"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante italiano. Representante da escola veneciana do s XVIII, abriu o camiño a J. B. Tiepolo con obras como a Gloria di san Domenico (1727). Pintou escenas de xénero influído polo caravaggismo e das súas obras destacan L’indovina, Eliezer e Rebecca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo italiano. Ordenado sacerdote en 1764, ao ano seguinte marchou a Palermo para ocupar unha cátedra de Matemáticas Superiores. En 1791 fundou un observatorio astronómico na torre do Palacio Real. En 1792 publicou un catálogo de 7.646 estrelas, e en 1801 descubriu o primeiro asteroide, ao que lle deu o nome de Ceres. A partir de 1817 dirixiu a construción do observatorio de Capodimonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Membro das compañías de López Llauder, Emilio Espinosa e Rafael Rivelles, participou en máis dun centenar de comedias e dramas. Compaxinou o labor teatral co cinematográfico, onde destacan ás súas interpretacións en Las tinieblas quedaron atrás (1947), La llamada de África (1952) e Noventa y nueve punto nueve (1997). Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción do s XVII situada na Picoña (Salceda de Caselas). Trátase dun conxunto de varias edificacións que forman unha planta en L, cun torreón no corpo menor. Destaca a solaina de sete arcos situada sobre o soportal, que percorre a fachada principal e o acceso a través dun portal con escudo e troneiras. Ten unha capela nas proximidades de pequenas dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio. Considerado o principal escritor en lingua malaialam do s XX, escribiu máis de 40 novelas e 600 relatos, en que reflicte a sociedade do seu contorno e fai unha defensa especial das castes máis baixas. Destacou cunha colección de contos (1934) e coas novelas Thottiyude Makan (O fillo do basureiro, 1947) e Kayar (A corda, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga embarcación de vela e remo, de popa cadrada, con tres paus e moita eslora.

    2. Barco de vela, de ata 400 toneladas de desprazamento, dedicado á cabotaxe.

      1. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘cunca’.

      2. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘pau de copas (da baralla)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na parroquia de Pesqueiras (Chantada). Ten planta rectangular con patio interior, e torre no lateral dereito. Na parte posterior sitúanse as dependencias do servizo e unha eira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santo Estevo de Folgosa (O Corgo). Ten planta cadrada cun saínte en forma de L, que foi engadido posteriormente e onde se sitúa a galería. Foi construído en cachotaría, agás a fachada principal, os vans e os esquinais que están realizados en cantaría. Destaca o patio interior de forma rectangular, provisto dunha arcada cun corredor con balaustrada de pedra enriba. Na fachada principal destaca un monumental escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na parroquia de Caamouco (Ares). Ten planta rectangular e está realizado en cantaría na cornixa, nos vans e nos esquinais. Conta cunha capela acaroada e nos arredores sitúanse as vivendas dos caseiros, un pombal, cocheiras e hórreos. Está rodeado de horta, campos de labranza e xardíns na parte principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Culleredo. Edificado a comezos do s XVIII por Juan Sánchez del Pino, a fachada configúrase en forma de L e nela destaca un patín ao que se accede por medio dunha escaleira disposta en ángulo. Sobre a porta sitúase un escudo. A parte posterior presenta forma de U, como consecuencia de pegar ao corpo principal do pazo un forno nun lado e unha capela, polo outro, que enlaza por un paso elevado. A vivenda ten dúas alturas, a inferior acolle os diversos servizos do pazo e a superior os cuartos e as estancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na parroquia de Piñor (Barbadás). Consta de dous edificios de distintas épocas, con dúas alturas diferentes. O máis moderno, de planta rectangular, está inserido no outro. Hai unha capela preto do edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel de seis membros que contén dous átomos de nitróxeno en posicións relativas 1,4. Emprégase en medicina como antihelmíntico, diurético e disolvente do ácido úrico, como insecticida e como inhibidor da corrosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heteróclito que consiste nun anel de seis membros insaturables que contén ao mesmo tempo dous átomos de nitróxeno en posicións relativa 1, 4.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heteróclito de elevada toxicidade que, formado por un anel de cinco membros insaturable, contén ao mesmo tempo dous átomos de nitróxeno en posicións relativas 1, 2. Presenta carácter aromático. Pode existir de dúas formas tautómeras. O pirazol é lixeiramente básico e forma sales cos ácidos inorgánicos. Malia ser resistente aos oxidantes e aos redutores, pode ser hidroxenado por medio de procedementos catalíticos, primeiro en pirazolina e despois en pirazolidina, ambos os dous compostos bases máis fortes ca o propio pirazol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos carbonílicos heterocíclicos isómeros derivados formalmente do pirazol. A 5-pirazolona é un sólido cristalino que se funde a 165 °C, soluble en auga e en alcohol. As 5-pirazolonas empréganse en medicina como antipiréticos, e a máis importante é a denominada antipirina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico insaturado, que consiste nun anel de seis membros que contén ao mesmo tempo dous átomos de nitróxeno en posicións relativas 1, 2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado co pitambón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio construído en Florencia sobre un deseño de Filippo di Ser Brunelleschi (s XV) por encargo do comerciante Lucca Pitti en 1440. Os Medici continuaron as obras, dirixidas por Ammanati (1558-1570) e sufriu posteriores ampliacións. É un dos modelos básicos da tipoloxía do palacio florentino. Contén a Galería Pitti, baseada nas riquísimas coleccións de obras de arte de Cosme II e Fernando II de Toscana, enriquecida despois por outros membros das familias Medici e Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan pedagóxigo redactado por Vicente Risco a petición da III Asemblea Nazonalista Galega, celebrada en Vigo. O Plan, na óptica da escola nova no tocante ás súas propostas, establecía sete apartados: a) o edificio escolar, que bebe cumprir unhas condicións hixiénicas, pedagóxicas, estéticas e educativas adecuadas;   b) a ordenación do interior dos centros, en que defende unha aula ampla, luminosa e funcional; c) a vida escolar, que debe respectar a personalidade e o carácter de seu do neno; d) os profesores, que deben estar comprometidos co país e usar o galego na escola; e) os métodos de ensino, baseados na escola nova; f) o galego na escola, en que se prioriza a presenza ou ensino en galego para facilitar e optimizar a aprendizaxe; e f) o ensino da cultura galega nas escolas, en que se debe incluír no programa de estudos disciplinas referentes a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO