"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista. A súa obra participa das características do Renacemento e do primeiro Barroco. Escribiu Las lágrimas de Angélica (1586), poema épico en oitavas e a Égloga de las hamadríades, composición lírica onde xa aparecen aspectos da obra de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se vende, merca ou ofrece a un baixo prezo. SIN: barateiro, económico.

    2. Venda a un prezo económico.

    3. De baixa calidade.

    4. Que non require moito esforzo ou que non é difícil de acadar.

    5. Que se adquire a un baixo prezo. OBS: Sempre se utiliza precedido dun verbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘abaratar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barato’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De forma súbita ou moi rápida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi arcediago de Cuenca. Traduciu do latín ao castelán De cómo el estado de la milicia no es ajeno a la Religión cristiana (1541), obra de Juan Ginés de Sepúlveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, teórico, guionista e realizador cinematográfico italiano. Estudiou especialmente o cine soviético revolucionario. Foi un dos promotores do Neorrealismo. A súa teoría desenvolveu as intuicións dos teóricos influídos polo materialismo dialéctico e aplicounas á cultura italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conquista de Barbastro, en agosto do 1064, que formou parte da campaña promovida polo Papa Alexandre II contra os musulmáns da Península Ibérica e de Sicilia, o seu carácter relixioso, remisión dos pecados aos combatentes, faina precedente das cruzadas a Terra Santa. Foi preparada en Barcelona nunha reunión de magantes á que asistiron o legado pontificio Hug Candi e o conde Ramón Berenguer I de Barcelona. Participaron forzas de moitos reinos cristiáns, entre eles as pontificias, comandadas por Guillaume de Montreuil; as normandas; as de Guy Geofroi, conde de Poitiers, e as do duque de Aquitania; as aragonesas, do Rei Sancho I Ramírez, e as catalanas do conde Ermengol III de Urgell e o bispo de Vic, Berenguer Guifré. A cidade foi tomada despois dun sitio de corenta días. Os vencedores apoderáronse dun gran botín, trataron duramente aos vencidos e adoitaron o estilo de vida musulmana. Ermemgol III foi o alcaide da fortaleza - correspondíalle un terzo de Barbastro- e a cidade foi posta baixo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terra de labranza que non se sementa durante un ano para que descanse.

    2. Terreo de secaño que, dependendo da zona xeográfica de Galica, está destinada ao cultivo de centeo, trigo, millo e patacas.

    3. Terra de labranza que está destinada cada ano a un cultivo diferente.

    4. Terra que xa non está cultivada.

    5. Sistema agrícola que consiste en alternar nas parcelas de labradío o cultivo con períodos de descanso. Se o tempo de descanso transcorrido dende a última colleita é de polo menos un ano, trátase dun barbeito completo e se son 6 meses dun semibarbeito. O obxectivo do barbeito é restablecer a fertilidade da terra: levantando e removendo o terreo na procura de rachar a súa tona superficial, soterrando os restrollos da colleita anterior, e deixando así o chan nas mellores condicións para recibir a chuvia. Os primeiros indicios desta técnica agrícola en Galicia son moi difíciles de datar. A alternancia de cultivos e descanso do labradío, foi habitual durante a época romana, sueva, visigoda e, en xeral, durante a Idade Media. En Galicia, a alternancia centeo-barbeito estaba menos xeneralizada que a agricultura de rozas ou estivadas. O cultivo dunha mesma parcela podíase realizar durante dous ou tres anos, despois abandonábase para que o terreo e a vexetación se recuperasen. Este período de rexeneración...

    6. Cómaro ou valado que serve de linde entre dúas propiedades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilasantar baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica procedente do latín vervactu ‘arado por primeira vez’. Xa se documenta no s XIII: “Martinus Petri de Barveytu” (doc ano 1243 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 524).

    2. Liñaxe orixinaria do lugar coruñés de Barbeito. A primeira casa señorial dos Barbeito estivo en Piñeiro de Corzáns (Salvaterra de Miño); ademais, foron señores do couto e xurisdición de Liñares, no mesmo concello. Establecéronse, tamén, noutros lugares próximos á fronteira con Portugal e en Monforte, na Coruña, en Cambre, en Sotoxuste ou en Vide. Algunhas ramas pasaron a Pontevedra e asentáronse preto de Tui. A tradición conta que a esta dinastía pertenceu Paio Martínez Barbeito quen, de camiño para a conquista de Almería en apoio do Rei de Castela, nunha disputa sobre quén levaba o pendón pronunciou a célebre frase: “somos galegos e non nos entendemos”. As súas armas levan, en campo de prata, unha torre de pedra cun león pardo saíndo pola porta. Algunha variante ostenta, en campo de azul, un castelo de ouro e, ao seu pé, un lobo de sable colocado na metade sinistra do castelo e mirando cara a ese flanco. Outros amosan escudo acuartelado: o primeiro cuartel, en campo de prata,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora, socióloga e pedagoga. Estudiou maxisterio na Escola Normal da Coruña, onde acadou o título superior de mestra no 1896. En 1901 accedeu por oposición, co número 1, ao corpo de mestres do estado, comezando así o seu labor pedagóxico cunha especial atención aos nenos. Foi, dende 1915, directora do Grupo Escolar da Guarda da Coruña que transformou e converteu en centro modelo. Desenvolveu un papel moi importante no eido cultural e social de Galicia, sobre todo no primeiro terzo do século XX, e traballou tamén pola emancipación social, cultural e profesional da muller. Foi coetánea de Sofía Casanova, Mercedes Tella e Celia Brañas, entre outras, e viaxou por Europa para coñecer os métodos máis modernos de ensino. En consonancia co espírito e os principios pedagóxicos defendidos pola ILE (Institución Libre de Enseñanza), puxo en práctica experiencias educativas moi adiantadas; así, implantou o método Montessori por primeira vez en Galicia, experiencia que só fora ensaiada en España...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Tipógrafo de profesión, publicou poemas en xornais, ás veces baixo o pseudónimo de Noé Vila. Foi un dos contertulios da Cova Céltica e en 1907 apareceu como asinante do Manifiesto solidario de septiembre, acta fundacional do movemento da Solidaridad Gallega. Como poeta publicou o volume bilingüe Nada (1906). Recibiu o premio da Académie Montréal e do Athenée des Troubadours pola tradución da obra Magali de Federico Mistral e pola súa vinculación co movemento dos felibres, trobadores modernos provenzais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborador en distintos xornais da época (El Correo Gallego, Diario Ferrolano, El Noroeste, La Voz de Galicia, etc), foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1918) e no certame da Casa de Galicia da Coruña (1919 e 1920). Publicou De mi viejo solar (1911), Libro de poesías (1912) e El retorno (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago, doutor en Filoloxía Inglesa e licenciado en Filosofía e Letras. Ademais de exercer a súa actividade docente escribiu: Aplicación de un método dinámico a siete poemas de amor de Auden, In mortal Shakespeare. Radical readines, Paradise lost: The Word, the words, the world, Individuo, orden y mundo moderno, e Arte, sociedad y pensamiento en ‘The nonnes preestes tale’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos derivados substituídos do ácido barbitúrico. Coñécense uns dous mil barbituratos, pero só uns 50 se empregan en medicina. Depresores do sistema nervioso central, empréganse como hipnóticos, posto que actúan sobre o centro cerebral do sono, e poden ser dun xeito gradual sedantes, hipnóticos ou anestésicos xerais, ao aumentar a dose ou variar a vía de administración. Teñen unha reducida acción analxésica e antipirética. É frecuente o hábito aos barbituratos dando orixe ao barbiturismo ou toxicomanías. Sobre o esqueleto do ácido barbitúrico, os derivados alquilo disubstituídos sobre o carbono en posición 5 dan hipnóticos, e os substituíntes arilatos en posición 5 producen anticonvulsivos; a monosubstitución nos nitróxenos 1 e 3 orixina compostos sedantes de curta duración, e a substitución do osíxeno do grupo CO en posición 6 polo xofre constitúe a serie dos tiobarbituratos, de acción potente e rápida, pero curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Iniciou a súa carreira profesional coa Compañía Teatro da Mari-Gaila, participando en espectáculos como O agnus dei dunha nai (1980), Ensaio festivo para unha marcha fúnebre (1981), Acto cultural (1982) e A noite das tríbades (1983). Formou parte do elenco artístico do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck (1984), e durante 1985 integrouse na compañía madrileña Guirigai. De regreso a Galicia participou na creación da compañía Teatro do Atlántico coa que realizou espectáculos como A marabillosa historia de Marly, vampira de Vila de Cruces (1986), Quartett (1987), Liberdade Brenana (1989), Historia de Neera (1990), Non se chora (1993), Tolos de amor (1995), Casa de Bonecas (1995) ou Vellos tempos (1998). Co Teatro do Noroeste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situada no concello do Covelo. Foi mandada edificar polo abade Alberto Barreyro Bello, conserva na fachada unha inscrición co ano 1752. A porta principal, adornada por grosas molduras con orelleiras e flanqueada por pilastras, queda acubillada baixo un remate composto por pináculos asentados sobre un frontón curvo e partido. Da decoración xeométrica e vexetal que ocupa o espazo dispoñible no entaboamento e o tímpano destacan as aguias coroadas que sobresaen deste último e o Atlas que, sostendo o globo terráqueo, culmina o conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Licenciado en Dereito polas universidades de Oviedo e Madrid, ampliou estudios económico-sociais en Berlín e Marburgo. En 1910 colaborou en Acción Gallega e ingresou na Liga Agrario Redencionista, que nese ano se constituíu en Madrid, onde tamén presidiu o Ateneo. En 1911 integrouse no Partido Republicano Reformista que encabezaba Melquíades Álvarez. Elixido deputado na Segunda República, foi xefe de Izquierda Republicana no Congreso. Nos gobernos de Azaña e de Casares Quiroga foi ministro de Estado e presidente do Consello de ministros. No 1936 foi ministro de Asuntos Exteriores e, rematada a Guerra Civil (1936-1939), refuxiouse en Francia e posteriormente en Arxentina, onde desempeñou o cargo de ministro de Facenda do Goberno da República no exilio. Escribiu, entre outras obras, El pangermanismo (1916), La codificación progresiva del Derecho Internacional (1921), El Tratado de Locarno (1925), San Martín en América e Francisco...

    VER O DETALLE DO TERMO