"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Philipp Schwarzert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘roubo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de ánimo dunha persoa que se caracteriza por unha tristeza vaga, profunda e duradeira.

    2. Estado depresivo propio da psicose maníaco-depresiva que se caracteriza polo abatemento e o pesimismo.

    3. bile negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten melancolía.

    2. Que implica melancolía.

    3. Síndrome psiquiátrica que se caracteriza porque o paciente presenta unha profunda tristeza, pesimismo e sentimentos de culpabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos melanconiais.

    2. Fungo da orde dos melanconiais.

    3. Orde de fungos, do grupo dos deuteromicetos, que se caracteriza polo feito de que os conidios se forman en corpos estromáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos, da familia dos eulímidos, que presentan cuncha pequena e brillante. En Galicia están presentes as especies M. alba, que é a de maior tamaño das costas galegas, M. lubrica e M. monterosatoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona en que se divide Oceanía (525.000 km2), situada no O do Océano Pacífico, ao S do Ecuador e de Micronesia e ao O de Polinesia, que comprende as illas Bismarck, Salomón, Vanuatu, Nova Caledonia, Louisiade, Loyauté, Entrecasteaux e Fixi. Algúns autores incorporan, dentro de Melanesia, a illa de Nova Guinea. Todas as illas teñen clima tropical, caloroso e húmido e protéxenas escollos e atois coralinos. Están poboadas por grupos melanesios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza melanésida ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza melanésida.

    3. Raza do grupo melanodermo, dolicocéfala, de talle mediano, cos cabelos crechos e o nariz ancho, que habita na meirande parte das illas de Melanesia. OBS: Tamén se denomina raza melanesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Melanesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Melanesia.

    3. Grupo de linguas da familia malaio-polinesia que comprende diversas linguas; as máis importantes son o andieu, o nengone, o iai, o lonwolwol, o mota e o vatouranga, que se falan en Melanesia, Micronesia e a costa oriental de Nova Guinea. Ningunha destas linguas ten textos escritos, pero existen transcricións que fixeron os misioneiros. Cada unha das linguas ten un sistema fonolóxico diferente das outras: a maioría das palabras son bisílabas, e as monosílabas adoitan ser verbos, empregados como raíces de termos de acción ou de estado.

    4. melanésido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo de rocha cartografable composto por fragmentos de rochas de todas as medidas, autóctonas e exóticas, rodeadas dunha matriz de gran fino, normalmente pelítica. Cando ten orixe sedimentaria denomínase olistostroma. Crese que as de orixe tectónica se forman en zonas de subdución, a causa da fragmentación e da mestura dos diferentes tipos de rochas que interveñen neste proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de suor de cor denegrida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á melanina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento escuro responsable da cor da pel, do pelo e do iris dos ollos dos mamíferos, doutros grupos de animais e de certos vexetais e microorganismos. A síntese ten lugar nas células denominadas melanocitos. Prodúcese por polimerización da indolecinase. O albinismo e a presenza de ollos azuis é consecuencia da ausencia de melanina. A incidencia da radiación UVA, provoca un aumento na concentración deste pigmento, como defensa fronte á radiación solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Existencia, nunha poboación animal, de individuos de coloración negra (denominados melánicos), causada por unha sobreprodución de melanina.

      2. melanismo industrial

        Presenza de formas melánicas dunha especie nun medio escurecido pola polución industrial. Modifican o predominio das formas de cada poboación, onde as formas melánicas predominan nas zonas contaminadas e as pálidas nas non contaminadas.

    1. melanose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves anseriformes, da familia dos anátidos, que presentan plumaxe escura, cun tubérculo no peteiro e cunha uña no extremo final. Son de hábitos mariños. En Galicia a súa presenza é escasa, aparecen as especies M. fusca (parrulo mourelo) e, como ave de paso, M. nigra (parrulo pentumeiro común).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza melanoafricana ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza melanoafricana.

    3. Raza do grupo melanodermo, amplamente representada no continente africano, a excepción do Sáhara, e, en menor medida, no continente americano. Subdivídese normalmente nas subrazas sudanesa, guineana, congolesa, nilótica e surafricana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula epitelial precursora do melanocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula voluminosa, derivada da crista neural do embrión, que se atopa preto do folículo piloso, na capa basal epidérmica; emite prolongacións que se dirixen cara aos espazos intercelulares epidérmicos. Os melanocitos fan de glándulas secretoras unicelulares e conteñen os melanosomas, cheos de tirosinase, encima necesario para a síntese da melanina.

    VER O DETALLE DO TERMO