"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de instituto, fundou, xunto con Germán Sánchez Ruipérez, Edicións Xerais de Galicia (1978) e ocupou a primeira Subdirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia (1983). Promotor e presidente da Asociación de Tradutores Galegos (1984), fundou e dirixiu a biblioteca virtual www.bivir.com (2000) e participou na fundación das revistas Viceversa, Revista Galega de Tradución e Tempos Novos. Publicou Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego (1987), Un camiño novo para unha vella utopía (2004) e Para unha escriptoloxía do galego (2004). É membro do consello asesor do IGADI, da Fundación Plácido Castro, do Instituto de Estudios Miñoranos e da Mesa polo Libro de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Na súa obra, marcada pola análise psicolóxica, implica directamente a relixión e os conflitos morais esenciais no ser humano, como se reflicte no debate entre a vida espiritual e os desexos máis carnais. Publicou as novelas Le baiser du lépreux (1922), Thérèse Desqueyroux (1927) e Le mystère Frontenac (1933), así como a biografía política De Gaulle. En 1933 foi elixido membro da Académie Française. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1952) e a Grand-croix de l’ordre de la Légion d’honneur (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a illas Mauricio ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de illas Mauricio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Xefe da lexión tebana, instalou o seu campamento en Agaune (Valais), actual Saint-Maurice (Suíza) para combater ao N dos Alpes. O Emperador Maximiano deu orde de decimar a lexión por non participar no culto oficial de Roma, e acusados de rebelión militar, oficiais e soldados entregaron as súas armas e deixáronse decapitar sen opoñer resistencia. A súa festividade celébrase o 22 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder de Holanda e Zelanda (1585-1625) e de Utrech e Overijssel (1590-1625), fillo de Guillerme I de Orange-Nassau. Foi nomeado presidente do Consello de Estado das Provincias Unidas (1584) e gobernador e capitán xeral (1587). Á fronte das tropas españolas conquistou Breda (1591), Nieuwpoort (1600) e Rhinberg (1601). Opúxose á Tregua dos Doce Anos (1609-1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África occidental que limita co Sáhara Occidental e Alxeria, ao N, con Mali, ao L e ao S, con Senegal, ao S, e co Océano Atlántico, ao O (1.030.700 km2; 2.614.000 h [estim 2001]). A súa capital é Nouakchott.
    Xeografía
    Está constituída por unha gran chaira dominada por altiplanos rochosos de pouca altitude e conforma o extremo do sector occidental do Sáhara. A costa é baixa e está rodeada de dunas. O clima é desértico, aínda que cidades como Nouadhibou e Nouakchott reciben a influencia dos ventos mariños. Non conta con correntes fluviais de cursos constantes, e tan só ao S, na liña de fronteira con Senegal, pasa o curso baixo do río Senegal, que dá lugar a unha vexetación de estepa arborizada. No interior a vexetación é espiñosa, mentres que na costa predomina a arbustiva. A maioría da poboación dedícase á agricultura de subsistencia e á gandería. Os principais cultivos son millo miúdo, arroz, millo, pataca doce, cacahuetes...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mauritania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mauritania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe. Introduciu o monaquismo beneditino na Galia ao fundar a congregación maurina e o mosteiro de Glanfeuil (actual de Saint-Maur-sur-Loire), o primeiro desta orde en Francia. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Émile Herzog, as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial reflectíronse en Les silences du colonel Bramble (1918). Cultivou un estilo elegante e convencional e publicou as obras Bernard Quesnay (1926), Climats (1928) e Le cercle de famille (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático siciliano. Coñecido como Francesco de Messina, a partir de 1550 dedicouse ao estudo da óptica, especialmente dos fenómenos relacionados cos espellos esféricos, cos prismas e co mecanismo da visión humana. Explicou tamén o fenómeno do arco de San Martiño ou arco da vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Dunha soa nave, presenta unha fachada con porta arquitrabada e unha pequena fiestra, rematada por un frontón. No cumio destaca unha espadana cun corpo de arcos peraltados. O presbiterio, máis elevado ca o resto, ten a sancristía adxunta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Integrado na escola da Haia, cultivou principalmente a paisaxe e admirou a J. F. Millet. Destacou pola harmonía do colorido e a suavidade da luz nas súas obras, das que destaca Barca de pesca arrimada á beira (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do latín Maximianus, patronímico de Maximus e despois nome propio. Destacan con este nome o emperador romano Maximiano (250-310?) e san Maximiano de Ravenna (s VI), celebrado o 22 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono de Istria. Xustiniano I designouno arcebispo de Ravenna (546) e consagrou as igrexas de San Vital e de Sant’Apollinaire in Classe desta cidade. Na catedral aplicouse o seu nome á cadeira de marfil (s VI) situada na sancristía. A súa festividade celébrase o 22 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (286-305 e 307-308). Foi enviado á Galia co título de césar durante o goberno do Emperador Diocleciano para reprimir a revolta dos bagaudas. Nomeado emperador en 286, acadou o mando sobre as provincias occidentais e residiu en Tréveris. Seguindo o exemplo de Diocleciano, abdicou e retirouse a Lucania (305), pero volveu ao poder en 307 e, despois de rexeitar o seu fillo Maxencio, nomeou emperador a Constantino I. Foi obrigado a abdicar novamante en 308.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do sobrenome latino, e despois nome, da idade imperial Maximilianus, forma composta á súa vez dos sobrenomes romanos Maximus e Aemilianus (Máximo e Emiliano). Hai quen o considera tamén como o xentilicio de Maximus mediante a disimilación dun Maximinianus. San Maximiliano de Lorch (s III) celébrase o 12 de outubro e san Maximiliano Kolbe (1894-1941) o 14 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe e chanceler alemán. Herdeiro do gran duque Federico II de Baden, seguiu a carreira militar. Foi nomeado chanceler por Guillerme II de Prusia en outubro de 1918 e encargouse de negociar o armisticio trala fin da Primeira Guerra Mundial. Os movementos revolucionarios obrigárono a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi bispo de Lorch e distribuíu os seus bens entre os pobres. Martirizárono en Estiria (283) durante as persecucións ordenadas por Numeriano. Preséntase como bispo con mitra, báculo e espada. A súa festividade celébrase o 12 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. De familia militar, foi condenado a morte por discutir a divinización do emperador. A súa festividade celébrase o 12 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, rei dos romanos (1486-1493) e emperador romano-xermánico (1493-1519). O matrimonio con María I de Borgoña (1477) aumentou as súas posesións co Franco Condado, Brabante, Hainaut, Luxemburgo, Holanda, Zelanda, Artois, Flandres e Charolais. Como emperador procurou reforzar a súa autoridade e así en 1495 aprobou a creación dunha cámara de xustiza imperial. Máis tarde, intentou a creación dunha administración común aos seus estados patrimoniais e ao imperio, por medio da chancelería áulica (Hofkammer). Polo Tratado de Noyon (1516) incorporou aos seus estados Trieste, Fiume e unha parte de Friüli. Casou o seu fillo Filipe (futuro Filipe I) con Xoana (futura Xoana I), filla dos Reis Católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO