"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Organismo económico internacional creado polo Tratado de Managua de 1960. O seu obxectivo principal é a formación dunha unión aduaneira común. O tratado está subscrito por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Nicaragua e Honduras. Panamá actúa como país asociado. En 1993 asinouse un tratado de ratificación e fixouse como obxectivo o incremento do libre mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mercadoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao comercio.

      1. Que se dedica ao transporte de mercadorías ou persoas por mar. 

      2. Barco que transporta mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ás operacións comerciais ou aos elementos que interveñen no comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levante-El Mercantil Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vigo a finais de 1975 co subtítulo de “Boletín Social del Círculo Mercantil de Vigo”. Inicialmente saíu dúas veces ao ano, para logo converterse en boletín trimestral. Recolle todas as actividades desenvolvidas polo Círculo Mercantil de Vigo para os seus socios nos ámbitos do ocio, a cultura e o deporte, incluíndo unha sección dedicada á biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espírito excesivamente mercantil, sobre todo en cousas que se deberían realizar de maneira desinteresada.

    2. Corrente de pensamento económico, dominante en Europa do s XV ao XVIII, caracterizada polo principio segundo o que a riqueza dun estado depende do seu comercio exterior e é directamente proporcional ao volume de reservas de materiais preciosos (especialmente o ouro), e tamén polo feito de fomentar as exportacións e reducir as importacións. Interpretouse o nacemento do mercantilismo como unha consecuencia da aparición ao final da Idade Media dun novo tipo de estado e de capitalismo comercial. Como consecuencia da súa estreita visión “nacionalista”, os mercantilistas non examinaron o comercio desde un punto de vista internacional e non comprenderon, polo tanto, os defectos do seu esquema: se un estado acadaba unha balanza de pagamentos positiva, facíao en detrimento da balanza doutro estado, feito que implicaba a posibilidade de guerras arancelarias e dunha mingua considerable dos intercambios comerciais internacionais. Por iso, a corrente mercantilista é considerada máis como unha expresión...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercantilismo.

    2. Partidario do mercantilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sistema de proxección de Mercator.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como La Argentina, trasladouse a España, onde se incorporou ao ballet do Teatro Real de Madrid. Xunto con Encarnación López, La Argentinita, protagonizou a modernización da danza española no s XX. Realizou varios espectáculos por Europa, e creou en 1929 a primeira compañía de ballet español en París. Dos seus espectáculos destacan Goyescas, de Granados e El amor brujo de Falla. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Especializado en series de televisión e documentais, filmou a súa primeira longametraxe, titulada Se necesita chico, en 1963. Posteriormente rodou La cabina (1973), premiada cun Emmy; La guerra de papá (1977), Espérame en el cielo (1987) e Planta 4ª (2003), pola que obtivo o premio á mellor dirección no Festival de Montréal. Para televisión dirixiu as series Verano azul (1978), Turno de oficio (1986), Farmacia de guardia (1990) e Manolito gafotas (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade empresarial que forma parte da función de distribución e comprende todo o conxunto de accións que intentan adoptar as características do produto e a súa presentación ás necesidades e aos gustos do consumidor. Actúa fundamentalmente sobre o comercio polo miúdo, colaborando coas empresas deste último nivel de comercialización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía mercantil inglesa. Fundouse en Londres (1407), e no período de máximo desenvolvemento (ss XV e XVI), conseguiu controlar case todo o comercio inglés. Derrogados os seus privilexios polo Parlamento en 1689, foi disolta en 1806.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade do sistema bancario inglés, especializada en servizos financeiros, como o know-how. A súa actuación inclúe a emisión de accións, obrigas e préstamos a longo prazo normalmente asegurados, fusións e adquisicións, OPA, xestión e administración de carteiras, xestión de fondos de investimento, asesoramento empresarial ou enxeñaría financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria fundada en París en 1890 por Alfred Vallete que actuou como voceira da escola simbolista, aínda que tamén estivo aberta a outras correntes e a outros escritores (entre eles os que posteriormente crearon outros grupos ou revistas como a Nouvelle revue Française). Antolóxica, crítica e informativa, cumpriu un papel importante na cultura europea, que aumentou coa creación e a actividade da casa editorial homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Perú a partir do 2 de xaneiro de 1791 ata 1794. Apareceu primeiro como Mercurio (1790) e baixo o subtítulo “Diario de Lima, curioso, erudito, económico y comercial”. Saíu cada tres días, impulsado pola Sociedad de Amantes del País de Lima e contou co apoio do vicerrei Gil y Lemos. Foi unha das publicacións máis antigas de América, que tivo como precedesora á Gaceta de Lima (1743). Incluíu novas de historia, literatura, medicina e información xeográfica do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi deputado pola provincia de Ourense (1839) e polo distrito de Carballiño (1858-1862). Durante o Levantamento de 1846 formou parte da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia. Militou no liberalismo progresista ata que, en 1858, se afiliou á Unión Liberal. Foi senador pola provincia de Ourense (1871-1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Meréns (Cortegada). De planta rectangular, realizouse con materiais pobres, agás o hórreo, que é de granito. Destaca a fachada principal onde se conserva un dos escudos máis grandes de Galicia, con 18 cuarteis e unha coroa condal. Nel están representadas as armas dos Araúxo, Feixoo, Ortigueira, Mosquera, Moscoso, Cisneros, Figueroa, Novoa e Sarmiento. O edificio pertenceu ao conde de Ximonde a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO