colaborou. No eido do teatro escolar potenciou a creación de grupos como Kalandraka. Desde 1981 promoveu a edición do Boletín de Información Teatral, que se converteu posteriormente na Revista Galega de Teatro. Ten publicado diversas colaboracións sobre o feito teatral e traballos de carácter pedagóxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Molusco gasterópodo que presenta cuncha univalva de cor castaña amarela. Habita adherido ás rochas do litoral mariño.
-
Persoa pesada e molesta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa incandescente que xorde dun corpo ao arder e produce luz e calor.