"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Soprano norteamericana considerada, no repertorio italiano, a sucesora de J. Sutherland. Debutou, por vez primeira, no New York City Opera (1978) e axiña se converteu nunha cantante de proxección internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e crítico cinematográfico inglés. Foi o principal promotor e teórico do free-cinema. Iniciouse no cinema coa realización de documentais, nos que xa apuntaba unha decidida vontade testemuñal e crítica. En 1957 realizou o transcendental Every Day except Christmas (‘Todos os días agás Nadal’), obra básica do free-cinema. Con If (‘Se’,1969) gañou a Palma de Ouro do festival de Cannes dese mesmo ano. Tamén dirixiu Lucky Man (‘Home afortunado’, 1973) e The Whales of August (‘As baleas de agosto’,1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Contralto norteamericana. O seu repertorio comprendía tanto negro-espirituais coma obras dos románticos alemáns. Foi a primeira cantante afroamericana admitida no Metropolitan Opera House de Nova York (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo norteamericano. Tentou renovar o teatro en verso e foi autor de libretos de comedias musicais. Son notables What Price Glory (1924), Winterset (1935), Key Largo (1940) e Anna of the 1000 Days (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Traballou, especialmente, na física do estado sólido e estudiou a relación entre supercondutividade, superfluencia e láser, o efecto Josephson e os semicondutores amorfos. No 1977 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto cos seus compañeiros J. H. Van Vleck e sir N. F. Mott, concedido polas súas contribucións ao estudo do comportamento dos electróns nos sólidos magnéticos non cristalinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador norteamericano. Publicou contos e novelas cun estilo directo que influiría na narrativa posterior, sobre todo na de Hemingway. Na súa obra preocupouse pola absorción aniquiladora do home dentro da sociedade industrial. Considerado un dos creadores da novela norteamericana, as súas obras principais son Winesburg, Ohio (1919) e Dark Laugther (1925). Postumamente publicou a autobiografía S. A.’s Memoirs (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico escocés. Descubriu a piridina, a lutidina e a colidina. Fixo un estudo detallado da codeína e doutros constituíntes do opio, así como do antraceno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca. Bergman incorporouna ao Stadsteater de Malmö en 1953. No cine traballou para Gustaf Molander, Alf Sjöberg e, principalmente, para Ingmar Bergman.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta sueco de formación autodidacta. En 1914 comezou a publicar as súas poesías. Foi o iniciador da literatura “proletaria” no seu país. Coa súa obra, mestura de tintes sociais cunha especie de fe relixiosa, acadou decontado unha gran popularidade. Salienta Kolvaktarens visor (‘Cancións do carboneiro’, 1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca de vigorosa personalidade. Deuna a coñecer Ingmar Bergman, en 1952, co filme Sommaren med Monika (‘Verán con Mónica’).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cordal de América do Sur, da oroxenia alpina, que constitúe o relevo máis grande do mundo con picos de 7.000 m. Ten unha lonxitude duns 8.000 km coa máxima amplitude en Bolivia (750 km) e unha orientación N-S das súas estruturas en case toda a súa superficie. En conxunto, o sistema andino está formado, ao N do paralelo 30, por dous cordais principais separados por unha plataforma elevada, o Altiplano, mentres que ao S deste paralelo só continúa a que fai de fachada fronte ao Pacífico. O cordal occidental está constituído, sobre todo, por sedimentos mesozoicos sobre un núcleo batolítico e con vulcanismo moderno; o oriental por niveis do paleozoico, principalmente sobre un núcleo de granito e xistos, quedando limitado a Oriente pola depresión Subandina, rechea por materiais terciarios e cuaternarios. Pola parte do Pacífico esténdese a cadea costeira, composta por niveis paleozoicos e precámbricos, erguida polos movementos alpinos. Os volcáns forman aliñamentos importantes, sobre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral mixto do grupo dos feldespatos; pertence á serie isomórfica das plaxioclasas, da que é o compoñente medio, cun 50% de albita e un 50% de anortita. Cristaliza no sistema triclínico e os cristais son de cor branca, gris ou verde. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 2,65.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha eruptiva da familia da diorita, de cor gris, case negra. É de estrutura microlítica, aínda que pode presentar fenocristais de andesina ou de anfíboles. As erupcións saen en forma de lavas case sólidas ou en coadas que xorden xunto con produtos piroclásticos.
-
-
Relativo ou petencente á andesita.
-
Liña circumpacífica imaxinaria que delimita unha zona interna de vulcanismo basáltico e unha zona externa na que os volcáns expulsan magmas de composición andesítica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca da provincia de Huelva, Andalucía, situada ao S da serra de Aracena. Nela atópanse os depósitos de piritas de ferro e cobre máis importantes de España. As principais vilas son Nerva, Calañas, Zalamea la Real e El Cerro de Andévalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andadiño.
-
-
Relativo ou pertencente aos andhras ou á súa lingua.
-
Individuo pertencente á tribo dos andhra.
-
Individuo dun pobo preario, de lingua telugu, establecido na rexión situada entre os ríos Kistna e Godavari dende o 400 a C aproximadamente. Foron vasalos de Maurya e no s I a C fundaron unha dinastía independente, a dos Satavahna, que perdurou ata o s III. O país dos andhras deulle o seu nome ao estado de Andhra Pradesh.
-
Lingua da familia dravídica oficial no Estado de Andhra Padresh. A designación filolóxica máis correcta desta lingua é telugu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado da India ao L da Península Indostánica (275.068 km2; 71.800.000 h [1994]). Está constituído por un altiplano montañoso interior (Nallamalla, Velikonda, Erramala e Palkonda ao S) e unha chaira costeira, continua ao S e discontinua ao N, na que se atopan os deltas dos ríos Kistna e Godāvari. O clima está determinado polo monzón do SO cunha estación seca de outubro a marzo. A súa economía baséase na agricultura (ó seren os seus principais cultivos o arroz, o millo, os legumes e a cana de azucre) e na importante gandería bovina. Así mesmo, salienta un sector secundario baseado en pequenas industrias de azucre, papel, tabaco e química, principalmente en Hyderābād e Vishākhapa ṭṭ am. A súa poboación é de maioría hindú, aínda que tamén hai minorías musulmanas, cristiás e tribais. O idioma oficial é o telugu, sen embargo, os musulmáns falan o urdu e o inglés está moi espallado. A capital é Hyderābād.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘moi grande’.