"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • GALICIA

    Artista plástico e arquitecto. Estudiou arquitectura técnica en Madrid e historia da arte en Aix-en-Provence. Foi director do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa da Coruña, da Oficina de Proyectos de Cyesa e do Centro Cultural del Conde Duque en Madrid, cidade na que organizou os museos municipais e o patrimonio cultural ata 1995, creou a sala Kandinski e asesorou a Fundación de Gremios. En 1976 participou en Nova York no Grupo Aberto de Arte Construtiva Tradicional e, posteriormente en España, no grupo Ruedo Ibérico. A súa obra experimentou o diálogo entre o plano e o volume, a luminosidade e a percepción, e o simbolismo. Da súa produción destaca o conxunto residencial de Los boquerones (Marbella), a Fundación Camilo José Cela en Iria, os murais para as Galerías María Pita da Coruña, o edificio Galaxia en Madrid e o Monumento a los Caídos de Aragonesas, en Huesca. Realizou as escenografías de El amor brujo, La Celestina e Caín y Abel. Publicou,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e militar. Foi director das publicacións La Semana Literaria, Diario de Avisos e Liceo Brigantino. Como dramaturgo escribiu a peza bilingüe Maruxiña (1897), en colaboración con Francisco García Cuevas, e La vuelta de Farruco (1898), en coautoría con Manuel Uturrigaray e con música do mestre Francisco Hermida. Completan a súa produción unha serie de comedias, dramas e monólogos entre os que destacan: Me caso?, Honrado... entre sombras (1883), Recuerdos de gloria (1883), La mejor nobleza (1889) e Justicia del cielo (1892). Foi autor tamén de obras relacionadas coa súa profesión de militar como se reflicte en: Conferencias teórico-prácticas sobre el oficial de caballería ligera en campaña (1882), Preceptos higiénicos y medicina práctica con aplicación al Ejército (1884), Defensa del capitán teniente D. José Caspe Moscoso (1884) e Estudio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está comido polo caruncho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena prominencia carnosa situada nun órgano.

    2. Excrecencia carnosa, a miúdo de cores vistosas, que presentan certas aves e réptiles e que se atopa na cabeza, especialmente arredor do ollo ou no pescozo.

    3. Prominencia carnosa que presentan algunhas sementes como as das leiteiriñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta carúncula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á carúncula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a docencia en Vilagarcía. Interesouse pola física, para a que inventou algúns aparellos, pola química e pola historia natural. Publicou a obra Los misterios de la Naturaleza. Investigaciones sobre el microplakton de la Ría de Arosa (1903) e unha monografía sobre a remolacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, médico e pintor. Considerado como un dos teóricos da arte alemana, foi profesor de medicina na Universidade de Dresden. Seguidor da filosofía da natureza de Schelling, proclamou a importancia esencial do inconsciente no coñecemento da vida consciente da alma. Precursor do surrealismo, a súa pintura foi, en consonancia coas súas ideas filosóficas, onírica e fantasiosa. Entre os seus escritos filosóficos destacan Psyche: zur Entwicklungsgeschichte der Seele (Psique: para a historia da evolución da alma, 1846) e Physis: zur Geschichte des leiblichen Lebens (Physis: para a historia da vida corporal, 1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Tivo grande influencia na arte lírica do século vinte e seguiu unha carreira de éxitos que o fixo un mito e serviu de modelo aos tenores posteriores. Gozou dunha inmensa popularidade, en parte debido ao feito de chegar moi novo ao mundo do disco e ser unha das primeiras voces que se gravaron. Na súa xuventude foi aprendiz dunha fundición e dende os sete anos e durante a mocidade cantou en igrexas, eventos sociais e mesmo nas rúas. A sonoridade e volume da súa voz fixo dubidar nos inicios da súa carreira da clasificación como barítono ou como tenor. Discípulo de Guglielmo Vergine e Vincenzo Lombardi, trascendental para solucionar os seus problemas de limitada extensión do agudo, debutou no Teatro Nuovo de Nápoles en L’amico Francesco de F. Morelli o 16 de novembro de 1894 e continuou a súa carreira polos distintos teatros de Italia. En Milán debutou como Rodolfo en 1887 no Teatro Lírico, onde o mesmo ano estreou L’arlesiana de Cilea; o debut na Scala foi en 1900 con La bohème,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como il Pontormo, formouse no obradoiro de Andrea del Sarto con quen colaborou entre 1520 e 1521 na decoración do pórtico da igrexa da Annunziata de Florencia e da Villa Medicea del Poggio en Caiano. Afastouse da liña clasicista do seu mestre e sentiuse atraído polos gravados de Dürer e pola pintura de Michelangelo. Cultivou nun estilo elegante, característico da escola manierista de Florencia, as formas sinuosas case inmateriais, executadas con contornos precisos e cun rico cromatismo de tonalidades frías. Entre as súas obras destacan O Descendemento (1526), A Visitación (1530?) e os retratos de Ugolino Martelli e Cosimo de Medici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta castelán. Pertencente á corte de Afonso IV de Catalunya e Aragón en Nápoles, parte da súa obra poética recolleuse no denominado Cancionero de Lope de Stúñiga (1872). En Roma editouse en 1967 toda a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. É autor, entre outras obras, da Escola d’Alts Estudis Mercantils de Barcelona (1961) e da Escuela de Telecomunicaciones de Madrid (1960-1971). Recibiu a Medalla de Ouro da IX Triennale di Milano (1956) e o premio ao mellor pavillón na Feira de Nova York (1964-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da Junta de Comercio y Moneda, fundador da Academia de Bellas Artes e director da Real Academia Española desde 1751. Coa chegada de Fernando VI foi nomeado secretario de estado. Chegou a un acordo en 1752 co Imperio para manter o equilibrio político en Italia e asinou o Concordato de 1753 coa Santa Sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e terceiro duque de San Carlos. Xentilhome de cámara de Fernando VII, acompañouno no seu exilio. Ao seu retorno en 1814 foi nomeado secretario de Estado e director da Real Academia Española, de onde o expulsaron os afrancesados. Posteriormente foi embaixador en Londres e Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborou como redactor en Faro de Vigo dende a súa fundación ata o ano 1861. Publicou a obra Razones de utilidad nacional en apoyo del Real Decreto de 7 de Agosto de 1853, por el que se manda la construción de un ferro-carril de Vigo a Madrid, Zaragoza y Barcelona (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Estudiou dereito na Universidad de San Bernardo de Madrid, cidade na que fundou a Federación de Abogados Laboralistas no ano 1958. Membro do PSOE desde 1954, obtivo acta de senador por Ávila nas eleccións de 1977 e foi elixido presidente do Senado tralos sufraxios de 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico. Estudiou guión na Escuela Oficial de Cinematografía e teatro con William Layton. Organizou e dirixiu o Teatro Experimental Independiente. Estreouse como guionista en Flor de Santidad (1972), de Adolfo Marsillach; Clara es el precio (1975), de Vicente Aranda; e A mí que me importa que explote Miami (1976), de Manuel Caño. Exerceu tamén como guionista e director artístico en Cambio de sexo (1976), El puente (1976) e Memorias de Leticia Valle (1979). Foi axudante de dirección en Manuel y Clemente (1985), de Javier Palmero. Interesado pola etnografía e polos costumes galegos, realizou numerosas curtametraxes documentais como Medidas y/o rupturas (1977), Os celtas pasotas (1977) e Galiza (1977), xunto ás longametraxes Martes de Carnaval (1991) e El baile de las ánimas (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1536 foi enviado a México e Perú, onde sufocou a rebelión dirixida polo inca Manco. Exerceu como comandante de Cuzco, cidade que reconquistou aos almagristas. Foi un decidido opositor das Leyes Nuevas que privaban das encomendas aos que participaran nas loitas entre Pizarro e Almagro. Loitou contra o vicerrei Blasco Núñez de Vela en Jaquijaguana, onde foi derrotado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Traballou como redactor do xornal El Mundo e como correspondente de El Noroeste. Participou na fundación do movemento agrarista Acción Gallega, liderado por Basilio Álvarez, na Liga Agrario-Redencionista e en numerosos encontros cos catalanistas de Cambó. Politicamente estivo vinculado á parte maurista do Partido Conservador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, humorista e decorador portugués. Pertenceu á segunda xeración do modernismo lusitano. Realizou en 1915 a primeira banda deseñada portuguesa, As aventuras do Quim e do Manecas, que levou posteriormente ao cine. Destacou como caricaturista e decorador de interiores de locais lisboetas, entre os que destacan as paisaxes que pintou para o café Brasileira no Chiado (1925) ou os frisos decorativos do restaurante Coq d’Or (1930). En 1949 recibiu o Premio Domingos Sequeira.

    VER O DETALLE DO TERMO