"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción de distribuír ou distribuírse.
-
Ordenación das pezas que forman o interior dunha vivenda.
-
Conxunto de moldes xa impresos que se poden distribuír.
-
-
Conxunto de actividades económicas que teñen como finalidade que os bens ou produtos cheguen dende os produtores ata os vendedores.
-
distribución de productos
Momento do proceso produtivo no que se efectúa a asignación dos bens e servicios destinados ao consumo final.
-
teoría da distribución
Análise das leis económicas que determinan as partes da renda que lles corresponden aos diferentes factores produtivos. A súa formulación, en termos de funcionalidade dos factores produtivos, correspondeulles aos fisiócratas, que analizaron o proceso polo que o produto neto da agricultura chega ás tres clases sociais. A escola clásica centrouse no estudo da distribución entre a renda e a terra, e entre os beneficios e os salarios. Para os neoclásicos, calquera factor variable obterá automaticamente unha remuneración que, en condicións competitivas, corresponderá ao seu produto marxinal e a súa distribución derivará sempre do obxectivo de conseguir unha maior eficiencia na asignación dos recursos. A escola poskeynesiana formulou a teoría da distribución a curto prazo coa coherencia entre a división da renda nacional entre o consumo e o investimento, dunha banda, e os beneficios e salarios a doutra.
-
-
Transmisión da enerxía eléctrica cara ás instalacións que a utilizan. As centrais eléctricas producen enerxía eléctrica en forma de corrente alterna trifásica, de tensión comprendida entre 5 e 30kV; para o transporte ata os centros de distribución esta tensión elévase a valores que poden chegar a 380kV. Para a distribución emprégase a corrente alterna trifásica de 220V ou 380V para usos industriais, e a monofásica de 125V ou 220V para usos domésticos. A frecuencia está normalizada a 50 Hz en Europa e a 60 Hz en América. As redes de distribución urbanas poden ser radiais, en bucle (ou en anel), ou ben en malla, e adoitan estar feitas con cables subterráneos, mentres que as rurais adoitan ser radiais e con liñas aéreas. Para a distribución empréganse normalmente catro fíos: tres para cada unha das fases e un para a neutra.
-
-
Conxunto de datos ou valores nos que as frecuencias se indican por medio das porcentaxes nas que se presentan, ou ben de maneira absoluta, seguindo unha escala predeterminada. Dentro da estatística teórica, estes valores están asociados a probabilidades, a distribución das cales é estudada mediante a función de distribución.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente lingüística inspirada na obra de Leonard Bloomfield, que se desenvolve entre os anos 30 e 50 do s XX nos EE UU, en reacción contra as gramáticas mentalistas e as ideas de Edward Sapir e Benjamin Lee Whorf. Parte do principio de que os elementos dunha lingua non co-ocorren de xeito arbitrario, senón de acordo con determinadas relacións. Aínda que esta era unha constatación moi antiga, non fora obxecto de método ata a chegada do distribucionalismo. Esta corrente teórica desenvólvese nunha gramática norteamericana marcada por unha cativa representación das tendencias filolóxica, histórica ou comparativa, e polo interese nas linguas amerindias, nunha situación oral non-codificada. Así, a lingüística da época presenta conexións coa antropoloxía e cunha psicoloxía condutista que, en tanto ciencia natural, evita a introspección e favorece as análises obxectivas. Neste contexto, a lingüística deberá dedicarse a describir os elementos dunha lingua a partir da súa aptitude (posibilidade...
-
-
Acción e efecto de separar ou desunir unhas partes das outras.
-
Ruptura bioxeográfica que non permite o fluxo xenético entre dous núcleos poboacionais dunha mesma especie. Esta ruptura pode ser por barreiras naturais, como os cambios xeolóxicos ou climáticos, ou por efecto do home, como as grandes infraestruturas (encoros, autoestradas, etc) ou a deforestación de extensións de terreo.
-
Separación normal dos cromosomas homólogos durante a meiose. A non disxunción orixina gametos euploides.
-
Separación de dúas ou máis unidades lingüísticas que loxicamente deberían ir xuntas.
-
Relación semántica que se expresa mediante unha coordinación disxuntiva. Pódese distinguir a disxunción exclusiva e a disxunción inclusiva. A primeira implica a elección dun dos seus elementos e a exclusión dos outros (Unha de dúas: ou ves ou quedas); mentres que a segunda implica unha alternativa na que a escolla non invalida necesariamente as outras opcións ofrecidas (Poden participar no concurso de debuxo cativos de dez ou doce anos).
-
Nome de dúas conectivas binarias: a disxunción inclusiva, que na lóxica simbólica se representa co signo (v), e a disxunción exclusiva, representada polo signo (F). A inclusiva p v q, lese “p ou q”, e a exclusiva pFq, lese “ou p ou q”.
-
asíndeto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ditongar.
-
-
Acción e efecto de divagar.
-
Conxunto de variacións no leito dun río e na dirección da auga cando a pendente é feble. Disto pode resultar a división do río en brazos ou a aparición de illas e meandros.
-
-
-
Acción e efecto de diversificar ou diversificarse.
-
Reorganización da xestión empresarial para obter unha ampliación da gama de produtos vendibles e aumentar, polo tanto, a participación no mercado. Pode afectar ao proceso interno de produción, cando o obxectivo é loitar contra as flutuacións cíclicas ou estacionais das vendas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de divinizar.
-
-
-
Disolución dun matrimonio celebrado validamente, en vida dos cónxuxes, mediante unha resolución xudicial fundada nunha causa legal. No ordenamento civil español, o divorcio baséase nos principios da previa ruptura da convivencia conxugal inferida tralo transcurso dun prazo de separación legal ou de feito, e de disolución por mutuo acordo, condicionado a un prazo de reflexión ou espera. Nas sociedades primitivas o matrimonio non se consideraba indisoluble. A iniciativa da ruptura correspondíalle ao home que a exercía por causa da esterilidade da muller. En moitas civilizacións antigas, o divorcio estaba consentido: causas como a desatención do marido facultaban á muller para divorciarse e o marido podía deixar a súa muller se esta era estéril. Na cultura asiria, o home podía repudiar a muller e as esposas de guerreiros prisioneiros podían volver a casar. En Grecia, o divorcio estáballes permitido a ambos os sexos; sen embargo, en Roma o divorcio non chegou a xeneralizarse ata o s II. A difusión...
-
divorcio vincular
Disolución do vínculo matrimonial que ten efectos no matrimonio (incluso consumado) cando a fe católica dun dos cónxuxes determina dificultades graves na convivencia. Se un dos cónxuxes fai profesión de fe relixiosa, pódese conceder o divorcio vincular sempre que o matrimonio non estivese consumado.
-
-
Separación ou desacordo entre dúas ou máis cousas ou persoas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de divulgar ou de divulgarse.
-
-
Calidade do que é dixitado.
-
Movemento dos dedos ao escribir nun teclado ou ao tocar un instrumento.
-
Indicación na partitura dos instrumentos que sinala, por medio de cifras, o dedo que se debe empregar en cada nota.
-
Cada un dos lóbulos das follas dixitadas.
-
Decoración da cerámica que consiste en premer a xema dos dedos sobre a pasta fresca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversión mediante a que unha información analóxica se codifica como dixital.
-
-
Acción e efecto de documentar ou documentarse.
-
-
Conxunto de documentos referidos a algo ou a alguén, reunidos ou presentados para un fin.
-
Documento ou conxunto de documentos, procedente dunha autoridade competente que prové, entre outras cousas, a identidade dunha persoa, a súa filiación e o seu estado social e xurídico. Serven para a identificación persoal ou para acreditar algunha condición.
-
-
-
Conxunto de técnicas e disciplinas informativas que se ocupan da recuperación e do estudo do documento, emitido nun proceso anterior, como fonte de información. Mediante a análise e o tratamento técnico das mensaxes, prepáranse para que a información sirva de fonte para acadar novos coñecementos ou para tomar decisións nas empresas, organizacións e institucións. O incremento da produción de información científica, técnica e divulgativa, entre outras, deu orixe a novos recursos e técnicas documentais. Entre outros, destacan as bases de datos ou as redes documentais e os novos soportes de datos que poden ser: fotográficos, como a fotografía, a fotocopia ou a telecopia; microformas, como o microfilme e a microficha; magnéticos, como as cintas magnetofónicas, as de vídeo e os discos magnéticos; ópticos, como o disco óptico; e magneto-ópticos.
-
documentación automatizada
Sistemas ou servicios de información nos que os datos se almacenan e se distribúen a través dun soporte magnético ou óptico, que permite a súa lectura polos ordenadores. Pódese consultar a través dunha rede documental. Presenta, segundo diferentes autores, catro grandes ámbitos de traballo: a teledocumentación, na que se integran as bases de datos en liña e o videotex; as tecnoloxías ópticas, nas que se integran os discos ópticos e os CD-ROM; os sistemas de xestión electrónica; e Internet.
-
documentación bibliográfica
Conxunto de informacións procedentes de libros, monografías ou revistas, que se lles ofrecen dun xeito organizado aos estudiosos ou ao persoal interesado nesas materias.
-
documentación comercial
Conxunto de documentos producidos por unha empresa, de orixe interna ou externa, como os catálogos de produtos ou os carteis, e susceptibles de ser conservados nos arquivos.
-
documentación teatral
Proceso de catalogación de todo tipo de materiais relacionados coas artes escénicas e, particularmente, co teatro. Adoitan ser libros, revistas, vídeos, fotografías, carteis, programas de man, cadernos de dirección, partituras de música para teatro, deseños escenográficos, máscaras, vestiario, elementos de escenografía, panos e todo tipo de materiais que poden dar conta dun determinado feito teatral. Amais das bibliotecas teatrais, entre as que destaca polo seu fondo a existente no Lincoln Center for the Performing Arts de Nova York, ou a do Institut del Teatre de Barcelona, tamén hai que salientar museos do teatro, como os que existen en Madrid, Barcelona ou Almagro, e o Centro Nacional de Documentación Teatral creado en Madrid polo ministerio de Cultura e o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música. En Galicia existe o Centro de Documentación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais; o Centro de Documentación María Casares, situado na biblioteca pública de Cangas; e...
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento acreditativo da personalidade individual do seu portador e titular. É obrigatorio para todos os cidadáns españois desde que cumpren catorce anos e voluntario para os menores. Expídeo o Ministerio do Interior a través dos equipos do DNI das comisarías do Cuerpo Nacional de Policía ou nas comandancias da Guardia Civil. Contén os datos persoais (nome e apelidos, sexo, data e lugar de nacemento, domicilio e filiación), unha fotografía, a sinatura do seu titular, os datos relativos á autoridade que o expide e un número, que é inmutable, permanente e intransferible. O documento debe renovarse periodicamente cada cinco ou dez anos, en función da idade do titular. A partir dos setenta anos é perpetuo. O DNI estableceuse polo Decreto de 2 de marzo de 1944. Ata a década de 1980 incluíanse entre os datos que recollía a profesión e o estado civil; as pegadas dixitais e o grupo sanguíneo permaneceron entre os datos que se incluían no documento ata 1990, cando se remodelou o seu formato, de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de converterse o dólar estadounidense en patrón monetario da economía dun país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación das dolomías por metasomatose a partir de rochas calcarias, que sofren o intercambio de magnesio con augas ou rochas ricas neste elemento do contorno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte modificada, ou órgano especial, no que se alberga outro organismo co que establece unha simbiose.
-
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou o retrato, o tema relixioso e sobre todo a paisaxe. Cromaticamente, caracterizouse pola combinación dos dourados verdosos cos violáceos vermellos que se chamaron acord Domenge. Realizou tamén beléns.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de domesticar.
-
Paso do estado salvaxe ao estado doméstico dalgúns animais pola acción do home. Este proceso veu dado polos intereses humanos de obter especies domésticas para alimento, servicio, compañía, vestimenta, etc, e comezou polo menos hai once mil anos. As diferentes razas dunha especie doméstica proveñen sempre dunha ou de varias especies salvaxes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de domiciliar ou domiciliarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.